De cando culpar aos pirómanos era culpar ao pobo galego

Quen é o político que agora responsabiliza aos incendiarios e no seu día argumentaba que falar de pirómanos era “sementar a discordía”? Quen foi o líder da oposición que reclamaba todos os datos sobre os lumes e agora oculta as cifras de moitos deles? Quen usou os mortos para cargar contra o goberno e agora que lidera o Executivo reclama unidade?

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 11/08/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta defende o mesmo discurso sobre os incendios dende que chegou ao cargo. Esta semana Alberto Núñez Feijóo repetiu unha e outra vez as mesmas dúas ideas clave. Primeiro, os lumes son sobre todo obra de pirómanos criminais que aproveitan certas condicións meteorolóxicas. Segundo, a Xunta de Galicia coordina un dos mellores dispositivos antilume do mundo.

A polémica foto de Feijóo apagando un lume cunha mangueira de xardín cando era líder da oposición
A polémica foto de Feijóo apagando un lume cunha mangueira de xardín cando era líder da oposición

 

Esta total ausencia de autocrítica contrasta cos durísimos ataques que lanzou unha outra vez contra a Xunta cando lideraba a oposición. Por exemplo, no verán de 2006 durante unha das maiores crises atacou ao Executivo de Emilio Pérez Touriño porque “non acepta responsabilidades, nin ceses, nin comisións de investigación”. Nos oito anos que vai cumprir ao fronte do Goberno, Feijóo non se aplicou o conto. Nin cesou a ninguén nin aceptou ningunha investigación parlamentaria, malia que nestes anos morreron varios operarios contra o lume e a oposición solicitiu investigar lumes como o recente dunha conserveira preto de Rande.

 

No verán de 2007 o político conservador elevou moitísimo o ton explotando as mortes dos operarios contraincendios. "Con nosotros no moría gente en los incendios, y con ellos cuatro personas" declarara daquela. Pode que o presidente lembrara estas palabras cando en 2012 morreu un brigadista en Castrelo do Val.

 

Ú-la a información abundante?

En 2007 foi tamén cando arremeteu contra a política informativa do bipartito. A Consellería de Medio Rural informaba de todos os lumes, grandes e pequenos, dúas veces ao día. O bipartito lanzou a idea de limitar estes comunicados.  O daquela líder opositor cargou inmediatamente reclamando “toda a información” e a súa difución  "minuciosa, rigorosa e abundante". Feijóo reclamáballe ao conselleiro Suárez Canal (BNG) que non sucumbise a tentación de reducir os datos públicos porque “a ocultación non sirve para nada”. Feijóo cambiou de criterio en canto chegou a San Caetano. A Xunta hoxe só informa dos incendios que están preto das casas e dos que superan as 20 hectáreas. Por iso balances como que esta semana arderon xa 4.000 hectáreas son falsos. Queimáronse moitas máis en pequenos lumes de zonas rurais, datos que a Xunta oculta conscientemente esgrimindo o “efecto chamada”.   

 

Do que si fala agora o Goberno unha e outra vez é dos incendiarios. O luns o presidente do PPdeG indicou que haberá lumes mentres “a actividade delictiva persista”. O mércores reclamaba a sociedade que denunciase a “actividade delituosa por parte dos incendiarios”. Que lle parecía a Feijóo que a Xunta puxera o foco nos pirómanos antes de ser presidente? Parecíalle fatal, basicamente. Por falar de lumes intencionados, Feijóo chegou a acusar ao bipartito “sementar a discordia civil” e intentar “culpabilizar á sociedade galega”. 

 

Manifestándose polos lumes

O mandatario fixo esas declaracións en 2006. Ese mesmo ano participou nunha gran manifestación en Santiago crítica coa xestión dos lumes. Incluso Mariano Rajoy voou expresamente a Compostela para participar na mobilización e cargar contra a “incompetencia” do bipartito. Nin rastro da reclamación de "unidade” que Feijóo lanzou onte. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

9 galegoexiliado

Pois está ben claro, cando gobernaba o flipartito a culpa era do goberno, e cando desgobernan os franquistas a culpa é dos mesmos por non estar no goberno. Menos mal que san Alberto, patrón dos bombeiros, coma san Fermín, pode botar un capote coa sua mangueira de xardín. E os vecinos cos seus caldeiros tamén axudan. E como é de agardar os galegos premiarano con outra mayoría ainda mais grande.

8 antonino

¿Como é esa teoria de que descargan fariña cando hai lume? Nunca a escuitara, pero sona ben. Lamentable o espectaculo político. Cando está na oposición o pp a culpa do lume e de psoe/bng. Cando está psoe/bng a culpa e do pp. E así sempre. Que noxo de pais

1 Gamela

En 2006 también Ardió Galicia por los cuatro costados, también ardió el norte de Portugal y también soplabla nordés... la única diferencia es que hace diez años teníamos luna nueva y hoy cuarto creciente... Al terminar el infierno 15 días después apareció un submarino abandonado en las Cíes... Quién saca tajada con todos los medios vigilando montes y casas? El narcotráfico consigue meter en Europa toneladas de fariña y puede pagar pirómanos y facilitarles toda la tecnología que precisen para burlar a la Guardia Civil... $$$ De la investigación abierta en 2006 nunca más se supo... culparon al "tonto del pueblo" condenado y a un anciano que criaba ovejas en Oia y que tuvo que pleitear 4 años para demostrar que era totalmente INOCENTE. ¿Por qué no se investigó a fondo? Será porque hay millones de dinero negro CIRCULANDO ? Será porque el narcotráfico sigue siendo INTOCABLE en Galicia?

2 Gamela

Mira o ben que traballan os incendiarios a soldo do narco... http://www.galiciaconfidencial.com/...

7 xan

con esta foto e a do Marcial conseguistes que sacara 41, si seguides así sacara superara esa cifra de diputados

6 FRIJONARCO

Que Frijolito, os teus amijos descargando fariña?. Colle a mangueira diantres, que non fas nada zagañan.

5 Gamela

Cantos camións de fariña van pasar esta vez os narcos???