"Os traballadores que fan rico a Cortizo pasan fame"

O responsable comarcal de Industria da CIG confirma as denuncias sobre a precariedade laboral dos traballadores do Grupo Cortizo. Di que a principal responsabilidade é dos encargados que teñen atemorizados aos traballadores. Tamén acusa ao Comité de Empresa de UXT por permitir e ocultar esta situación.

Por Xurxo Salgado | Valga | 27/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Os traballadores que fan rico a Cortizo pasan fame porque cando non hai traballo, mándanos para casa". Así de contundente se amosa Benedicto Blanco, secretario comarcal de Industria da CIG cando fala da situación dos traballadores do grupo de empresas Cortizo. Unha afirmación que chega logo de que un grupo de traballadores deste grupo denunciaran en declaracións a este medio as situacións "escravista" na que traballan.

Tras estas críticas foron moitas as comunicacións que este medio recibiu nas redes sociais confirmando a precariedade laboral denunciada por algúns dos seus traballadores que evitan dar a cara, xa que temen represións. "Están buscando aos que filtraron a noticia", apuntan. Por iso, Blanco, ex traballador do Grupo Cortizo, quixo confirmar a GC esta realidade e acusou directamente desta situación aos encargados do grupo.

"Cortizo é culpable, pero os encargados son os principais abusadores da xente. Mesmo houbo un traballador que tiña a comuñón da filla un sábado e díxolle ao encargado que non podía ir traballar. A contestación foi que, como non fora, mándabano a Polonia", sinala este responsable da CIG.

Así, apunta que a situación laboral é "precaria" e que se produce un "abuso" dos traballadores. "Tan grande que non se dá en ningunha empresa do sector na provincia da Coruña", asegura. "Imaxina cando se traballa 56 horas seguidas á semana e mesmo dobrando turnos. Que seguridade laboral hai para iso?...Parecen os anos 40 cando se traballaba cun lático", destaca.

Críticas a UXT

Blanco tamén acusa directamente ao sindicato UXT de ser responsable do que acontece na empresa xa que todos os membros do Comité de Empresa pertencen a este órgano sindical. "O comité de empresa está posto a dedo por UXT e Cortizo e hai xente que non sabe nin que está no comité. A min tenme aparecido xente aquí pedindo consello que estaba no comité. Non sei se lle paga Cortizo a UXT ou a UXT a Cortizo", critica este responsable sindical da CIG.

De feito, vai máis alá nas súas denuncias e asegura que, as persoas doutros sindicatos que se presentan as eleccións ou a quen se presenta que non sexa dese sindicato pois se lle despide. "Mira ti que nunha ocasión xa quedei sen unha candidatura no camiño de Valga a Santiago", indica. "Chama a de recursos humanos e di que prepara o finiquito".

En relación a este departamento, Blanco di que unha das preguntas que fan é se o traballador está acostumado a traballar baixo presión. "Onde vives e canto tempo che leva ir a comer. E se hai un material que se fixo mal mandan ir pola tarde para recuperar iso. Se se estropea calquera peza, pois descontan do salario e fan ir a traballar para recuperar ese tempo perdido", asegura.

Sobre 1.100 traballadores

No Grupo Aluminios Cortizo traballan de xeito directo case 650 traballadores e outros 400 para a filial FTAC, que está no Polígono da Picusa, en Padrón. En total son sobre 1.100 traballadores, xa que outros 100 son de empresas temporais.

GC púxose en contacto coa empresa en varias ocasións para saber a súa opinión. Sen embargo, fontes autorizadas de Cortizo indicaron que non van dar a súa opinión ao respecto porque non soen comentar este tipo de informacións. Este medio tampouco foi quen, logo de chamar á empresa, de poñerse en contacto con ningún membro do Comité de Empresa para coñecer tamén a súa opinión.

Camión da empresa Aluminios Cortizo
Camión da empresa Aluminios Cortizo | Fonte: toldosgomez.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

11 Vasco

Esto en el País Vasco no pasa, allá los encargados o mandos intermedios tratan a los subordinados con educación y respeto, y si alguno se pasa ya rápidamente el comité le corrige el comportamiento y entienden a la primera, porque el comité defiende al trabajador, ya que si no sería traición y las traiciones allá se pagan muy caras. Y eso que ocurrio en Exlabesa, en la que le bajaron cuatrocientos y pico de euros al mes con la firma del comité, eso allá es impensable, vamos que antes de que ocurra se quema la empresa con el comite dentro vamos

1 Sabela

Defendes o tiro na caluga, o secuestro e a extorsión que no País Vasco practicouse durante décadas? Se é así, deberías ser baneado de inmediato e o teu IP posta en coñecemento das autoridades

2 Balbino

Facía tempo que no lía tanta hipocresía xunta en tan poucas palabras amiga, que ten que ver o tiro na cabeza cós dereitos dos traballadores, por certo o terrorismo patronal matou moita xente tamén e fixo suicidarse a algunha.

10 Sesese

Típico "empresario" galego. O obreiro e o inimigo, coñezo así bastantes mais

9 Un que veu mundo

A ver, estamos co medo de sempre: ai! non nos metamos cas empresas, que fajan o que quieran, qué será de nos se marchan. E con esa cantinela deixamos que fajan cos traballadores, co medio ambiente e cas leis o que lles dea a gana, e caladiños, non vaia a ser. Pois non, se queren estar aquí que cumpran a lei, nin máis nin menos, que á hora de esixir son os primeiros, pois eso, que cumpran. Ou que pasa, en Madrid, no País Vasco ou en Cataluña non hai empresas, hainas, e con mellores convenios e cumplen coa lei e non marchan. Ou en Francia, onde os sindicatos son de verdá, ou en Alemania non hai empresas, hainas, e algunhas do sector do aluminio que compite con Cortizo sin deberlle par. Xa houbo empresas que se foron pa China e viñeron co rabo atra as pernas. Así que nin máis nin menos, simplemente esixir o que a cada un lle pertenece. No traballo respeto sempre, medo nunca

8 Unha de Asados

Alguen comentou en alusión o de pasar fame que el sempre cobrou a nomina . QUE MENOS! Pero a dignidade, o respeto, o compañeirismo? Non temos que compararnos a paises con esclavitude, temos que dignificar ao noso pais respetando aos traballadores. Clavales e chavalas! Se Cortizo, Eslavesa, Estrugasa, Frinsa, Escuris etc están aí é polas miles de man de homes e mulleres galeg@s que produciron nas suas fáctorías de non ser así, Pimenteiro, non habería fabrica para trasladar a Eslovaquia!

1 Otra de Asados

Estas tardando a montar una empresa como la del Sr. Cortizo y contratar a todos los que son como tú, ya que tanto te preocupan. La puerta siempre estuvo abierta para quien quiera irse. Los problemas no se arreglan así moscas cojoneras.

7 Pimenteiro

Ojala leben a fabrica pa Eslovaquia. Lojo virán os da CIG chorandolle a xunta pa que non marchen como Ferroatlantica.

1 Xiadas

Xa ten unha factoria en Eslovaquia. E si non lle interesara ter fábrica en Padrón xa non a tería. O certo é que cando o "bigotes" entra nunha nave todo o mundo caga por él (penoso), e mentres todo o mundo alí lle teña medo en lugar de respeto ó patrón e encargados, todo seguirá igual. Nin cig, nin xunta nin ná.