Temas: ELECCIóNS

En Marea podería arrebatar un deputado ao PSOE na Coruña

Este sería o único cambio no país este 26X respecto aos resultados do 20D.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/06/2016 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

A enquisa das televisións autonómicas e de TVE inclúe datos desagregrados para o país. En Galicia o PP tería dez escanos os mesmos que o 20D, En Marea entre sete e seis escanos superando aos socialistas, PSdeG-PSOE entre cinco e seis e Ciudadanos mantería o escano que ten por Pontevedra.

Yolanda Díaz votando, número 2 de En Marea pola Coruña
Yolanda Díaz votando, número 2 de En Marea pola Coruña

O escano en xogo está na provincia da Coruña, onde podería perdelo o PSOE a favor de En Marea. O BNG volvería a quedar fóra do Parlamento. O PP tería 3 escanos nesta provincia e Ciudadanos 1 por Pontevedra.

Goretti Sanmartín xa compareceu para dar a valoración do BNG. Con todo, a membro da Executiva do Bloque só indicou o seu agradecemento aos que colaboraron na campaña. Polo de agora, todas as enquisas deixan fóra aos nacionalistas.

Con estes resultados, nunhas autonómicas o PP tería moi complicado ter  unha maioría absoluta. En Marea lideraría unha hipotética alternativa.

Resultados a pé de urna segundo RTVE.es
Resultados a pé de urna segundo RTVE.es
Temas: ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta