"Os traballadores que fan rico a Cortizo pasan fame"

O responsable comarcal de Industria da CIG confirma as denuncias sobre a precariedade laboral dos traballadores do Grupo Cortizo. Di que a principal responsabilidade é dos encargados que teñen atemorizados aos traballadores. Tamén acusa ao Comité de Empresa de UXT por permitir e ocultar esta situación.

Por Xurxo Salgado | Valga | 27/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Os traballadores que fan rico a Cortizo pasan fame porque cando non hai traballo, mándanos para casa". Así de contundente se amosa Benedicto Blanco, secretario comarcal de Industria da CIG cando fala da situación dos traballadores do grupo de empresas Cortizo. Unha afirmación que chega logo de que un grupo de traballadores deste grupo denunciaran en declaracións a este medio as situacións "escravista" na que traballan.

Tras estas críticas foron moitas as comunicacións que este medio recibiu nas redes sociais confirmando a precariedade laboral denunciada por algúns dos seus traballadores que evitan dar a cara, xa que temen represións. "Están buscando aos que filtraron a noticia", apuntan. Por iso, Blanco, ex traballador do Grupo Cortizo, quixo confirmar a GC esta realidade e acusou directamente desta situación aos encargados do grupo.

"Cortizo é culpable, pero os encargados son os principais abusadores da xente. Mesmo houbo un traballador que tiña a comuñón da filla un sábado e díxolle ao encargado que non podía ir traballar. A contestación foi que, como non fora, mándabano a Polonia", sinala este responsable da CIG.

Así, apunta que a situación laboral é "precaria" e que se produce un "abuso" dos traballadores. "Tan grande que non se dá en ningunha empresa do sector na provincia da Coruña", asegura. "Imaxina cando se traballa 56 horas seguidas á semana e mesmo dobrando turnos. Que seguridade laboral hai para iso?...Parecen os anos 40 cando se traballaba cun lático", destaca.

Críticas a UXT

Blanco tamén acusa directamente ao sindicato UXT de ser responsable do que acontece na empresa xa que todos os membros do Comité de Empresa pertencen a este órgano sindical. "O comité de empresa está posto a dedo por UXT e Cortizo e hai xente que non sabe nin que está no comité. A min tenme aparecido xente aquí pedindo consello que estaba no comité. Non sei se lle paga Cortizo a UXT ou a UXT a Cortizo", critica este responsable sindical da CIG.

De feito, vai máis alá nas súas denuncias e asegura que, as persoas doutros sindicatos que se presentan as eleccións ou a quen se presenta que non sexa dese sindicato pois se lle despide. "Mira ti que nunha ocasión xa quedei sen unha candidatura no camiño de Valga a Santiago", indica. "Chama a de recursos humanos e di que prepara o finiquito".

En relación a este departamento, Blanco di que unha das preguntas que fan é se o traballador está acostumado a traballar baixo presión. "Onde vives e canto tempo che leva ir a comer. E se hai un material que se fixo mal mandan ir pola tarde para recuperar iso. Se se estropea calquera peza, pois descontan do salario e fan ir a traballar para recuperar ese tempo perdido", asegura.

Sobre 1.100 traballadores

No Grupo Aluminios Cortizo traballan de xeito directo case 650 traballadores e outros 400 para a filial FTAC, que está no Polígono da Picusa, en Padrón. En total son sobre 1.100 traballadores, xa que outros 100 son de empresas temporais.

GC púxose en contacto coa empresa en varias ocasións para saber a súa opinión. Sen embargo, fontes autorizadas de Cortizo indicaron que non van dar a súa opinión ao respecto porque non soen comentar este tipo de informacións. Este medio tampouco foi quen, logo de chamar á empresa, de poñerse en contacto con ningún membro do Comité de Empresa para coñecer tamén a súa opinión.

Camión da empresa Aluminios Cortizo
Camión da empresa Aluminios Cortizo | Fonte: toldosgomez.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

16 galeg@

Sorprende que se vire a mirada cara outro lado mentres as persoas que fan posibel o levantamento deste tipo de empresas vivan diariamente baixo estas condicións. Como ben manifesta o artigo, todo isto parte dos encargados, son os que optan por este trato ó persoal, pero é a empresa a responsabel de que este tipo de "autoridade" sexa a imposta neste sector. Estamos a tratar con PERSOAS, non con robots ou máquinas; RESPETO e defensa dos DEREITOS, é o que se necesita.A saída non está en mirar para outro lado nin en marchar á China, está en pór solución ó problema que afecta a un gran número de traballadores, en defendelos seus dereitos.

15 galeg@

(...)Incumplimento de convenios. Anos ás costas, máis responsabilidade, traballo, máis horas.. e unha inxusta retribución. Falamos de traballar nunhas condicións de presión e estrés continuas, baixo un TRATO ABUSIVO, DESPECTIVO e AMEAZADOR; reprimendas desorbitadas, faltas de respeto, onde non hai un trato de persoa - persoa, estamos a falar de asoballamento, e isto é inadmisible. Un traballador que está toda a súa xornada en plena tensión porque sabe o que lle espera se algo non chega a tempo. Todo isto sumado a un liderado basado no medo.. de resultado, o coñecido síndrome de burnout? (...)

14 galeg@

Resulta curioso como nalgúns casos, este tipo de publicacións ou declaracións, son consideradas como algo incríbel de suceder. Dun xeito, máis ou menos axustado, o certo é que estamos ante unha realidade: a situación deplorabel dos traballadores desta empresa. Non só estamos a poñer de manifesto unha condición económica ou uns horarios inadmisíbeis, estamos a falar, ademáis, de algo lamentabel na actualidade, que é o trato que se lle está a dar ós traballadores nesta empresa. Algo que non ocorre nun departamento en concreto, senón a nivel xeral. Non olvidemos a súa filial,STAC: traballadores de oficina técnica que coñecen a hora á cal inician a súa xornada laboral pero descoñecendo a finalización da mesma; un traballo de 9 horas prorrogabel ( e non estamos a falar dun par de ocasións nas que por motivos xustificados sexa estrictamente necesario, estamos a falar dunha cuestión DIARIA, de horas que non son retribuídas). (...)

13 Vasco

Oye, que yo no defiendo a eta, estoy totalmente en contra y lo condeno, lo que defiendo son los derechos de los trabajadores y que los comités de empresa hagan su función, que es DEFENDER los derechos e intereses de los trabajadores y no servir de palmeros a los empresarios, como aquí parece que sucede. Y extorsión es también amenazar e insultar, menoscabar la dignidad de los trabajadores aprovechando una situación de superioridad

1 UN QUE LOITA

Neste país defender os dereitos dos traballadores é terrorismo. En todo caso, tamén é certo que algúns traballadores teñen o que merecen. No País Vasco xa hai moito tempo que teñen claro cales son os sindicatos que os defenden e cales os que se venden á patronal; sábese dende hai tempo que Cortizo ten en nómina a liberados de UGT para que non se metan coa empresa. Pero os traballadores tampouco son quenes de plantar cara; prefiren vivir axeonllados.

2 Cristo

Cando vin a primeira noticia puxenme da vosa parte contaba moitas cousas certas que hai que mellorar pero pasar fame para min perdestes a razon eso non e verdad eu levo ahi moitos anos esto e facer mal porque si non contedes mais coa miña comprension

12 Aluminium Master

Dos de bata verde non hai un bó, pero o follón xa empeza dende xerencia e persoal, que o permiten TODO.