Por que La Voz de Galicia proxecta unha idílica relación co BNG?

Desde que esta formación se converteu na cuarta forza parlamentaria son continuas as entrevistas e informacións sobre a súa nova líder, con noticias que contrastan coas que se publican de En Marea e do PSdeG. Tamén destacan as noticias sobre a boa xestión do goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/09/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia precisa al BNG. Para amarse y erigirse y enorgullecerse. Para saber que hay hombres y mujeres que, equivocados o no, van con su credo a todas partes, como hicieron durante veinte años en Madrid. Que disponen sus traviesas, bloque a bloque, para levantar este país tantas veces cerrado por derribo. Han sido los primeros en muchas cosas. Ahora lo son en poner a una mujer al frente de su frente: con una estrella. Como la de Rosalía”. Así comezaba o seu artigo un dos grandes editorialistas de La Voz, Xosé Carlos Caneiro, en marzo do pasado ano, precisamente, titulado 'Ana Pontón y la estrella de Rosalía'.

Feijóo con Santiago Rey e o arzobispo de Santiago, Julián Barrio
Feijóo con Santiago Rey e o arzobispo de Santiago, Julián Barrio | Fonte: Cáritas Diocesano

Este artigo avanzaba o que, desde hai meses, principalmente, desde que o BNG caíu aos seis deputados e se converteu na cuarta forza parlamentaria de Galicia, ía ser a liña editorial do Grupo Voz co Bloque, unha formación á que, durante anos, denostou. Eran os grandes momentos deste grupo político, cando obtivo as principais alcaldías de Galicia e, despois, a Vicepresidencia e varias consellerías na Xunta.

Entón comezou unha campaña que no entorno do Bloque, e sobre todo, da UPG, se denominou “Boicoz”. “Quem vos escreve é capaz de esquecer muitas cousas, mas dificilmente pode obviar a manipulação informativa e o acoso e derrubamento contra as Conselharias chefiadas polo BNG, em particular desde que Indústria (chefiada polo BNG) não deu ao Grupo Voz o naco que queriam da torta eólica. E tampouco posso esquecer com facilidade o claro alinhamento de La Voz com os grupos tangallegos, chegando mesmo a difundir informações falsas”. Este era a mensaxe que comezou a cirular pola rede entre militantes e cargos nacionalistas e na que se facía un aberto chamamento a non ler, nin distribuír, as informacións de La Voz.

Iso era en febreiro de 2009. Un mes despois o Bloque tiña que saír do Goberno da Xunta. Gañaba as eleccións autonómicas Alberto Núñez Feijóo por maioría absoluta e moi poucos votos na Coruña, a provincia con maior influencia de La Voz. Unha victoria que moitos no BNG vincularon coa campaña que este xornal realizou contra esta formación e o seu líder de entón, con artigos nos que se criticaban os bailes de Quintana cos vellos ou unha suposta neveira de 6.000 euros que levaba no coche oficial. Antes foran outras moitas informacións sobre mandilóns identitarios, a suposta nacionalización das galescolas ou do agro co Banco de Terras, os chiringuitos, ou os chanchullos do concurso eólico.

Desde entón o BNG non só perdeu a Xunta, senón numerosas alcaldías. Tivo escisións, e pasou de competir co PSdeG pola segunda forza na Cámara a converterse na cuarta. Históricos dirixentes do Bloque relacionan esa traxectoria coas “durísimas campañas da prensa españoleira” de entón, entre as que citan a La Voz de Galicia e o ABC, principalmente. 

cartaz co Boicoz a La Voz de Galicia
cartaz co Boicoz a La Voz de Galicia

O “idilio”

Con todo, esa mesma prensa, principalmente La Voz, semella que desde hai meses comezou un “idilio” con esta formación que antes denostaba. “É o xogo de sempre. Houbo un momento no que o inimigo era o BNG. Pero, agora como está en horas baixas, toca mimalo un pouco para atacar ao outro gran inimigo, En Marea, e de rebote tamén o PSdeG”, aseguran.  “É o xogo de sempre. Dar azos a uns e rebaixar aos outros co obxectivo final de dividir á esquerda e ao nacionalismo para que o PP siga no poder”, indican.

“E o problema de todo isto é que eses mesmos dirixentes políticos que sempre se mostraron tan críticos con determinados poderes mediáticos, caian, agora, nas súas mans sen criticar estratexias que denunciaban e atacaban no pasado”, engaden.

E o certo é que nos últimos meses La Voz está mimando ao BNG. Faino coa súa nova voceira nacional, con continuas entrevistas --ata sete desde que é a nova líder-- e noticias case aduladoras. A última, este sábado. E faino tamén co principal partido, e case único, que forma parte desa formación, a UPG, o cal parecería utópico hai uns anos. Ben é certo que o Bloque innovou, reaxiu e ten unha nova forma de facer política, pero chama a atención que sexa, sobre todo, La Voz de Galicia, quen insista en poñela como exemplo fronte a En Marea e o PSdeG.

“Pan para hoxe e fame para mañá”

Con todo, estes dirixentes históricos nacionalistas consultados, algúns xa apartados da vida política, aventuran que este idilio non acabará ben. “É pan para hoxe e fame para mañá”, din. “O Bloque non volverá ser o mesmo que foi. Agora está sendo utilizado como tonto útil dunha batalla que se libra en Madrid. O día que deixe de ser útil, comezarán os ataques contra o nacionalismo outra vez”, din. Entón, a Ana Pontón, e a ese novo BNG que representa, “comezaranlle a crecer os cornos e o rabo”. “E que farán entón os seus dirixentes, seguirán calados ou animarán a un novo Boicoz?”.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

6 Eusidomeu

Estas de BRoma? A culpa sempre e do BnG ou da UPG. Esta paxina dexenera , viva !!

5 arturo gz

Está claro que lle tedes máis manía o BNG que o PP, o que de por si xa demostra que ou vos ou o caos. Como o caos na Marea, cada corriente quere impoñer as suas teses. En vez de deixarse de liortas entre partidos e corrientes de esquerdas, veña cainismo puro. Por último da campaña a favor da volta de Beiras, na Voz de Galicia non vos acordades, nin tampouco das continuas novas da Voz sobre Podemos no comezos dese partido. Tampoco vos acordades das continuas novas sobre a desaparición do BNG, con enquisas falsas incluidas, que lle daban a A Marea a posibilidade de gañarlle o PPdG en solitario e o bng fora do parlamento galego. Se agora a Voz non promociona a Marea será por que convertiuse na casa dos lios.

1 comunista independentista

Está claro que os teus "medios" de referencia son o Sermóns Mexuto e Troleada Bloqueira. Segues a súa "liña editorial" tendenciosa, vitimista e fantasiosa ao pé da letra.

4 Braisiño

Pois é ben sinxelo. A Voz de Galicia é un MEDIO DE DES-INFORMACIÓN de Galicia. A Voz é un medio do PP galego e do PP madrileño. Leva MILLÓNS de diñeiro público ao longo do ano en subvencións e en campañas publicitarias. Por que agora se leva ben co BNG? E que se volveu nacionalista de pronto? POIS NON. Apoiar agora ao BNG serve de ariete contra Mareas, Podemos e afíns. E beneficia ao PP dividindo o voto da esquerda. Canto máis se acheguen as Eleccións Municipais verémolo con máis claridade. Obxectivo: que o PP recupere as cidades galegas.

3 Fulham

1.-O Bloque debe cartos aos bancos, demasiados como para poder unirse a un verdadeiro bloque popular de esquerda na nosa nación para acabar con Feijoo dunha vez. 2.-O Bloque ten un pacto co PSOE polo que significados opinadores do seu ámbito traballan en castellano na prensa e na radio españolas. 3.-La Voz de Galicia apoia ao Bloque polas mesmas razóns que apoiou a Esquerda Unida cando o Bloque era unha ameaza para Fraga. Hoxe para La Voz apoiar o BNG é dividir o único proxecto con capacidade para rematar coa ditadura clientelar do Partido Popular en Galicia. 5.-Como o BNG necesita gañar votos para ocupar cargos políticos e pagar a débeda coa banca, déixase querer por La Voz. 6.-"Nacionalismo" e "Galiza" son as palabras que o BNG mantén secuestradas como se as inventasen eles, pero ninguén cre xa, nin o máis tontiño do pueblo, que un partido que pacta co PSOE (español) non queira pactar coa Marea (galega) por razóns políticas.

1 Xoc

Debe cartos? Non chega ao millón cando fai 5 años se debían máis de 5.000.000€ ... Algo terían que ver Beiras, Martiño, Aymerich, etc etc. Ou é que acaban de baixar da Lúa e nunca estiveron dirixindo ao Bloque? Por certo, varios deses dirixentes hoxe na Marea marcharon sen pagar cotas pendentes de militancia e por ter cargos de representación. Preguntádelle a Beiras pilas viaxes en 1a clase a Brasil ...? Beiras... ese gran home que pactaba con Pujol e ía a presentacións de libros de apoloxía a Feijóo https://www.google.es/amp/s/www.lav...

2 Pufos BnG

Xoc, cando Beiras era portavoz nacional do Bloque, a UPG xa tiña maioría no consello nacional e en todos os órganos, incuído o que leva as finanzas. Quen empufou ao Bloque e quen pactou con Pujol foi o clan do Zarzuelas, non nos tomedes por uns miñaxoias.

3 Xoc

Debo estar mal eu...? Tes razón, faltaba Arzalluz na terna ... https://www.google.es/amp/elpais.co...

4 comunista independentista

Vaia. Agora resulta que en 1998 a U nin pinchaba nin cortaba dentro do Bloque, non? Veña, contádenos outra peli.

2 o tolo de aldan

Que vergoña de artigo, parece que os da marea, dados os cristos internos que teñem, a sua nulidade na maioria dos concellos que gobernan e que posiblemente perdan, as 0 iniciativas en Madrid para defender ao país, están aterrorizados de que o bloque lles pase por diente nas próximas eleccións e agora consideran que o enemigo a bater non é o PP senon o BNG. Asi ides por moi mal camiño

1 comunista independentista

Lendo o teu comentario, está claro que escolleches ben o teu nick. Vaiche que nin pintado, abofé.