A violenta intervención dos antidisturbios en Cataluña provoca máis de 500 feridos

GC publica imaxes en exclusiva da dura intervencións das forzas da orde de España en Cataluña. O enviado especial deste medio dá conta de numerosos feridos por pelotas de goma, así como do uso de armas con tiros ao aire para dispersar aos manifestantes. Os medios estranxeiros critican a actuación policial.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 01/10/2017 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Berros, indignación e sobre todo feridos. Ata o momento a dura intervención dos antidisturbios da Policía e da Garda Civil desplazados a Cataluña para impedir o referendo de independencia ten provocado, segundo fontes da Generalit, máis de 500 feridos, algúns deles de gravidade.

Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña/ Miguel Núñez Ferido por pelotas de goma / Miguel Núñez
Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña/ Miguel Núñez Ferido por pelotas de goma / Miguel Núñez

O fotoxornalista colaborador de GC en Cataluña, Miguel Núñez, foi testemuña do uso de pelotas de goma para dispersar a manifestantes –prohibidas en Cataluña--, así como o uso de armas, con tiros ao aire. “A xente cando escoitou os tiros botou a correr para todos os sitios tremendo de medo”, indica.

Medios estranxeiros como Il Corriere della Sera, Le Monde, The Guardian e ata The New York Times están dando conta nas súas edicións dixitais da brutalidade  que, nalgúns puntos, está empregando os corpos policiais españois o que ten provocado a indignación de políticos e formacións políticas de toda Europa, entre eles, a da ministra principal de Escocia. 

Tamén dirixentes das principais formacións políticas nacionalistas e non nacionalistas en Cataluña, incluído Miquel Iceta, do PSOE, critican a actuación dos antidisturbios e piden que cesen na súa brutalidade. Unhas descargas policias que non están recollendo, ou minimizan, moitos dos grandes xornais e grupos mediaticos do Estado e de Galicia. 

Estas son parte das imaxes dos duros momentos que se viviron nalgúns colexios electorais de Barcelona nesta FOTOGALERÍA.

Feridos por pelota de goma nas protestas en Barcelona
Feridos por pelota de goma nas protestas en Barcelona | Fonte: Miguel Núñez

Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña/ Miguel Núñez Un mozo amosa as pelotas de goma utilizadas pola Policía / Miguel Núñez
Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña/ Miguel Núñez Un mozo amosa as pelotas de goma utilizadas pola Policía / Miguel Núñez
Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña/ Miguel Núñez Os cidadáns tentan dialogar coa Policía para evitar a violencia / Miguel Núñez
Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña/ Miguel Núñez Os cidadáns tentan dialogar coa Policía para evitar a violencia / Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

9 galegoexiliado

A Armada Invencible (un millón de creadisturbios armados hata os dentes) derrotada polas cámaras de TV. O rei Mariano II lamentábase: "Yo no he enviado a mis ejércitos a luchar contra los telediarios. La prensa democrática miente, manipula y nos odia. La imágenes son de Venezuela"

1 Ferrolano

Si tu sigue haciendo la pelota a los burguesitos catalanes y vascos, el pueblo oprimido me da hasta risa, gracias por todo esta resucitando el pueblo español

8 galego

Españois, pase o que pase, xa perdechedes a Catalunya. É moi logo as outra dúas nacións, Galiza e Euskadi, seguirán este ronsel.

1 nostrus

Si Feijoo fixera o mesmo que Puigdemot e amparandose na maioria absoluta alporizara aos seus votantes para restaurar a ditadura........¿gustariavos aos nacistas?

2 Balbino Fernández

A ditadura franquista chegou até hoxe, claro que ti sendo do vello réxime segues acreditando que é o natural. O problema é que desde este día quedastes destapados para o mundo. O camiño iniciado polos cataláns non ten retorno. Só un fanático españolista, como Nostrus ou Raxoi (herdeiro directo do réxime polos beneficios do Caso Redondela), podedes negar a realidade: "hilillos de plastilina", como no Prestige, a fiabilidade dun enorme estatista!

3 Fada-laverca

Antes de nada lembrar o evidente, digno e ético: http://www.lavanguardia.com/opinion... Despois, vou resumir, caro Nostrus: http://www.elnacional.cat/es/politi... Boa semana

4 WatchingsolporesenValdeorras

A ver, que esquecía algo: http://edition.cnn.com/2017/10/01/e... Dúas suxestións para empezar a falar: incluír a banalización do nazismo no Código Penal e poñer os medios para despolitizar o deporte: http://www.marca.com/futbol/real-ma... Eu quero ser europea, aínda que Europa ao non mediar me deixase abandonada, e sei ben cales deben ser os valores da nosa Unión.

5 nostrus

Balbino Fernández, non me respostas a miña pregunta: ¿poderia Feijoo lexitimar o retorno a ditadura amparándose na sua maioria absoluta e movilizando aos seus votantes?. Razoname a resposta (si sabes) e explicame porque Puigdemot ten barra libre.

6 WatchingsolporesenValdeorras

https://m.magnet.xataka.com/en-diez... Os problemas políticos deben resolverse de forma política. E non vexo porque o PP, no que teño amigos e coñecidos, debería defender algo así... En verdade algunhas persoas parece que vivides nun mundo aparte ou vides nunha cápsula doutro momento histórico. Realmente penso que os extremistas son (non vou usar o sodes porque che vou dar a marxe da dúbida) moi primarios na súa forma de pensar. A ver, estamos no século XXI... Cómpre avanzar integrando a pluralidade para ser máis ricos e fortes. Nostrus, se un patriota de verdade e admíteo... As Españas son moi ricas e en nós está aproveitalo. En fin, non teño tempo para máis discusións puerís hoxe. Mañá será outro día. Tranquilo, seguro que sae o sol. Boas noites.

7 WatchingsolporesenValdeorras

Só unha derradeira cuestión: suponse que estamos nunha Unión Europea que debería de ter algo que dicir no caso que ti falas. Coma galega, hoxe só podo pedir, malia o abandono de Europa neste asunto: máis Europa... Creo que o futuro é unha Europa plural das nacións conformadas polos cidadáns que queren formalas. Máis Europa é o meu berro. E agardo e espero que a Sr. Merkell e o resto de políticos europeos se decate de que esa é a resposta. Castelao xa o escribiu... E a xente coma ti está a tentar que o futuro non exista facéndonos ao resto vivir nun eterno bucle temporal... O futuro ás veces ten conexións co pasado... Carlos I de España foi un adiantado para a súa época en certos aspectos e seguro que Fernando II de Aragón entendería do que eu estou a falar porque el tiña lecturas, xa na súa época, que ti ao mellor non tes... Éche o que hai.

8 WatchingsolporesenValdeorras

Douche unha pista: empeza por Maquiavelo e despois le a prensa foránea... Lea cun espírito crítico. Le entre liñas... O mundo está a cambiar e hoxe empezou o cambio en Europa... Pero claro, se se ve o mundo en branco e negro ou coma un seguidor dun equipo de fútbol é difícil entendelo. Ánimos, Nostrus. Mañá será outro día. E un consello: hai mundo máis alá da prensa capitalina e da rexional... De feito se leses outra prensa ao mellor hoxe non estabas tan frustrado e enfadado.

9 Ferrolano

Lárgate con ellos, tú no conoces al pueblo gallego no te arroges toda la representación tonto, en Galicia no os queremos

7 Vozpontón

Os do bloque seguro que está a seguir este conflito polo seu xornal amigo "La Voz de Ana Pontón"

1 per

Os das Mareas de Podemos pola 6 de Tv

2 anonimo

Non entredes ao trapo. Só queren dividirnos. Mañá cómpre convocar unha reunión de forzas galegas, preocupadas polo porvir, nacionalistas ou galeguistas de cara a propoñer unha candidatura común. Non a división e sentidiño (hai moitos sectores da nosa economía a depender da "imaxe exterior".

3 anonimo

http://www.europapress.es/nacional/... https://www.vilaweb.cat/noticies/be... Keep calm. Estou tranquila que dende o nacionalismo e o galeguismo xa se está a traballar para evitar calquera tipo de repercusión negativa na nosa economía ou na nosa sociedade. Mañá cómpre escenificala. Sei que hai xente preocupada pola repercusión no seu negocio e eu dígolles: tranquilos. Temos a mellor diplomacia do mundo: milleiros de galegos e galegas a traballar arreo no mundo enteiro, dende Australia ata Nova Iorque. Tranquilos, mañá será outro día e todos e todas xuntas habémolo de remediar. Nós somos xente de paz e discreta. Lembrádeo.

4 UnOu

Concordo co anónimo, a ver se dunha fodida vez nos dimos de coonta de quén son os inimigos e os equidistantes.

6 D`LAVAÑOU

A GUARDIA CIVIL. acitude proporcionada, e con profesionalidade POLICIA NACIONAL,actitude desproporcionada ,carente da mínima profesionalidade. RAJOY . o pro-home separatista catalán, fixo mais e millor a favor da independencia e do procès que o propio Pujol.

5 Ejjj que vamos

Vergoña de estado que non defende os intereses dos españois. Cargas blandiñas, colexios abertos, policías feridos... Que espera Rajoi para sacar o exército e poñer no seu sitio esta chusma fascista que pretende impoñerse ilegalmente? Desde xa máis firmeza!!!

1 galhardía

sim, precissamos dum caudilho que meta tiros na caluga. E se hai que tirar a Bóveda do burato para darlhe pistola outra vez tí és voluntario. Arriga A banha.

2 anonimo

Só queren provocar porque empezan a ser conscientes de que o mundo os está a mirar. Non discutades con eles. Pedide coma min unión das forzas galegas nacionalistas e/ou galeguistas e petición no noso Parlamento de explicacións polas repercusións de todo tipo (incluídas as económicas).

3 Ejjj que vamos

Si. Unídevos todos que chegades a 4 gatos. Sorte que neste país ainda somos máis os garantes da democracia que os nacionalistas impositores de rexímene autoritarios.

5 Amosanda

Ah. Nom era de conha?