Temas: MAREAS BNG ABRENTE

Seguen marchando cargos do BNG por non querer pactar coas mareas

Unha edil de Poio abandona as filas do Bloque e pásase ao Grupo Mixto porque a Executiva nacionalista non quere pactar con “forzas españoleiras”. Con todo, os nacionalistas seguirán gobernando co apoio do PSOE.

Por Galicia Confidencial | Poio | 22/04/2016 | Actualizada ás 08:58

Comparte esta noticia

Seguen as dimisións dentro do BNG. A última, a de Silvia Díaz, até agora concelleira de Cultura no Concello de Poio, que anunciou que presentou a súa baixa  e abandona o goberno municipal pola negativa do seu partido a explorar unha posible vía de confluencia con En Marea e outras forzas políticas.

Silvia Díaz, ex concelleira do BNG en Poio
Silvia Díaz, ex concelleira do BNG en Poio | Fonte: pontevedraviva.com

“Lamento que a liña do BNG non vaia por ese camiño", dixo en declaracións aos medios nos que dixo non entender que os nacionalistas deben apostar por unha política "útil, áxil e que responda as necesidades da cidadanía", algo que na súa opinión non pode facer en solitario senón que "hai que ser valente e reunir a forza suficiente para plantar cara ao PP".

A edil, próxima á corrente Abrente do exdiputado Carlos Aymerich, explicou que a pesar da súa baixa no BNG ofreceuse a continuar no goberno municipal como independente, pero o Consello Local do partido concluíu que "non era aceptable" esa posibilidade. "Acato e respecto a decisión da organización. Sabía que podía pasar isto, era unha opción posible pero desde logo a peor de todas", sinalou.

Silvia Díaz anunciou ademais a súa intención de acabar o mandato como concelleira non adscrita porque "sigo compartindo ao 100%" o programa co que se presentou ás pasadas eleccións municipais "e polo que fun elixida concelleira".

Esta decisión non altera as maiorías existentes no Concello de Poio que, con esta saída do grupo de goberno, quedan cun executivo formado por seis edís do BNG e tres do PSdeG-PSOE, fronte á oposición que pasa a estar integrada por sete concelleiros do PP e por Díaz como non adscrita.

Pola súa banda, o alcalde de Poio, o nacionalista Luciano Sobral, manifestou que "respecta pero non comparte" a decisión de Silvia Díaz de abandonar o BNG, algo que recoñeceu deixa unha "pequena ferida" no goberno municipal. Por iso, pediulle a Díaz que entregue a acta de concelleira para que "outro compañeiro teña a oportunidade de traballar dentro do equipo".

"Parécenos que o máis ético, o máis coherente e o máis responsable sería que deixase paso a outra persoa da candidatura", insistiu Sobral.

Temas: MAREAS BNG ABRENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

1 Alexandre Sanfiz

Iso de irem ó grupo mixto, así como o que non quere a cousa, preséntandose como integrante do BNG, non me parece ben. Que dimita está ben si é o que pensa. Pero aproveitar o soldo, estar permanentemente no medios de desinformación, para logo presentarse con outras siglas, paréceme moi mal. Cadaquén ten a súa ética. Vendo o visto fixo ben en se ir do BNG.

1 lugz

Esta concelleira, o igual q moitros outros, leva anos traballando sen ter dedicación, e dicir sen cobrar un duro!!! e o que non parece ter lóxica e que se o bng se presentou como BNG-Asambleas Abertas, con xente non militante nas listas, agora a boten por despeito mentres seguen a pactar co psoe baixo calquera circunstancia