"Os traballadores que fan rico a Cortizo pasan fame"

O responsable comarcal de Industria da CIG confirma as denuncias sobre a precariedade laboral dos traballadores do Grupo Cortizo. Di que a principal responsabilidade é dos encargados que teñen atemorizados aos traballadores. Tamén acusa ao Comité de Empresa de UXT por permitir e ocultar esta situación.

Por Xurxo Salgado | Valga | 27/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Os traballadores que fan rico a Cortizo pasan fame porque cando non hai traballo, mándanos para casa". Así de contundente se amosa Benedicto Blanco, secretario comarcal de Industria da CIG cando fala da situación dos traballadores do grupo de empresas Cortizo. Unha afirmación que chega logo de que un grupo de traballadores deste grupo denunciaran en declaracións a este medio as situacións "escravista" na que traballan.

Tras estas críticas foron moitas as comunicacións que este medio recibiu nas redes sociais confirmando a precariedade laboral denunciada por algúns dos seus traballadores que evitan dar a cara, xa que temen represións. "Están buscando aos que filtraron a noticia", apuntan. Por iso, Blanco, ex traballador do Grupo Cortizo, quixo confirmar a GC esta realidade e acusou directamente desta situación aos encargados do grupo.

"Cortizo é culpable, pero os encargados son os principais abusadores da xente. Mesmo houbo un traballador que tiña a comuñón da filla un sábado e díxolle ao encargado que non podía ir traballar. A contestación foi que, como non fora, mándabano a Polonia", sinala este responsable da CIG.

Así, apunta que a situación laboral é "precaria" e que se produce un "abuso" dos traballadores. "Tan grande que non se dá en ningunha empresa do sector na provincia da Coruña", asegura. "Imaxina cando se traballa 56 horas seguidas á semana e mesmo dobrando turnos. Que seguridade laboral hai para iso?...Parecen os anos 40 cando se traballaba cun lático", destaca.

Críticas a UXT

Blanco tamén acusa directamente ao sindicato UXT de ser responsable do que acontece na empresa xa que todos os membros do Comité de Empresa pertencen a este órgano sindical. "O comité de empresa está posto a dedo por UXT e Cortizo e hai xente que non sabe nin que está no comité. A min tenme aparecido xente aquí pedindo consello que estaba no comité. Non sei se lle paga Cortizo a UXT ou a UXT a Cortizo", critica este responsable sindical da CIG.

De feito, vai máis alá nas súas denuncias e asegura que, as persoas doutros sindicatos que se presentan as eleccións ou a quen se presenta que non sexa dese sindicato pois se lle despide. "Mira ti que nunha ocasión xa quedei sen unha candidatura no camiño de Valga a Santiago", indica. "Chama a de recursos humanos e di que prepara o finiquito".

En relación a este departamento, Blanco di que unha das preguntas que fan é se o traballador está acostumado a traballar baixo presión. "Onde vives e canto tempo che leva ir a comer. E se hai un material que se fixo mal mandan ir pola tarde para recuperar iso. Se se estropea calquera peza, pois descontan do salario e fan ir a traballar para recuperar ese tempo perdido", asegura.

Sobre 1.100 traballadores

No Grupo Aluminios Cortizo traballan de xeito directo case 650 traballadores e outros 400 para a filial FTAC, que está no Polígono da Picusa, en Padrón. En total son sobre 1.100 traballadores, xa que outros 100 son de empresas temporais.

GC púxose en contacto coa empresa en varias ocasións para saber a súa opinión. Sen embargo, fontes autorizadas de Cortizo indicaron que non van dar a súa opinión ao respecto porque non soen comentar este tipo de informacións. Este medio tampouco foi quen, logo de chamar á empresa, de poñerse en contacto con ningún membro do Comité de Empresa para coñecer tamén a súa opinión.

Camión da empresa Aluminios Cortizo
Camión da empresa Aluminios Cortizo | Fonte: toldosgomez.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

26 matricero mañanero

O funcionamiento desta empresa basase no medo, na falta de respeto hacia o traballador e nas ameazas, o peor sin duda son os encargados

25 juan carlos corredoira

Alguien hablaba de que se respetan las vacaciones....estas estan fijadas desde principio de año en el calendario laboral de la empresa...pues bueno año tras año se acaba trabajando los primeros dias de las vacaciones, en muchas ocasiones se dobla turno las semanas antes en teoria para no tener q ir esos primeros dias, al final se acaban haciendo las dos cosas...entiendo qe por algo puntual se tenga q hacer pero no año tras año

24 Pedro Castiñeiras

Xente que está fora da empresa e non se identifica...¡Joder,como cheira a CIG!

1 empleado7

Non son da CIG nin nada parecido solo estou contando a miña experiencia. En canto o de identificarse, serveche de algo? podo poñer un nome si, a caso é verdadeiro o teu? Solo digo unha cousa, vendo certas reaccións, esa empresa nunca cambiará ...

2 Pedro Castiñeiras

Sigo dicindo que os q nunca cambiaredes sodes os da CIG porque todos os comrntarios que salen sodes vos facendovos pasar por traballadores da empresa

3 empleado7

E dalle, q nn son da CIG, pero q venda tes nos ollos...

23 Oscar Castro de Cortizo

Seguro que traballaches 7 anos en Cortizo?Pola forma de falar parece que foi noutra empresa

1 empleado7

A q te refieres ca forma de falar? a ver si vai resultar ahora que a maioria estamos enganados...

22 empleado7

Traballei en Cortizo durante 7 anos, a maioria do q lin nos comentarios é certo...Trato abusivo dos encargados, falta total de respeto como si os empregados fosen ganado, dobrar turno, xornadas de 10 horas, horas gratis pra recuperar material e se te negas ameaza con despido...en canto as medidas de seguridade unha falta total, fotocelulas desconectadas para que nn pare a produccion.... material de uso diario restrinxido como guantes, roupa, etc....empregados que levan 20 anos na empresa e en canto ven o encargado ou xefe morren de medo...en definitiva unha empresa que vista por fora parece unha gran empresa pero logo unha vez dentro é tercermundista... o triste de todo é que haxa xente que a defenda e pense que esas condicions sexan normais ou incluso boas..

1 Oscar Castro de Cortizo

Pero que maioria si en cortizo non tedes a nadie, e nas empresas privadas en ninguna liderades o comite. A cig vivides nun mundo paralelo

2 empleado7

Pero vamos a ver, q e o q non entendiches? eu repito q nn son da CIG, q é o q teño q facer para q o entendades, solo contei o q eu vivin e punto, e explicoche: cando falo da maioría, refirome a maioria dos comentarios q hai nesta noticia e en outra similares desta empresa, nn suele haber comentarios positivos precisamente... o penoso e q haxa xente q ainda defenda esas condicions e trato o empleado....apaga e vamos....