O CCG expón un modelo voluntario na escola con máis materias en galego

"Abrimos un debate para propiciar consensos no marco do noso labor asesor e consultivo e pedimos que todo o país estea unido en favor da súa lingua", sinalou a presidenta do Consello da Cultura Galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2025 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

A creación dun modelo optativo para os centros educativos nos que exista a posibilidade de acollerse a impartir máis materias e actividades en galegos é unha das propostas analizadas nunhas xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega.

Este xoves, esta e outras propostas foron abordadas no marco da xornada 'Educación e socialización', abertas pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e que continuarán o 20 de marzo cunha nova mesa, nesta ocasión, centrada na administración.

"Abrimos un debate para propiciar consensos no marco do noso labor asesor e consultivo e pedimos que todo o país estea unido en favor da súa lingua", sinalou a presidenta do CCG durante a súa intervención, segundo recolle un comunicado.

Neste foro analizouse a propuseta dun modelo educativo "piloto e voluntario" co galego como lingua vehicular que, de forma vountaria e consensuada entre todos os axentes implicados, poida compensar "a menor presencial social do galego".

"Os expertos sinalan que experiencias previas noutros lugares e as escasas aplicadas en Galicia, dan resultados moi positivos, tanto desde o punto de vista lingüístico, como no rendemento académic
o", explicou Ana Iglesias, experta e docente en conciencia lingüística e didáctica da lingua.

A proposición expón un modelo no que os centros educativos e as familias teñen máis autonomía á hora de elixir como se educan os nenos.

Desta forma, aos res ou catro anos do seu impantación avaliaríanse os primeiros resultados de adquisición de competencia e posibilidade de usos lingüísticos, para realizar "unha valoración obxectiva de vantaxes, desvantaxes, fortalezas, debilidades".

O CCG explicou que esta proposta permite "canalizar a demanda de familias que desexan un modelo que mellore as competencias lingüísticas bilingües ou un maior peso do galego no ámbito educativo".

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega. CCG
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega. CCG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Sendo un tema fundamental para o CCG sería ben indicarlles que teñan máis coidado á hora de publicitar estes FOROS ! Non estaría de máis poder escoitar as aportacións dos que interveñen / Coidar a lingua comeza por coidar os Foros nos que exploraran solucións para a transmisión interxeracional do galego. https://www.youtube.com/live/Q52uS8...