Estaba moi entusiasmado coa idea, xa que a artista é un verdadeiro suceso musical en Cuba e os EEUU. Aínda que en España é unha descoñecida, lamentablemente. Dicíame que era a versión de Pablo Milanés en muller. Pediume tola a información para intentar organizarlle unha xira no próximo verán.
A Bibiano coñecino en 1975 na miña primeira viaxe que realice a coñecer o meu país e á miña avoa. Fora presidente das Mocidades Musicais de Vigo e militante da mocidade comunista, dúas cousas que tiñamos en común, Recordo que frecuentabamos os mesmos lugares, especialmente A cafetería do Universal. Naquel lugar preséntome unha tarde a Amancio Prada. Outra vez na primeiro realización do a feira do libro de Vigo, presentoume a Celso Emilio Ferreiro, que estaba asinando libros. Gustáballe falar comigo para decatarse sobre a política latinoamericana, a situación da esquerda etc. Cando regresei en 1977 para a Arxentina levei os seus discos, para difundir na colectividade galega especialmente “Alcabre”.
Pouco tarde en integrarme na Federación de Sociedades Galegas e ser o secretario de Redacción do histórico xornal “Galicia”. Alí realicei a miña primeiro nota xornalística facendo unha critica discográfica sobre o último disco de Bibiano. O título dicía “Bibiano o mellor cantante galego”. Logo de ser editado o xornal o director do “Galicia”, o histórico poeta Arturo Cadrado díxome: “a nota está moi ben. Pero nunca debes titular “o mellor” nunca existe o mellor.” Esta foi a miña primeira clase e a mellor de xornalismo.
Co meu retorno definitivo en 1990 a Galiza, frecuentámonos regularmente. Os últimos anos cada certos días atopabámonos no café Urzaiz da peaonil do Calvario de Vigo, para facer proxectos que en xeral non se cumprían. Recordo que se ría moito do chiste que eu inventara, cando nomearan como Papa a Bieito. A noticia deume motivo para facer unha viñeta que me debuxou Lorena Lores. A mesma era ao estilo das que realizaba Castelao. Atopábanse dous galegos labregos e un dicíalle ao outro: -E que me contas de Bibiano que de cantante de protesta converteuse en empresario-. Mentres o outro lle responde: - Uffff peor é o de Benedicto, que de cantante se converteu en Papa- El ría moito coa miña ocorrencia.
Agora quédannos as súas cancións. Mentres escribo estas sentidas palabras tararexo “estamos chegando ao mar ao noso mar”. Ata a Vitoria Sempre Bibiamo.!!