Declaran nulo o despedimento dunha traballadora de Mercadona ao ver que foi "discriminación por enfermidade"

O fallo, que condena ao grupo de distribución alimentaria a readmitir á empregada nas mesmas condicións que tiña e pagarlle os salarios que deixou de percibir nese tempo e unha indemnización por danos e prexuízos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2025 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O Xulgado do Social número 1 da Coruña declarou nulo o despedimento dunha traballadora de Mercadona en Carballo ao considerar que a decisión da empresa constitúe "unha discriminación por razón de enfermidade".

Así o informa a CIG e recolle o fallo, que condena ao grupo de distribución alimentaria a readmitir á empregada nas mesmas condicións que tiña e pagarlle os salarios que deixou de percibir nese tempo, ademais da unha indemnización por danos e prexuízos.

A CIG, unha vez feita pública a sentenza, acordou convocar unha concentración o 10 de marzo, de 12.00 a 13.00 horas, ante o establecemento, día no que a traballadora se reincorpora ao seu posto.

Faino, afirma, para denunciar "a persecución e discriminación por parte da empresa ás persoas que enferman e as que reivindican os seus dereitos", sinala facendo alusión, especificamente, ao persoal que se atopa en situación "de baixa médica de longa duración".

Tenda de Mercadona
Tenda de Mercadona | Fonte: MERCADONA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta