Comezan as baixas de cargos institucionais e militantes no novo BNG

Cargos institucionais e militantes da corrente Abrente pediron xa a baixa da formación nacionalista. Outros, principalmente alcaldes, seguen sopensando a súa decisión tras unha ofensiva da nova dirección para que queden.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/03/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Cargos institucionais e militantes do Bloque Nacionalista Galego comezaron xa a tramitar a súa baixa desta formación, ou sopensan seriamente facelo, entre eles, concelleiros e alcaldes, segundo informaron a GC fontes vinculadas á organización frontista. 

Público no acto de Abrente
Público no acto de Abrente

Cargos e militantes vinculados a Abrente mantiveron varios contactos nos últimos días para analizar o futuro desta corrente. Nestes encontros algúns decidiron desvincularse definitivamente do Bloque e, outros, pola contra, seguirán afiliados a esta formación.

Estas baixas estarían provocadas logo dos resultados da última Asemblea Nacional do BNG na que triunfaron amplamente as teses da UPG. Xusto despois desa asemblea, quen fora portavoz dos nacionalistas na Cámara Galega, Carlos Aymerich, anunciaba xa a súa marcha. Posteriormente, fíxoo quen foi o vicepresidente da Xunta e portavoz nacional, Anxo Quintana, o que lle valeu un durísimo artigo de opinión en La Voz de Galicia.

A maior parte dos militantes que se están dando de baixa ou pensan facelo pertencen a corrente Abrente, que coordinaba o propio Aymerich. E entre eles, hai concelleiros e rexedores como o de Vimianzo, Manuel Antelo ou o de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, moi vinculado a Quintana. Os mesmos pasos podería seguir o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez. Todos eles xa teñen sopesado os pros e os contras da súa decisión.

E é que xusto despois da asemblea, a nova Executiva, con Ana Belén Pontón á cabeza, realizarou un contacto directo con todos os rexedores nacionalistas para tentar limar asperezas e insistir en que o Bloque segue sendo un "proxecto plural" e "con forza en institucións importante", entre elas, as deputacións provinciais.

Carlos Aymerich nunha intervención na Cámara galega
Carlos Aymerich nunha intervención na Cámara galega | Fonte: BNG

De feito, outros alcaldes vinculados a Abrente, como o de Bueu, A Pobra do Brollón ou Zas continuarán no BNG, tentados, en parte, polas axudas que poden recibir das deputacións provinciais nas que o Bloque goberna en coalición co PSdeG. "É entendible esta postura xa que é o único xeito de facer proxectos importantes nos seus concellos", indican as fontes consultadas. Outros, como os de Rianxo e Tomiño, Adolfo Muíños e Sandra González, respectivamente, en orixe vinculados tamén a Abrente, xa forman parte da nova dirección do BNG, que controla a UPG.

Hai uns días, o rexedor de Vimianzo non descartaba a GC a súa saída do Bloque. "Eu non me movín do BNG, quen se está movendo é o BNG", suliñaba e destacaba que Aymerich "non está só" na súa decisión porque con el "hai moita xente". Novamente contactado por GC, Antelo evitou falar sobre o seu futuro e insistiu que, sobre esta cuestión, "a súa posición é moi clara e moi coñecida".

Anxo Quintana na presentación de Somos Nós
Anxo Quintana na presentación de Somos Nós
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

7 Culheredo Thorn Bird

Estas baixas chegam com três anos de demora. Naquela altura poderia-se ter constituído um partido nacionalista que fosse uma alternativa séria de governo da Junta e que alcançasse um bom número de concelhos e de deputados em Madri sem precisar do espanholismo. Em todo o caso, mais vale tarde do que nunca.

1 eusi

O problema é claro que son os postiños e os cartos: non hai mais que ver o que din algúns alcaldes, "se te vas do Bng non recibes un can da Deputación". Por certo, non era iso mesmo o que lle criticaban aos do partido PPodre?

6 balbino

O de este Xornal comeza a rozar o ridículo, se esta é a noticia coa que se abre hoxe mal carallo, cada dia queda máis retratado este panfleto podemita.

1 Comunista

Ten razón. Será mellor informarse co Sermóns Mexuto. Imparcial, plural, neutral e apartidario como ningún.

2 eusi

O problema é claro que son os postiños e os cartos: non hai mais que ver o que din algúns alcaldes, "se te vas do Bng non recibes un can da Deputación". Por certo, non era iso mesmo o que lle criticaban aos do partido PPodre?

5 puraraza

upg!! upg!! upg!! adiante xa coa upg!!

4 En Podridos Marea

Se beber nom conduza

3 Eu mesmo

Ao final, non me enterei de quenes foron as baixas de cargos institucionais. Parabéns. Isto semella unha non noticia!