Comezan as baixas de cargos institucionais e militantes no novo BNG

Cargos institucionais e militantes da corrente Abrente pediron xa a baixa da formación nacionalista. Outros, principalmente alcaldes, seguen sopensando a súa decisión tras unha ofensiva da nova dirección para que queden.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/03/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Cargos institucionais e militantes do Bloque Nacionalista Galego comezaron xa a tramitar a súa baixa desta formación, ou sopensan seriamente facelo, entre eles, concelleiros e alcaldes, segundo informaron a GC fontes vinculadas á organización frontista. 

Público no acto de Abrente
Público no acto de Abrente

Cargos e militantes vinculados a Abrente mantiveron varios contactos nos últimos días para analizar o futuro desta corrente. Nestes encontros algúns decidiron desvincularse definitivamente do Bloque e, outros, pola contra, seguirán afiliados a esta formación.

Estas baixas estarían provocadas logo dos resultados da última Asemblea Nacional do BNG na que triunfaron amplamente as teses da UPG. Xusto despois desa asemblea, quen fora portavoz dos nacionalistas na Cámara Galega, Carlos Aymerich, anunciaba xa a súa marcha. Posteriormente, fíxoo quen foi o vicepresidente da Xunta e portavoz nacional, Anxo Quintana, o que lle valeu un durísimo artigo de opinión en La Voz de Galicia.

A maior parte dos militantes que se están dando de baixa ou pensan facelo pertencen a corrente Abrente, que coordinaba o propio Aymerich. E entre eles, hai concelleiros e rexedores como o de Vimianzo, Manuel Antelo ou o de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, moi vinculado a Quintana. Os mesmos pasos podería seguir o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez. Todos eles xa teñen sopesado os pros e os contras da súa decisión.

E é que xusto despois da asemblea, a nova Executiva, con Ana Belén Pontón á cabeza, realizarou un contacto directo con todos os rexedores nacionalistas para tentar limar asperezas e insistir en que o Bloque segue sendo un "proxecto plural" e "con forza en institucións importante", entre elas, as deputacións provinciais.

Carlos Aymerich nunha intervención na Cámara galega
Carlos Aymerich nunha intervención na Cámara galega | Fonte: BNG

De feito, outros alcaldes vinculados a Abrente, como o de Bueu, A Pobra do Brollón ou Zas continuarán no BNG, tentados, en parte, polas axudas que poden recibir das deputacións provinciais nas que o Bloque goberna en coalición co PSdeG. "É entendible esta postura xa que é o único xeito de facer proxectos importantes nos seus concellos", indican as fontes consultadas. Outros, como os de Rianxo e Tomiño, Adolfo Muíños e Sandra González, respectivamente, en orixe vinculados tamén a Abrente, xa forman parte da nova dirección do BNG, que controla a UPG.

Hai uns días, o rexedor de Vimianzo non descartaba a GC a súa saída do Bloque. "Eu non me movín do BNG, quen se está movendo é o BNG", suliñaba e destacaba que Aymerich "non está só" na súa decisión porque con el "hai moita xente". Novamente contactado por GC, Antelo evitou falar sobre o seu futuro e insistiu que, sobre esta cuestión, "a súa posición é moi clara e moi coñecida".

Anxo Quintana na presentación de Somos Nós
Anxo Quintana na presentación de Somos Nós
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

12 John McNamara

Vale, mais a día de hoxe, quen se deu de baixa despois de Quintana?.....tic,tac,tic, tac...

1 ergo

Suficientes para eliminar polo menos cinco soldos, pregúntalle ao Sr. Secretario pantasma, Bieito, o lobo de mar que nunca coñeceu mar. Cando fagades as contas entón xa non vos parecerá tan pouca cousa. Creo que este é un detalle das baixas que se vos pasou por alto

2 comunista independentista

Non te preocupes. Das liberacións eternas dos mercenarios da UPG/MGS (antes BnG) xa se fai cargo España vía subvencións. Despois os "sipaios" son os das Mareas. Enfín.

11 nostrus

O último en abandonar o bloque será o mais tonto. Hai outros partidos dedicados ao benestar das personas en vez de rizar o rizo, mirar o ombligo ou debatir si somos galgos ou somos podencos. R.I.P. BNG

10 eusi

A mellor proba de fogo para a UPG, que deberia de presentarse con estas siglas aos próximos comicios...se chega alá! (eu auguro que non)

9 balbino

Entre este panfleto publicando na portada cada baixa de militancia do BNG e o Faro e a Voz contándonos tódolos días o maravilloso que é o señor Feijoo, xa esta o terreo preparado para as vindeiras eleccións.

8 liquidacionistas

Lixo xornalístico. Cada baixa figura nos medios, pero non cada alta no BNG dos últimos 2 anos e medio, que por certo foron máis de 500 (perto de 700), o que significa máis dos militantes de Compromiso por Galicia ou Anova.

1 Comunista

E como explica vostede que á Asemblea de Amio de 2012 asistiran 5.000 bloqueir@s e á do Palexco de 2016 tan só 1.500? A ver, ilústrenos.

2 pasinto

A ver madero Chovi, para o Palexo había 3000 anotados, e participaron 1700, 400 máis que na asemblea de 2013, o que significa un aumento considerable. En Amio, toda corrente vivinte anotou a familiares e amigos para votar, e cando digo todos é todos. O problema que unha boa parte eran bulto, non eran militantes. En todo caso, sexan 1700 ou 3000, xa son máis que os 30 da asemblea da FPG.