A UPG refunda o BNG

O sector oficial presenta unha candidatura con numerosos militantes da Unión do Povo Galego que lidera Ana Belén Pontón. Anuncia que non haberá pacto con outras forzas. En fronte, o sector de Vence e de Abrente apostan por chegar a un acordo con En Marea para as autonómicas. A esta asemblea chégase con denuncias de censura por parte da UPG de quen foi un dos seus fundadores, Bautista Álvarez.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/02/2016 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego celebra este domingo a súa XV Asemblea Nacional, unha xuntanza que, despois da ruptura de Amio, en 2012, afronta unha nova ruptura e unha “nova refundación” que pivotará a Unión do Povo Galego (UPG), a formación maioritaria que controlará, definitivamente, a organización.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

A lista oficial está precisamente integrada por numerosos cargos deste partido, incluída a Portavocía Nacional, á que aspira Ana Belén Pontón. Xunto a UPG tamén hai outros postos para o Movemento Galego ao Socialistmo (MGS), un grupo que, a súa vez, se escindiu da UPG. Estes son os únicos partidos que quedan no Bloque logo da espantada de Amio.

A lista oficial aposta por "re-conectar" co electorado perdido e procurar un "consenso" entre as distintas posturas que evite novas escisións. Sen embargo, e tal e como xa apuntou en GC Carlos Aymerich, o líder do colectivo Abrente, iso será difícil, porque é probable que despois desa asemblea haxa novas baixas da organización, aínda que moito menores que en 2012.

A esta asemblea están chamados algo menos de 3.000 militantes que debaterán aspectos craves para o futuro da organización, tales como as políticas de pactos electorais e mesmo a propia marca. Precisamente, a política de pactos é o que ten enfrontado a distintos sectores dentro do Bloque. O oficial está radicalmente en contra de pactar con En Marea, mentres que tanto Abrente, como outro sector vinculado o aínda portavoz nacional, Xavier Vence, está a favor.

Dous grupos enfrontados

Unhas diferencias que se medirán na propia asemblea, onde hai varias enmendas destes grupos nos que piden, realmente, un cambio de rumbo ao BNG. De feito, Aymerich apuntaba nesa entrevista que non ten sentido “refundar” o BNG porque o frentismo “xa está pasado”,  senón traballar para unha candidatura unitaria nacionalista de esquerda. Ademais, criticaba duramente á UPG por non querer asumir responsabilidades polos seus fracasos electorais.

Ana Pontón e Goretti Sanmartín en rolda de prensa na sede do BNG
Ana Pontón e Goretti Sanmartín en rolda de prensa na sede do BNG

A esta asemblea chégase, ademais, tras continuos fracasos electorais que comezaron nas autonómicas do 2012. Logo os malos resultados se repetiron nos comicios europeos do 2014, nas municipais de maio pasado, e, finalmente, nas xerais do  pasado 20 de decembro, cando o BNG quedou sen representación no Congreso dos Deputados por primeira vez desde o ano 1996.

"Imos repensar todo menos que somos nacionalistas", dixo esta semana Ana Pontón nunha clara mensaxe aos que queren pactos con outras forzas e deixando claro que o Bloque continuará en solitario.  A súa candidatura inclúe nomes relevantes xa do nacionalismo e integrantes do Consello Nacional actual como Goretti Sanmartín, Néstor Rego, Bieito Lobeira ou o actual portavoz parlamentario do Bloque, Francisco Jorquera.

Queda fóra, en troques, o sector crítico, entre eles, as parlamentarias autonómicas Carme Adán e Tereixa Paz, a eurodeputada Ana Miranda, o aínda portavoz nacional Xavier Vence, ou Alba Nogueira. Nin este sector, nin o de Aymerich presentará unha lista alternativa que si presentará un edil do BNG en Boiro, Carlos Branco Ansoar. Con todo, a súa lista está chamada a un papel anecdótico, xa que o propio Carlos Branco admitiu que só buscan "dar pluralidade" ao proceso.

Críticas a Bautista Álvarez

A esta asemblea tamén se chega cunha nova fronte aberta, curiosamente, dentro da propia UPG, tras a decisión de vetar varios artigos de quen foi un dos fundadores e líderes deste partido, Bautista Álvarez. “Se este é ou partido que eu fixen, que veña ou demo e me leve”, criticou o veterano político nunha misiva que remitiu a varias asembleas comarcais nas que denunciou que estaba sendo censurado ao non querer a UPG publicar tres artigos seus. Por iso, anunciou que xa presentou a súa renuncia á presidencia da fundación que leva o seu nome.

Estes artigos van na liña do que se publicou despois do 20D, nos que Álvarez cargou contra a campaña, o cambio de siglas e mesmo contra os candidatos. De feito, por algún destes artigos foi cualificado de “homófobo”.

“Non estou disposto a tolerar acusacións de homofobia, de ser un retrógrado e de misoxinia por censurar que unha candidata salga nos mitins exhibindo na camisa os atributos xenitais”, dixo. E continúa, “iso é propio dunha rameira e non de muller honrada, como estou seguro que será a miña censurada”.

A propia UPG tivo que remitir un escrito no que aclara que se lle solicitou a Bautista Álvarez que retirara eses comentarios ofensivos, e manter o resto do artigo, e que, ao non facelo, decidiron non publicalos no voceiro Terra e Tempo.

Por outra banda, ex candidatos de Nós-Candidatura Galega, tamén expresaron o seu rexeitamento aos artigos de Bautista Álvarez. “Esta persoa está profundamente equivocada nas expresións das súas análises, contrarias ás ideas do seu partido e da nosa organización, pasando límites que colectivamente non toleramos”, escribiu Noa Presas. “Polo tanto, deciden non publicar. Para min, o contrario sería intolerábel, covarde e cómplice coa violencia patriarcal. E quen concorde, non ten cabida onde estamos outras”, engade nun artigo que difundiu nas redes sociais.

Tamén Carlos Callón escribiu na súa conta de Twitter que “hai tempo que os artigos de Bautista Álvarez son antipáticos e puritanos. Esta vez son repugnantes”.

O histórico nacionalista Bautista Álvarez
O histórico nacionalista Bautista Álvarez | Fonte: BNG
Unha imaxe da pasada Asemblea Nacional do BNG en Compostela
Unha imaxe da pasada Asemblea Nacional do BNG en Compostela
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

4 NACIONALISMO SI

namentras o bloque e nacionalista os mareyanos siguen e siguen vendendose a expaña a quen sexa agora están caidos o mellor postor ... incluso poden rematar pactando co PP, (XA SE SABE REFORMA DA CONSTITUCION) o importante e que -vieira poda sacar cuartos, miren as contas seipan que a fada do colacau alcaldesa da Barceloneta esta a cobrar 84.239,20 euros!!!! SEPAN DA FOLGA DE TRABALLADORES DO METRO!!! sepan das loitas dos traballadores contra esta xente que esta a traizoar de contnuado o pobo traballador e o proletariado!!!! non se deixen engañar por hipsters, por socialdemócratas, por expañolistas o reformismo e un-ha estrada que non leva a ningures ... expaña e carcoma -vieiras!!!!

1 Militante

Ada Colau gaña máis ou menos o mesmo que leva gañando Ana Pontón toda a vida como deputada do Parlamento, sen oficio nin beneficio anterior coñecido. E de pactos co PSOE para pillar poltronas de liberados e subvencións, a UPG sabe máis que ninguén

3 Galician Commons

Poden refundarse e en vez de BNG asumir as siglas de Galiza Pola Soberanía (GPS). Xa teñen a lider perfecta para o GPS, Ana Tomtom, hahahah

2 nostrus

O mellor que podia facer o RNG si de verdade quere a Galicia é disolverse. En España precísanse partidos comprometidos con solucionarlle os problemas a sociedade e o BNF só aporta para destruir. Antepon as suas manias e supersticions ao benestar dos galegos e inda porriba pretende pasarse por progresista cando en realidade lle gustaria que os galegos viviran en pallozas para manter a cultura. Entrométese na vida dos galegos evanxelizandoos coa lingua e a cultura como si fora dono das nosas vidas e non soupéramos como temos que comportarnosnin o que temos que falar. O seu ideario basease en uniformizar a sociedade para acadar a identidade que eles diseñan alonxandose da realidade. Estan tolos.

1 PRESIDENTE NOSTRUS

E posibel que un duro como Nostrus, saia na nova executiva da UPG, e leve os Naciatas a terra prometida.

2 Monstruo

Semella que a caverna mandou pastar a cabra da lexión a sección de comentarios. Qué pestazo a rancio e alcanfor en abrigos vellos xD!

3 teutonio

Meu ppero non te aburtres de botar a nosa escribir estas paridas?, de verdade que non tes nada mellor que facer?

1 a ver, que?

venha, que esta noticia ja leva máis de 4 minutos e inda non cometou ninguén