"Os traballadores que fan rico a Cortizo pasan fame"

O responsable comarcal de Industria da CIG confirma as denuncias sobre a precariedade laboral dos traballadores do Grupo Cortizo. Di que a principal responsabilidade é dos encargados que teñen atemorizados aos traballadores. Tamén acusa ao Comité de Empresa de UXT por permitir e ocultar esta situación.

Por Xurxo Salgado | Valga | 27/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Os traballadores que fan rico a Cortizo pasan fame porque cando non hai traballo, mándanos para casa". Así de contundente se amosa Benedicto Blanco, secretario comarcal de Industria da CIG cando fala da situación dos traballadores do grupo de empresas Cortizo. Unha afirmación que chega logo de que un grupo de traballadores deste grupo denunciaran en declaracións a este medio as situacións "escravista" na que traballan.

Tras estas críticas foron moitas as comunicacións que este medio recibiu nas redes sociais confirmando a precariedade laboral denunciada por algúns dos seus traballadores que evitan dar a cara, xa que temen represións. "Están buscando aos que filtraron a noticia", apuntan. Por iso, Blanco, ex traballador do Grupo Cortizo, quixo confirmar a GC esta realidade e acusou directamente desta situación aos encargados do grupo.

"Cortizo é culpable, pero os encargados son os principais abusadores da xente. Mesmo houbo un traballador que tiña a comuñón da filla un sábado e díxolle ao encargado que non podía ir traballar. A contestación foi que, como non fora, mándabano a Polonia", sinala este responsable da CIG.

Así, apunta que a situación laboral é "precaria" e que se produce un "abuso" dos traballadores. "Tan grande que non se dá en ningunha empresa do sector na provincia da Coruña", asegura. "Imaxina cando se traballa 56 horas seguidas á semana e mesmo dobrando turnos. Que seguridade laboral hai para iso?...Parecen os anos 40 cando se traballaba cun lático", destaca.

Críticas a UXT

Blanco tamén acusa directamente ao sindicato UXT de ser responsable do que acontece na empresa xa que todos os membros do Comité de Empresa pertencen a este órgano sindical. "O comité de empresa está posto a dedo por UXT e Cortizo e hai xente que non sabe nin que está no comité. A min tenme aparecido xente aquí pedindo consello que estaba no comité. Non sei se lle paga Cortizo a UXT ou a UXT a Cortizo", critica este responsable sindical da CIG.

De feito, vai máis alá nas súas denuncias e asegura que, as persoas doutros sindicatos que se presentan as eleccións ou a quen se presenta que non sexa dese sindicato pois se lle despide. "Mira ti que nunha ocasión xa quedei sen unha candidatura no camiño de Valga a Santiago", indica. "Chama a de recursos humanos e di que prepara o finiquito".

En relación a este departamento, Blanco di que unha das preguntas que fan é se o traballador está acostumado a traballar baixo presión. "Onde vives e canto tempo che leva ir a comer. E se hai un material que se fixo mal mandan ir pola tarde para recuperar iso. Se se estropea calquera peza, pois descontan do salario e fan ir a traballar para recuperar ese tempo perdido", asegura.

Sobre 1.100 traballadores

No Grupo Aluminios Cortizo traballan de xeito directo case 650 traballadores e outros 400 para a filial FTAC, que está no Polígono da Picusa, en Padrón. En total son sobre 1.100 traballadores, xa que outros 100 son de empresas temporais.

GC púxose en contacto coa empresa en varias ocasións para saber a súa opinión. Sen embargo, fontes autorizadas de Cortizo indicaron que non van dar a súa opinión ao respecto porque non soen comentar este tipo de informacións. Este medio tampouco foi quen, logo de chamar á empresa, de poñerse en contacto con ningún membro do Comité de Empresa para coñecer tamén a súa opinión.

Camión da empresa Aluminios Cortizo
Camión da empresa Aluminios Cortizo | Fonte: toldosgomez.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

6 Un de Asados

Ome, eu levo 15 anos traballando aqui con cousas boas e malas...pero decir que morremos de fame. Non houbo un mes que non cobrara o dia e o que me correspondia.

1 Teu pai

Xa aparecen as mulas de carga

5 Estirador mañanero

Toda Padrón e comarca sabe o que significa traballar nesta empresa, que é unha auténtica casa de tolos, dende fabricación ata i+d. Eu vin a xente desmaiarse durante quendas dobrando turno. Certifico que fan descontos por averías, ou recuperacións de producción defectuosa en condicións moi irregulares e abusivas. O comite na práctica non existe porque non hai con quen falar en caso de problemas. Os encargados soen ser os que se "encargan" de ter ese ambiente hostil de traballo, os cales poñen os seus obxetivos de cumprir prazos de entrega a calquer prezo e pisando a calquera. Non se pode defender a empresa comparandoa cas condicións dunha empresa da competencia. Exlabesa merece un capítulo a parte

4 NOS

Os comentarios borranse despois. Porque?

3 Fame ?????

Traballo duro,presion por parte dos encargados abusos pero ¨pasar fame ¨ de onde sacastes eso denunciar condicions precarias dunha empresa non implica decir tonterias sinto pero este articulo e mais que incorrecto e calumnioso cobramos o que marca a lei.O anterior articulo perfecto este e unha burda manipulacion partidista con tintes ideoloxicos.

1 Indefinido11

Penso o mesmo ca ti, o de pasar fame xa me parece unha burla, e ensañamento contra unha empresa como dixen anteriormente q hai moito q mellorar pero donde nadie chega a ese extremo e cobrar cobrase ben e a ultimo ou primeiro dia de mes q poucas empresas pode dicir eso.

2 Indefinido11

Levo 11 anos en plantilla e e certo q hai cousas q non teñen escusa, pero tampouco me parece correcto todas estas criticas de pasar fame, q non paga ect. O trato dos encargados e no q deberia o jefe investigar, q se reunira cos indefinidos de cada seccion para preguntar, pero sen encargados polo medio e se informara do q hai. Pero como empresa, e das mellores da comarca en instalacions, seguridade e non digamos en soldos (senon preguntade o q cobran na competencia),temos vacacions como dios manda, pero e certo q o dos 4 turnos e o dos encargados e asi como conta a noticia triste pero certo. Espero q isto valga para mellorar.

1 1empleado+

Seguridade en cortizo??onde??. Pides guantes e nn che dan asta o mes siguiente (3 pares mesuales que nn chegan pa semana dependendo o puesto no que esteas),pides un pantalon e dinche que nn che corresponde e ven que o que levas esta desfeito,polos igual. Maquinas cas celulas desconectadas pa que non pare a producción,falta de medicamentos nos botiquins e asi un largo etc. En verano un compañeiro hubo de quedar sin un brazo por non ter guantes anticorte po brazo/antebrazo,e o primeiro que fixeron foi botalo en septiembre pa nn renovarlle.oxe preguntasye a ese chaval e miralle como ye quedou a man,perdida de mais da mitad da forza,de movimiento da muñeca,a muñeca insensible,dolores por culpa do nervio que cortou,pero eso a eles nn ye importa.outro po sitio e a seguir igual. Falas con empresas externas que traballan pa eles e dinche o mismo,a segurida pasana bastante polo forro.