Morre outra persoa nun tractor tras caer por un barranco

O incidente tivo lugar no Rosal.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 26/02/2025 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

Un home morreu na tarde deste mércores ao caer por un barranco cun pequeno tractor que conducía por unha pista asfaltada no Rosal. Segundo informa o 112 Galicia, a persoa foi localizada falecida pasadas as 17.00 horas xunto a unha antiga fábrica en Caselas. Os servizos sanitarios desprazados ao lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida.

As forzas da orde e as autoridades xudiciais investigan as circunstancias do suceso, xa que a vítima avanzaba por unha pista asfaltada cun pequeno tractor no momento en que se saíu da vía e caeu por unha pendente. O 112 tivo coñecemento deste suceso a través de Urxencias Sanitarias-061, que xa tiña en marcha un dispositivo para atender ao condutor, e solicitou a colaboración da Garda Civil, do GES da Guarda e de Protección Civil.

Tractores sofren un accidente na DP-7402
Tractores sofren un accidente na DP-7402 | Fonte: GES Padrón - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta