“O PP sempre estivo nas convocatorias a favor da lingua galega, e mesmo as promoveu”

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destaca nesta entrevista o traballo que a Xunta realizou e está realizando en prol do galego estes últimos anos, a pesar do informe da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (CELRM) que apreciou certas discriminacións no uso do galego, entre elas, no ámbito educativo, xudicial ou dos medios de comunicación.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 25/02/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Valentín García insiste en que o PP “defende” o idioma galego e lembrou que as grandes normas que regulan a normalización do galego foron aprobadas con gobernos do Populares; a Lei de normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística

Por iso, insiste en que tanto a Xunta, como o propio Estado español, están “cumprindo” xa coas recomendaciós da CELRM, entre elas, implantar sistemas de presentacións, notificacións e comunhicacións electrónicas entre os xulgados e os profesionais ou abrir un Portal Xurídico Galego (Lexgal).

Neste sentido, destaca que esta entidade “constatou o moi elevado nivel de protección que teñen as linguas rexionais e minoritarias en España”. Ademais, lembra que a propia Europa “ten unha moi consolidada vocación de fomento do plurilingüismo”. “Por iso, non vai ser a educación plurilingüe o que nos achaquen os expertos da CELRM”, engade.

Sobre as críticas aos poucos medios de comunicación en galego, o secretario xeral de Política Lingüística di que é un problema xeral a “todas as linguas cooficiais, non só para o galego, senón para o catalán e o éuscaro”, e destaca que o informe apunta a un aumento da prensa dixital en galego.

“Promover o galego nos medios é moi importante, pero eses medios teñen que ser proxectos empresariais viables e ter lectoras e lectores que demanden a información que ofrecen. Ningún proxecto empresarial debería vivir pendente das axudas públicas, sexan polo concepto que sexan”, destaca.

Valentín García e Carlos Mella, na homenaxe a Castelao
Valentín García e Carlos Mella, na homenaxe a Castelao | Fonte: Xunta

Sobre as subvencións aos medios tradicionais por publicar tan só un 8% en galego di que hai que ter en conta que “o uso do galego tamén se mide respecto ao impacto que teñan as noticias que se expresan nesta lingua”. Neste sentido, salienta que, tanto La Voz de Galicia como Faro de Vigo, son os que, tanto en soporte papel como dixital, “acumulan a maior parte dos lectores/as de Galicia, e iso hai que telo en conta”.

Consideras que houbo un tirón de orellas da UE?

De ningún xeito. O que houbo foi a elaboración dun informe periódico trianual de natureza analítica a partir do que se chega a unhas recomendacións feitas aos gobernos para mellorar. O Consello de Europa non fai este tipo de cousas para tirarlle polas orellas a ninguén. Trátase de indicar pautas de actuación co obxectivo de seguir avanzando.

Pero ademais, non podemos referirnos así a un informe que comeza felicitando o Estado Español porque di literalmente que a situación tras o último, de 2012, "mellorou considerablemente". Constata o “moi elevado nivel de protección" que teñen as linguas rexionais e minoritarias en España e tamén sinala certas carencias no uso das linguas cooficiais na Xustiza ou na asistencia sanitaria, que nós xa tiñamos diagnosticadas e que incluso afectan máis outras CCAA ca a Galicia.

No caso de  Galicia pon de relevo aspectos positivos como o incremento do número de medios de comunicación audiovisual privados que emiten parte da súa programación en galego, así como o notable incremento do uso do galego nas actividades culturais, o gran avance nas relacións transfronteirizas e, con máis moderación, en ámbitos como o comercio e, en xeral, o económico. O Estado está cumprindo.

E como interpreta a Xunta as recomendacións da Carta Europea das Linguas rexionais?

Esas son as importantes, as recomendacións do Consello de Ministros. Son as que teñen un carácter executivo, o que os Estados deben asumir e aplicar, e dende a Xunta de Galicia xa dixemos dende o primeiro momento que asumiamos as seis recomendacións enteiras. Dúas refírense á Administración de Xustiza e as outras á Administración do Estado, aos servizos de saúde, ao ensino e ao recoñecemento das linguas fóra dos territorios das comunidades autónomas.

O conselleiro xa dixo que se estaban tomando medidas correctivas. A que medidas se refire?

A todo o traballo que estamos facendo en calquera deses ámbitos. Estamos traballando en todas e cada unha das liñas que veñen marcadas nas recomendacións. Das seis recomendacións, dúas refírense o ámbito xurídico. Pois, por poñer uns exemplos, neste mes de xaneiro implantouse o sistema de presentacións, notificacións e comunicacións electrónicas entre os xulgados e os profesionais que facilita o emprego da lingua galega en igualdade de condicións co castelán. Tamén imos abrir en breve o Portal Xurídico Galego (Lexgal), que poñerá a disposición da cidadanía as normas xurídicas en galego. Polo que se refire ao ámbito da empresa, recentemente presentouse no Parlamento de Galicia un Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Socioeconómico.

O informe advirte de que a inclusión dunha terceira lingua no sistema educativo "non pode ir en detrimento" do idioma propio. Non cres que con isto se prexudica ao galego?

Precisamente, o informe di que “non pode ir en detrimento”, o que non quere dicir en ningún caso que vaia. É máis, nas recomendacións din que o Estado debe  “continuar a garantir que a oferta de educación trilingüe non afecta negativamente á protección e promoción das linguas minoritarias”. Iso é porque xa estamos garantindo a protección da lingua galega cando se implanta unha educación trilingüe nos centros. Europa ten unha moi consolidada vocación de fomento do plurilingüismo, polo que non vai ser a educación plurilingüe o que nos achaquen os expertos da CELRM.

Entón como explicas que practicamente todos os partidos –agás o PP- e distintas asociacións como Prolingua ou A Mesa digan que se trata dun correctivo ao famoso decreto do plurilingüismo?

O PP sempre estivo nas convocatorias a favor da lingua galega, e mesmo as promoveu. No anterior mes de setembro acudiu a unha convocatoria da Mesa Pola Normalización Lingüística con todos os partidos e moitas máis entidades.

Debemos ter en conta sempre que as grandes normas que regulan a normalización do galego foron aprobadas con gobernos do PP. Dende a Lei de normalización Lingüística ata o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, todo o marco normativo do que dispoñemos foi aprobado por gobernos do PP. Incluso a ratificación da Carta foi feita polo Goberno de José María Aznar.

O Decreto 79/2010 axústase á Lei, superou 8 sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e mais a do Tribunal Supremo e o recurso presentado pola RAG ao Tribunal Constitucional non foi nin admitido a trámite. Polo demais, estase aplicando con normalidade e non está creando ningún tipo de problema na comunidade educativa. Temos comprobado que a presenza do galego nas aulas respecta o equilibrio co castelán. Pode gustar máis ou menos (tampouco gustou o anterior) pero este estase aplicando con total normalidade.

E que opinas da campaña que se vai poñer en marcha en distintas institucións con mocións en contra do decreto?

Vén sendo outro intento de darlle visibilidade a un conflito que logo resulta que non existe. O 98% da poboación declara entender moito ou bastante o galego, o 97,16 % afirma saber falalo,  o 83% afirma saber escribilo e o 97% saber lelo. Estas cifras representan as porcentaxes de coñecemento e de competencia máis elevadas da historia. Calquera pode chegar á conclusión de que o problema da nosa lingua non está no ensino.

Outra cousa é o uso, pero o uso dáo a sociedade no seu conxunto, non o sistema educativo. Ademais, en canto ao uso, o propio informe recoñece que o galego continúa sendo a lingua maioritaria de Galicia, o que a sitúa nunha posición de clara vantaxe con respecto ás outras linguas europeas avaliadas polo comité de expertos da CELRM.

No informe da Carta Europea tamén se alude á escaseza de medios en galego. A cres que se debe isto?

É certo que se alude a este tema, pero é un aspecto que destaca para todas as linguas cooficiais, non só para o galego. Os medios de comunicación escritos sufriron moito coa crise, non só os escritos na  nosa lingua. Cabeceiras moi potentes pasáronse ao dixital, tamén medios en galego, catalán ou éuscaro.

Por outra parte, no informe non só se recollen datos negativos no ámbito dos medios de comunicación. O aumento de prensa en soporte dixital é un factor positivo que se destaca , así como o aumento do uso da lingua nos medios audiovisuais de natureza privada.

E non pensas que tamén inflúe o pouco apoio de institucións como a Xunta?

A Xunta fai esforzos moi importantes para potenciar o emprego do galego nos medios de comunicación. Así está establecido dende o principio do proceso normalizador ata o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Promover o galego nos medios é moi importante, pero eses medios teñen que ser proxectos empresariais viables e ter lectoras e lectores que demanden a información que ofrecen. Ningún proxecto empresarial debería vivir pendente das axudas públicas, sexan polo concepto que sexan.

Entón como se explica que xornais como La Voz, Faro de Vigo e os outros de ámbito provincial ou local que están escritos case na súa totalidade en castelán recibirán o último semestre máis de 300.000 euros en axudas para “fomentar o galego”? E realmente fomentan o galego?

As axudas á promoción do galego nos medios distribúense de maneira rigorosa de acordo cunha serie de criterios obxectivos entre os que destaca o número de usuarios e usuarias que teñen acceso ao seu contido. Debemos ter en conta sempre que o uso do galego tamén se mide respecto ao impacto que teñan as noticias que se expresan nesta lingua e os dous medios que me citas son os que, tanto en soporte papel como dixital, acumulan a maior parte dos lectores/as de Galicia, e iso hai que telo en conta.

Cales son os obxectivos da túa secretaría para este ano?

Fundamentalmente, impulsar os programas de dinamización lingüística destinados á xuventude e ás familias. Ese é un sector fundamental sobre o que estamos a actuar con intensidade por medio da Rede de Dinamización Lingüística. Pero ademais, este vai ser o ano en que comecemos a preparar un gran plan de dinamización do galego entre a mocidade.

Estamos xa a facer un esforzo considerable na aplicación do recentemente rematado Plan de dinamización no tecido económico. Tamén vai ser un ano importante nos avances no ámbito xurídico  - seguindo o informe e recomendacións da CELRM. Ademais das posta en marcha dese “expediente electrónico” de que xa falei, que permitirá o acceso en galego igual ca en castelán aos documentos xudiciais, tamén se van poñer as normas xurídicas a disposición da cidadanía en galego a través do Portal Xurídico Galego (Lexgal).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

7 Españolistas dades noxo

Ao que non se axusta é á moralidade (nin á carta europea das linguas)

6 Fillos probetas do CNI

O que fan os expañolistas é limitar o galego o ambeto burocrático, pero nos papeis, sen atención persoal en galego. É un autentico xenocidio contra a riqueza cultural e emancipación da humanidade, privar ao mundo de esta riqueza cultural impresicindible, co fin de impor a cultura hexemónica dominante, que é a da clase social dominante, pra facer un prototipo humano de alienado-programado, programado para non pensar e consumir os productos lixo da sociedade capitalista. O millor que podian facer estes españolistas polo galego e o mundo en xeral é desaparecer. Cando digo desaparecer, é desaparecer...ir ao alpendre cunha corda...

1 anonimo

Ejemplo tipo del argumentario nacionata. A ver si te contratan en algún circo o zoo. Ahí tienes futuro.

5 8U5Q

O PP fai e fixo bastante máis pola lingua propia de Galicia do que fixo o vazquismo do señor este zamorano do Podemos Galicia, o tal Buitrón, que lle ten alerxia a todo o que sexa galego.

4 nostrus

Eu entendo promocionar o deporte; é dicir, xente que non faga deporte animala a que o faga polas suas propiedaes saudables, ou promocionar que se use o transporte publico; é dicir, xente que non usa o transporte público animala a que o faga polas suas propiedades sociais de aforro e do medio ambiente. Pero, ¿por que hay que promocionar o galego?, ¿cales son as suas propiedades saudables, mediambientais, economicas ctr?, ¿por que xente que non o usa ten que usalo si non lle apetece?, ¿non abonda con garantir que o use todo aquel que asi o quere?. As únicas propiedades que ten o consumo de galego son as espirituales, pero só para os que teñen a fe nacionática, do resto van mellor gastados os cartos en promocionar que non se fume, que se use o transporte colectivo ou que se faga deporte. Promocionar que se pode usar o galego SI, promocionar o galego como a única lingua verdadeira e con propiedades divinas NON. Galicia é bilingüe por moito que os miopes separatas non o vexan

1 teutonio

Pois propiedades saudables ten bastantes, outra cousa é que un ignorantiño coma ti non as coñeza. Hai ducias de estudos científicos sobre a maior intelixencia dos bilingües, a súa maior facilidade pra resolver problemas lóxicos ou aprender outras linguas, sobre os efectos na saúde mental das persoas que se ven en situacións diglósicas, etc. O mesmo desde o punto de vista económico, termos unha lingua identifícanos como pobo singular, danos unha marca propia atractiva pra turistas, importante pras industrias culturais ou alimentarias. E xa non falemos da proximidade co portugués que facilita as relacións comerciais, culturais, académicas, etc.

2 teutonio

alicia é plurilingüe e os que defendedes ese bilingüísmo, por moi liberais e favorables a diversidade lingüística que vos creades estades bastante lonxe do desexable ecolingüísmo e dunha auténtica igualdade entre as linguas. Defendedes a ignorancia, o statu quo que favorece a so unha comunidade de falantes e unha visión supremacista das linguas. Cada vez enganades a menos... sintoo que a sociolingüística, psicoloxía, economía, lingüística non vos dea a razón...

3 nostrus

teutoni. Todas esas propiedades que dices son solo espirituales y las "propiedades economicas" que mencionas, por desgracia son negativas porque promover el gallego cuesta muchisimo mas dinero que genera. Deja que cada ciudadano decir sus prioridades en decidir lo que quiere aprender y no seas tu quien se lo decida. No se trata de igualar lenguas, sino de igualar derechos de hablantes de las lenguas oficiales de Galicia. Lo importante son las personas, muy por encima de las lenguas, religiones, banderas ctr.

4 xDDDD

nostrus xa se animou con máis chistes sobre a lingua!! tes que cobrar entrada fenomeno!!

5 nostritos detritos

Pues a ver, nostritos, si ha de ser el ciudadano quien libremente decida, dejad de subvencionar la prensa en castellano, que en Galicia es toda deficitaria, y cada cual que compre el periódico que le salga de la entrepierna. O no?

6 teutonio

Exactamente, trátase de igualar os dereitos das persoas e tamén as obrigas, mentras que o galego continúe a ter un status inferior ao castelán esa igualdade legal, que non material en absoluto non existirá. http://addendaetcorrigenda.blogia.c... Prestaríame que a xente puidese decidir libremente pero non o pode facer mentres existan os prexuízos que aínda se manteñen sobre o galego, o bilingüísmo e as xerarquías das linguas. Promover o galego costa máis que o que xenera?, dillo ás industrias culturais 1,9% do PIB, máis de 20.000 traballadores, dillo aos empresarios con negocios en Portugal ou Brasil que se benefician da proximidade lingüística...

3 galegoexiliado

Todo o mundo sabe que o Dialecto Gallego foi inventado polos monxes Frey Joi e o Abade Don Manuel de Villa Alba nos retiros espirituales no convento de San Calletano.