Localizan outra nova especie de cabaliño de mar nas Illas Cíes

En febreiro xa se atopou outro animal diferente. O CSIC confirma a "coexistencia" de dúas especies diferentes nestas augas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/06/2016 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

O Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) localizou unha especie de cabaliños de mar no ámbito das Islas Cíes da presenza da cal "non se tiña constancia" nesa zona.

Cabaliño de mar atopado nas Cíes
Cabaliño de mar atopado nas Cíes | Fonte: CSIC

En concreto, segundo detallou a través dun comunicado, gravouse unha parella da especie 'Hippocampus guttulatus' a sete metros de profundidade, no límite dunha zona areenta e rochosa cuberta de algas e macroalgas.

Este achado súmase ao logrado en febreiro, cando se gravaron "por primeira vez" exemplares do cabaliño de mar común ('Hippocampus hippocampus') nas Cíes, de modo que "se confirma a coexistencia de ambas as dúas especies".

Como explicou o científico do CSIC Miquel Planas Oliver, a importancia dos cabaliños de mar obedece a que á súa presenza se relaciona "coa "saúde e distribución de comunidades vexetais".

Ademais, apuntou que a análise xenética dos novos exemplares localizados permitirá concluír se pertencen á mesma poboación que a que se atopa nas rías ou ten características diferentes. "Suporía un feito moi interesante de cara á súa conservación", manifestou o científico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta