A escolla da estremeña Victoria Moreno no Día das Letras de 2018, trending topic

Os chíos da escritora puideron ser vistos por cerca de 60.000 persoas durante tres horas do pasado sábado.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/06/2017 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

A escolla da escritora de orixe estremeña, Victoria Moreno, para o Día das Letras Galegas de 2018, foi un dos temas máis destacados nas redes sociais. Durante tres horas, os chíos referidos á escritora o pasado sábado foron dos máis repetidos (trending topic) en España, segundo a medición realizada por Trendinalia España.

María Vitoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018
María Vitoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018

Só as dúas mensaxes emitidas desde os perfís en Twitter e Facebook da Real Academia Galega sobre a elección da autora (un avance e a ampliación coa nova sobre o Pleno) puideron ser vistas por cerca de 60.000 persoas. “A estas cifras hai que sumar os importantes fluxos xerados polos contidos xornalísticos que informaron da decisión, así como os chíos de cidadáns e cidadás que manifestaron a súa satisfacción pola homenaxe que se lle renderá á creadora de Anagnórise, un dos grandes éxitos da literatura xuvenil galega”, indica a RAG nun comunicado. 

Tampouco faltaron as mensaxes que, ademais de recordar a súa obra literaria, lembraron con afecto a María Victoria como profesora, a profesión que a trouxo a Galicia en 1963 e que exerceu, despois dunha pequena estadía en Lugo, durante décadas en Pontevedra, a súa cidade de adopción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta