Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/11/2016 | Actualizada ás 16:50
Novembro é o mes do Samaín, do Magosto... e do Movember. Durante este mes moitas persoas deixan crecer o bigote como parte dunha campaña para recadar fondos e concienciar sobre doenzas como o cancro de próstata ou o cancro testicular. Como parte desta iniciativa, Jon Amil, médico, autor do blog As MIR e unha noites e colaborador de GC, realizou un vídeo divulgativo para explicar estes dous tipos de cancro.
Caracterizado para a ocasión, e en ton distendido, sen dramatismos, Amil pide axuda para a campaña Movember para logo explicar o cancro de próstata e o testicular, con datos, información e consellos útiles para reducir o risco de padecer estas doenzas.
A campaña é obra de Movember Foundation, organización benéfica internacional comprometida con impulsar unha vida máis feliz, saudable e duradeira para os homes. Desde 2003, recadou 542 millones de euros e financiou máis de mil programas de investigación centrados no cancro de próstata, cancro de testículos, saúde mental e inactividade física
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.