Temas: COMUNISMO

A Revolución de Outubro, homenaxeada en Galicia

Un grupo de activistas galegos está a celebrar o centenario da fundación da Revolución de Outubro con varios actos.

Por Galicia Confidencial | A Rúa | 23/03/2017 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Así, a primeira revolución que cristalizou nun goberno comunista  será obxecto de homenaxe este sábado, día 25, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de A Rúa en Valdeorras en Ourense.

Presentación da Comisión Octubre en Galicia
Presentación da Comisión Octubre en Galicia

Este es o segundo acto de este tipo que se celebra no país. O sábado 4 de marzo Oleiros acolleu a presentación da “Comisión Octubre” en Galicia. Fernando Ramos Armesto, Pablo Ageitos  e Marina Pibernat foron os relatores nese acto. 

O grupo defínese como apartidario e independente. Na súa opinión, a URSS foi un acontecemento clave na historia pois “marcou o devir político de todo o século XX ao crear un modelo político e social alternativo e exitoso ao capitalismo máis despiadado da época imperialista”.

 

Temas: COMUNISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Kollontai luguesa

Con amor para o comunista in?dependentista, a ver se se entera de que é iso de ser comunista: https://twitter.com/ciudadfutura Con cariño para o resto de repetidores de mantras que agardan que a base de repetilos se convirtan en realidade... E coa vana esperanza de que por estes lares se saiba o que é un xornalista de verdade: http://blogs.lavanguardia.com/paris...

3 Bisbardos

Apartidistas, miúda hipocrisía. Pocen irse para Corea do Norte cando lles pete. Como alguén pode celebrar o inicio do réxime máis asasino e xenocida da historia cunha revolución que implicou desde o principio centos de miles de mortos. Máis ou menos como celebrar o inicio do Terceiro Reich en Alemaña, aínda que este chegou ao poder tras vencer nas urnas

2 en fin

Un modelo político exitoso que te cagas. Supoño que por iso é tan difícil sair de Cuba ou Corea do Norte. Hai que ter uns co//óns

1 Nani

O ex-liberado de CCOO, ten tempo para todo. Tanto intervén no Pleno de Ferrol, como acude a conferencias