Por E.P. | MADRID | 27/02/2025 | Actualizada ás 12:12
O deputado o BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas para reclamar ao Goberno central a dotación "adecuada de medios materiais suficientes" ao Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia.
A formación nacionalista, segundo informou nun comunicado, co obxectivo de "corrixir a precaria dotación" de embarcacións e medios urxiu ao Ministerio de Facenda --de quen depende a Axencia Estatal da Administración Tributaria, así como a SVA-- e que dote de medios materiais e humanos "suficientes" á SVA que permitan atender de forma "eficaz e eficiente" o litoral galego.
Néstor Rego denunciou que o Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia opera en "condicións precarias" pola antigüidade e deterioración de varias embarcacións, sobre todo as destinadas ás bases de Muros e Ribadeo.
"A base de Muros conta coa embarcación V.A.II, en servizo desde 1985, que debería ser substituída hai 25 anos", criticou a formación nacionalista.
A embarcación, ademais de ser "obsoleta para a loita contra o narcotráfico", é "un perigo" para a tripulación ante as "constantes" avarías mecánicas.
A base de Ribadeo, continuou o BNG, conta coa embarcación Alcaraván II, en funcionamento desde 1984 e que "xa tería que ser retirada no 2.000.
"Ambas as embarcacións seguen operando a pesar dos riscos que implican para a seguridade das tripulacións e da ineficacia para desenvolver o seu labor", incidiu Rego.
Neste contexto, o BNG reclama unha atención e tratamento "específico" para a Costa da Morte que "garanta" que se poida desenvolver o traballo da SVA de "forma adecuada e permanente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.