Comezan as baixas de cargos institucionais e militantes no novo BNG

Cargos institucionais e militantes da corrente Abrente pediron xa a baixa da formación nacionalista. Outros, principalmente alcaldes, seguen sopensando a súa decisión tras unha ofensiva da nova dirección para que queden.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/03/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Cargos institucionais e militantes do Bloque Nacionalista Galego comezaron xa a tramitar a súa baixa desta formación, ou sopensan seriamente facelo, entre eles, concelleiros e alcaldes, segundo informaron a GC fontes vinculadas á organización frontista. 

Público no acto de Abrente
Público no acto de Abrente

Cargos e militantes vinculados a Abrente mantiveron varios contactos nos últimos días para analizar o futuro desta corrente. Nestes encontros algúns decidiron desvincularse definitivamente do Bloque e, outros, pola contra, seguirán afiliados a esta formación.

Estas baixas estarían provocadas logo dos resultados da última Asemblea Nacional do BNG na que triunfaron amplamente as teses da UPG. Xusto despois desa asemblea, quen fora portavoz dos nacionalistas na Cámara Galega, Carlos Aymerich, anunciaba xa a súa marcha. Posteriormente, fíxoo quen foi o vicepresidente da Xunta e portavoz nacional, Anxo Quintana, o que lle valeu un durísimo artigo de opinión en La Voz de Galicia.

A maior parte dos militantes que se están dando de baixa ou pensan facelo pertencen a corrente Abrente, que coordinaba o propio Aymerich. E entre eles, hai concelleiros e rexedores como o de Vimianzo, Manuel Antelo ou o de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, moi vinculado a Quintana. Os mesmos pasos podería seguir o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez. Todos eles xa teñen sopesado os pros e os contras da súa decisión.

E é que xusto despois da asemblea, a nova Executiva, con Ana Belén Pontón á cabeza, realizarou un contacto directo con todos os rexedores nacionalistas para tentar limar asperezas e insistir en que o Bloque segue sendo un "proxecto plural" e "con forza en institucións importante", entre elas, as deputacións provinciais.

Carlos Aymerich nunha intervención na Cámara galega
Carlos Aymerich nunha intervención na Cámara galega | Fonte: BNG

De feito, outros alcaldes vinculados a Abrente, como o de Bueu, A Pobra do Brollón ou Zas continuarán no BNG, tentados, en parte, polas axudas que poden recibir das deputacións provinciais nas que o Bloque goberna en coalición co PSdeG. "É entendible esta postura xa que é o único xeito de facer proxectos importantes nos seus concellos", indican as fontes consultadas. Outros, como os de Rianxo e Tomiño, Adolfo Muíños e Sandra González, respectivamente, en orixe vinculados tamén a Abrente, xa forman parte da nova dirección do BNG, que controla a UPG.

Hai uns días, o rexedor de Vimianzo non descartaba a GC a súa saída do Bloque. "Eu non me movín do BNG, quen se está movendo é o BNG", suliñaba e destacaba que Aymerich "non está só" na súa decisión porque con el "hai moita xente". Novamente contactado por GC, Antelo evitou falar sobre o seu futuro e insistiu que, sobre esta cuestión, "a súa posición é moi clara e moi coñecida".

Anxo Quintana na presentación de Somos Nós
Anxo Quintana na presentación de Somos Nós
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

17 Anar Kaos

¿Traducir a español? El gallego es un idioma español. Mejor: traducir a castellano. Gracias por vuestro trabajo

1 Xa canso

Buf! Que aburrimento...!

16 Shin-Chan

Esplendoroso futuro político para o BNG. Principios ou subvencións?

15 sansinsa

Van ter unha dura pelexa cos maderos da FPG, rabiosos por pillar cacho en forma de liberacións. O problema é ter a un tontin como Chovi á cabeza.

1 Dores

Madero es ti e com boas relações com o PSOE.

14 límico

País, País.....a istória repitese unha e outra vez....Todos empeñados en someter ao nos pobo aos ditado de Madrid, uns vendéndose directamente, outros disfrazándose de galeguistas, outros ofrecendo representación intitucional. Non deixemos que exterminen ao noso país. Rememos todos na mesma dirección, dentro ou fora do BNG. Galiza existe, pero.... sería a mesma sen o BNG?

1 PPsoeirosaolixo

Hai tempo xa que se ve a intención dos comunista_independentista, nostrus, e demáis tropa que acuden ao chamado das noticias do BNG, donde aparecen perlas como ista: "tentados, en parte, polas axudas que poden recibir das deputacións provinciais nas que o Bloque goberna en coalición co PSdeG" que asoman neste diario.¿Dónde andan as fontes? Non se concibe a Galiza actual sen o BNG, que estivo donde ninguén o fixo defendendo os nosos intereses, que dixo o que ía resultar da entrada na UE para Galiza, ten proxectos cruciais e copiados polos demáis para Galiza. Ah! pero é nacionalista_independentista e iso non o perdoan porque iso é o que queren que deixe de ser e non son quen de decir: Independentista. A independencia é o único camiño, non nos van deixar progresar se non se acada.

13 Sonia

La UPG por lo menos labró una organización y les dió la oportunidad de hacer política a esta pandilla de oportunistas. Aymerich no hace nada, nunca lo hizo. El que le pongan los votos encima de la mesa y luego es dios. Igual que Yolandita. hacen buena pareja.