Camiñamos cara produtos e modelos de negocio con vidas máis curtas

A robótica, o Big Data e os valores das xeracións máis novas crean novos modelos de negocio aos que as empresas galegas deben adaptarse máis rápidamente, segundo explican os economistas Fernando de Trías e Andrés Riveiro. A capacidade para adaptarse ás novas xeracións e a automatización do traballo, clave para a competitividade.

Por GC Emprende | Vigo | 28/03/2017 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Seresco e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) celebraron, en senllos actos na Coruña e Vigo, a xornada “A nova cadea de valor: modelos de negocio para unha nova realidade social, económica e tecnolóxica”. A sesión, enmarcada no ciclo “Empresa e Transformación Dixital” da APD, contou coa participación do escritor e economista Fernando Trías de Bes. Aos actos acudiron máis de 100 empresarios da rexión.

Fernando Trías de Bes, economista; Santiago Sesto, director  da zona noroeste da APD; e Andrés Riveiro, director de Seresco en Galicia
Fernando Trías de Bes, economista; Santiago Sesto, director da zona noroeste da APD; e Andrés Riveiro, director de Seresco en Galicia

Santiago Sesto, director da zona noroeste da ADP, foi o encargado de abrir a xornada. Pola súa banda, Andrés Riveiro, director de Seresco en Galicia, sinalou que é esencial “sentar sólidas bases para que as empresas galegas poden abordar a transformación dixital de maneira exitosa. A evolución de novos modelos de negocio baseados nas posibilidades que ofrecen as contornas dixitais avanza a gran velocidade, polo que é necesario reaccionar con rapidez, pero sen obviar aspectos básicos, como o impulso aos sistemas de xestión integrados”. 

Entre os aspectos prácticos e básicos que as pemes galegas deben incorporar para a transformación dixital dos seus negocios, Riveiro destaca que é esencial prestar atención ao novo contexto económico e social. O aumento da esperanza de vida, a redución do volume de traballo grazas á tecnoloxía (especialmente, a robótica), o Big Data, unha contorna dixital cada vez máis saturada de contidos, a economía colaborativa e os valores das novas xeracións (millennials, Xeración E, Xeración Z), impulsan modelos de negocio disruptivos e cuestionan a sustentabilidade do estado do benestar.

Ante estes modelos de negocio, sinala Riveiro, as empresas galegas deben adaptarse preguntándose como capturar valor, cuestionando os fluxos de procesos e a súa arquitectura interna, a lóxica do negocio (por que funciona e que consecuencias ten este funcionamento), todo iso sen descoidar a monetización da súa actividade.

Finalmente interveu Trías de Bes, quen acaba de publicar o libro “Seres excepcionais”. A investigación de Trías de Bes, economista e MBA por ESADE e The University of Michigan, centrada en innovación disruptiva, sitúano como un dos referentes en España nas materias relacionadas coa xestión das organizacións.

En opinión do economista, non soamente estase acurtando o ciclo de vida dos produtos, senón tamén dos modelos de negocio e organizativos. Por iso, as empresas han de desenvolver novas vantaxes, especialmente, enfocándose no "como" en lugar do "que".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta