Militantes e cargos do BNG piden que non se peche a porta a un pacto coas mareas

Alba Nogueira, Carme Adán, Olaia Fernández Dávila e Tareixa Paz comparecen ante os medios para defender que a refundación proclamanda pola UPG e o MGS non quede nun simple eslongan.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/02/2016 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

Varios dos persoeiros do BNG que discrepan coas teses propostas para a próxima Asemblea compareceron hoxe diante da prensa. Estas voces discrepantes cos postulados que defenden a Unión do Pobo Galego e o Movemento Galego ao Socialismo anunciaron que non presentarán unha lista candidatura á oficialista, que lidera Ana Póntón. O prazo para presentar unha candidatura alternativa remataba precisamente hoxe. 

Unha pasada Asemblea Nacional do BNG en Compostela
Unha pasada Asemblea Nacional do BNG en Compostela

Agora ben, estas persoas animaron aos militantes a participar na Asemblea Xeral da Coruña para que a promesa de refundación do BNG -explicitada nas teses oficiais- non quede nun simple lavado de imaxe. A actualización do BNG non pode implicar un simple “eslongan”, segundo argumentou Alba Nogueira, profesora da Facultade de Dereito da USC. 

Canda ela compareceron Carme Adán (a deputada autonómica que foi número 1 por Pontevedra nas eleccions xerais), Olaia Fernández Dávila (exdeputada do BNG no Congreso) e Tereixa Paz (deputada no Parlamento de Galicia) e outros militantes. Este grupo non ten unha estrutura organizada, pero varios dos seus membros son autores dos votos particulares que se discutirán esta fin de semana.

Sobre a estratexia electoral, Paz reclamou que na Coruña non se peche definitivamente a porta a un pacto coas mareas. Postulado que tamén defende o actual voceiro nacional, Xavier Vence,e a corrente interna Abrente.

Os comparecentes no acto deste luns aseguraron estar en contacto con Abrente, pero polo de agora o principal referente de Abrente, o exvoceiro parlmaentar Carlos Aymerich, non compareceu ante os medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

9 nostrus

Toda unha reunion de sepa-ratas tentando demostrar a forza que pode facer a pólvora mollada

8 Sauro

Creo que me vou afiliar ó BNG. A ver que é o que pasa nesta asamblea. Vendo os últimos acontecementos de EN MAREA, voume ó BNG. E non porque lhes tenha un excesivo amor. Pero é que estou moi canso de falabaratos. Hai unha cousa que non entende a meirande parte da xente: Cando chegas a Madrid e provés dunha capital provinciana ou dun pequeno povo, a contorna de gran capital, fai que te sentas un monicreque. Só o través dunha fonda autoestima e con as ideas moito claras, podes ser forte e coherente aí. Si non é así. Si só és un falabarato, cando chegas a Madrid, sínteste unha formiga. É é o que lhe pasou a EN MAREA. Mágoa, pero é así. O complexo de inferioridade está tan metido dentro de cada ún de nós, que só se pode chegar, si és unha persoa totalmente madura e con experiencia. E non é o caso de EN MAREA.

1 Sauro

Agradézovos o criar o de EN MAREA ós novos. Fixestes e creo que facedes un bo servizo á xente. E o BNG tinha e ten que espabilar. Seino. Sabémolo todos. Pero tampouco podes sementar no deserto. E Galiza, en moitos aspectos, nos que non quero entrar agora, é un deserto. Moita xente "medio espertou". E é un paso adiante. Pero, agora toca no meu caso, decantarme por unha opción nacionalista sen ambaxes. Seremos máis ou menos. Pero seremos. Hai que durmir ben polas noites. Iso é o máis importante.

7 sesese

E si non gustan estes principios, temos outros. Nada novo baixo o sol

6 Decepcionado coas da foto

Pero isto é unha broma? Precisamos unión e xente qie manda no bloque fainos isto? É tan sequera queren estar no consello nacoonal? Porque sempre culpades a UPG se os que nunca militamos bese partido nada queremos saber de Beiras e mareas que están apoiando o atraso económico de Galicia? Pobre bloque, mira que somos pringados algún que traballamos. Que saiban que os votos particulares son un privilexio que teñen por ser da dirección. Agora como ven que pode que non sexa deputadas alá, a fastidiar o traballo. Hoxe escoitando a Alba na radio xa vin como permitía que ooe deran ao macionalismo

1 Madura

É mellor que te chives ao teu papá

5 SantiBurringuez

Ehhhh. Bueno, vamos a ver, que os verdadeiros galeguistas todavía estamos aquí. Me parece a min que vou a ter que mandar ao carallo a todos esos que se dedican a descalificarnos por ser monicreques, como si os monicreques non tivésemos dereitos y non fósemos personas respetables. O BNG non se ten que aliar con partidos españois y terroristas nin co vello de Beiras, que o único que quere é hundir ao BNG y poñer en Galiza o comunismo y a dictadura do proletariado. Meu amigo Quin y eu non estamos nada conformes con eso.