Temas: BNG UPG ABRENTE

Pontón sinala a actualizar o discurso e a estrutura como prioridades do BNG

A lista proposta á Asemblea para refundar o Bloque inclúe a destacados dirixentes da UPG e do Movemento Galego ao Socialismo, pero non a militantes doutra corrente, Abrente.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/02/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

“Actualización do discurso” e “redefinir e repensar como é a nosa estrutura organizativa”. Estas son as dúas prioridades da lista que encabeza Ana Pontón para a nova Executiva do BNG. A voceira parlamentar presentouse este sábado diante da prensa para dar conta da súa candidatura a ser a nova voceira nacional da fronte. 

Ana Pontón e Goretti Sanmartín en rolda de prensa na sede do BNG
Ana Pontón e Goretti Sanmartín en rolda de prensa na sede do BNG

Na lista renóvanse 10 dos 15 postos do máximo órgano do Bloque entre asembleas. Malia a importante renovación, dous terzos dos postos, non hai ruptura co actual equipo directivo. Na relación aprobada o sábado polo Consello Nacional acompañan a Pontón varios pesos pesados da actual dirección nacionalista e militantes da Unión do Pobo Galego, o partido máis numeroso.

Así, a número dous é a actual presidenta da Deputación da Coruña, Goretti San Martín. Bieito Lobeira -actual secretario de organización-, Néstor Rego -líder da UPG- , Montse Prado -que tamén forma parte da actual Executiva- e Rubén Cela -líder do BNG en Santiago de Compostela- son outros dos persoeiros con longa traxectoria e militantes da Unión do Pobo Galego propostos. 

Carme da Silva, Xosé Luís Rivas “Mini”, Noa Presas, Lois Pérez Barral, Olaia Ledo, Obdulia Dinís, Xosé Emilio Vicente, Xosé M. Marcote e Alba María Feixóo completan a candidatura. Unha das correntes soberanistas, o Movemento Galego ao Socialismo, está integrado na lista. Non así os membros de Abrente, a corrente máis próxima á socialdemocracia das que colaboran na fronte.

Pontón e San Martín salientaron que aínda hai tempo a presentación doutras listas, o que facilitaría a integración doutras correntes. O prazo de presentación de candidaturas termina este luns ás 19 horas. A candidata a voceira destacou que no BNG “non hai cúpulas precociñando” a renovación da dirección.

Completan a candidatura para o novo Consello Nacional a votar na Asemblea do 28 de febreiro na Coruña as seguintes persoas:

16. Alberte Mera 17. Leticia Santos 18. Xavier Campos 19. Olalla Rodil 20. Carlos Callón 21. Irati García 22. Manuel Domínguez Rei. 23. Jéssica García 24. Xosé Manuel Carril Vázquez 25. Rosana Pérez. 26. Guillerme Vázquez 27. Eva Vilaverde 28. Serafín Otero 29. Sandra González 30. Rafael Vilar 31. Avia Veira. 32. André Abal. 33. Bea Bascoi 34. Rubén Arroxo. 35. Elia Lago. 36. Iván Rivas 37. Pura Ferreño Saia. 38. Diego Lourenzo Moura. 39. Ana Ermida Igrexas. 40. Daniel Gómez 41. Manuela Rodríguez Pumar 42. Diego Santorio Moscoso. 43. Rosana Prieto 44. Ramón Noceda Caamaño 45. Lucía Sobrado 46. Luís Bará 47. Ximena González 48. Francisco García 49. Cristina López Sánchez 50. Francisco Jorquera Caselas.

Temas: BNG UPG ABRENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

7 nostrus

Ana, pois eu prefiero unha rexion diversa, bilingüe porque representa a realidade galega e con xente libre, que faga o que lle pete sin estar atado a vontade dos mortos e sin pretender que as xeracions futuras teñan que facer o que nos lle deixemos dito, que se mesture con outras culturas porque a mestura supon progrespo ao aportar unhas culturas as outras e que a identidade galega fora a suma das vontades de todos os galegos en vez de que cada cidadan tivera que comportarse dun determinado xeito para acadar a identidade colectiva. En fin, totalmente nas antipodas do separatismo cavernicola. Para min o bloque representa todo aquelo contra o que loito.

1 José

Nostrus, gostaríame ler algún comentario teu sobre que tampouco rendes adoración á cultura española, que iso do xamón e a guitarra flamenca tela pela.., anda home, atrévete a sincerarte. Estrus hibridus kstronius

2 nostrus

Jose, cierto, la cultura debe promoverse, pero su practica es voluntaria y sin que nadie se vea obligado a practicarla ni directa ni indirectamente. Se puede ser buen español sin tener a esta lengua como propia, se puede ser buen andaluz y no gustar el flamenco, se puede ser buen navarro sin tener que correr delante de los toros. Me gusta ser gallego, pero no me gusta arar con una pareja de vacas, me gusta el pulpo y la empanada y no me gusta el gazpacho ni aunque fuera andaluz. Querer a España y respetar su cultura no pasa porque tengan que gustarme las procesiones de Semana Santa, basta con que las respete. Me gusta que los deportistas de mi entorno sean los mejores, pero admiro a los buenos deportistas se cual sea su nacionalidad.

3 Antinostrus

Pero Nostrus, neurona cagapouquiño, onde se viu a un Burro arando cun par de Bois!!!!!.....nin para eso valerias "calamidá", mais que "calamidá",........, miserabel mercenario, eslabón perdido entre os cuadrúpedos mais sofisticados en o primeiros bípedos.....cun Cerebro equelikua!!!!!. E unha pergunta faciliña: por qué o Dia do Pai sempre se che vé desnortado e sen saber a onde dirixir-te, co agasallo na man??.

4 José

"Querer a España y respetar su cultura no pasa porque tengan que gustarme...." Pareceme mui ben que queiras "a España", como supoño que queres, tamén, o planeta no que vives. Eu quero a Galicia e, despois, tamén quero o Planeta no que vivo. Se ti non sentes o mesmo, tes o meu respeto. Mais cando trates de ningunear, desprezar, reducir e rediculizar, atribuindo e estabelecendo paralelismos que tí só és capaz a ver, entón terasme enfronte.

6 Ana

Gustariame que os concellos gobernados polas mareas e polo BNG apostasen por crear proxectos comuns coma unha banca publica galega, medios de comunicacion en galego e con participacion da cidadania, empresas, medidas que promocionen e prestixien a lingua galega, promocion turistica, etc. Xuntos podian facer moitas cousas a prol do pais planificando proxectos xuntos para logo buscar inversions na UE.

1 nostrus

Xa Ana, e na Coruña o butano e a gasolina mais barata por haber unha refineria, fomentar o galego medieval por ser mais antiguo, camiñar polas calzadas e pontes romanas en vez de polas autovias, promover que a xente viva en pallozas e con lama polas ruas, non probar as patacas que non son propias de aqui, comer só castañas, prohibir o flamenco en Galicia e só escoitar berros e aturuxos, adorar a Breogan e aparearse só entre galegos e que teñan pedigrí

5 Ana

O nacionalismo galego precisa de caras novas e debe predicar co exemplo. Ali donde gobernen fomentar a lingua, eliminar as touradas, apoiar os nosos sectores economicos, facer campaña a prol dunha tarifa electrica galega, esixir mellores infraestructuras para Galiza, tender pontes con outras administracions para defender proxectos de pais (banca publica galega, apoio a industria cultural galega, apostar pola investigacion e desarrollo...), loitar contra a corrupcion, escoitar mais a cidadania, non ter problemas con aliarse electoralmente con forzas estatais se iso beneficia a Galiza...

4 nostrus

Ao BNG non se lle debe facer caso, que fagan os seus aquelarres e orgias e que non molestaen. Como moito o pobo deberialle reservar un escano na oposicion para que lle dea caña a quen goberne, nada mais. Por min que ladren o seu rencor e vitimismo polas esquinas ata que se aburran. Digo eu, que son un namorado de Galicia.

1 ATAULFO

ti o que es .... -un ppperero de cogones-.....

3 Votade caladiños

Actualizar o discurso para Ana Pontón e Carmen Dasilva, que formarán parte da nova dirección, é perpetuarse en vivir da política e dos orzamentos públicos. Isto é o que queren colar as liberadas da UPG de Pontevedra nos estatutos do "novo" BNG. Que os mandatos sexan eternos: http://diariodepontevedra.galiciae....

1 Arrebolos

Seguramente comparta contigo o de perpetuarse e vivir da política, desgraciadamente iso non só pasa no BNG, o alcalde de Compostela é outro bo exemplo diso (dos do PPSOE xa non falo). De todos os xeitos a outra alternativa do bng era que collesen as rendas os socioliberais de Abrente ou Nogueiras.