Por Galicia Confidencial | Barcelona | 01/10/2017 | Actualizada ás 14:44
Berros, indignación e sobre todo feridos. Ata o momento a dura intervención dos antidisturbios da Policía e da Garda Civil desplazados a Cataluña para impedir o referendo de independencia ten provocado, segundo fontes da Generalit, máis de 500 feridos, algúns deles de gravidade.
O fotoxornalista colaborador de GC en Cataluña, Miguel Núñez, foi testemuña do uso de pelotas de goma para dispersar a manifestantes –prohibidas en Cataluña--, así como o uso de armas, con tiros ao aire. “A xente cando escoitou os tiros botou a correr para todos os sitios tremendo de medo”, indica.
Medios estranxeiros como Il Corriere della Sera, Le Monde, The Guardian e ata The New York Times están dando conta nas súas edicións dixitais da brutalidade que, nalgúns puntos, está empregando os corpos policiais españois o que ten provocado a indignación de políticos e formacións políticas de toda Europa, entre eles, a da ministra principal de Escocia.
Tamén dirixentes das principais formacións políticas nacionalistas e non nacionalistas en Cataluña, incluído Miquel Iceta, do PSOE, critican a actuación dos antidisturbios e piden que cesen na súa brutalidade. Unhas descargas policias que non están recollendo, ou minimizan, moitos dos grandes xornais e grupos mediaticos do Estado e de Galicia.
Estas son parte das imaxes dos duros momentos que se viviron nalgúns colexios electorais de Barcelona nesta FOTOGALERÍA.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.