En Marea pide un proceso constituínte e o BNG autodeterminación logo das palabras do rei español

Denuncian que o discurso de Felipe VI non se correspondeu co seu cargo de xefe de Estado, senón que tomou parte a favor do Goberno do PP. Critican que non adicara nin unha soa palabra á violencia policial.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 04/10/2017 | Actualizada ás 00:07

Comparte esta noticia

En Marea, BNG e Cerna –grupo nacionalista que está integrada na primeira-- foron os primeiros grupos políticos en remitir comunicados aos medios logo do discurso de Felipe VI sobre a situación de Cataluña. Un discurso que criticaron duramente por aliñarse coas teses de Mariano Rajoy e non condenar, en ningún momento, a violencia policial do pasado domingo. En Marea e Cerna reclamaron, directamente, a apertura dun novo proceso constituínte que acabe na proclamación dunha República, mentres que o BNG pide o dereito á autodeterminación.

Mensaxe de Felipe VI
Mensaxe de Felipe VI | Fonte: RTVE

“Cremos que nese momento constituínte hai que considerar tamén a forma de goberno do Estado, porque a sensación tras o discurso de Felipe VI é que o único xeito de superar o marco de confronto actual é máis democracia, e o xeito de que esta chegue é unha República”, suliñou En Marea nese comunicado.

Esta formación amosou a súa “preocupación” polo discurso do monarca español e dixo que “non cumpriu coa posición de mediación” que o seu cargo leva aparellado. “Non respectou á cidadanía catalá que, pacificamente, foi votar o domingo e nonp ropuxo ningún tipo de solución, senón que tensionou aínda máis”.  Para esta formación tamén resulta “lamentable” que Felipe VI non se referira en ningún momento ás detencións, carga e actuación da policía que provocou centos de feridos. 

BNG e Cerna

O Bloque Nacionalista Galego dixo que o discurso de Felipe VI “resulta absolutamente inadmisíbel”, ademais “de fondamente ameazador e preocupante”. “A súa mensaxe, lonxe de rebaixar a tensión e de tender pontes de diálogo con vocación dunha resolución pacífica e democrática dun conflito político, o que fai é incendiar máis a situación”, indica noutro comunicado.

Tamén criticou que o seu tono foi “amenazador” e non adicou ningunha palabra de condena cos centos de ferido o pasado domingo. ·Este conflito só ten unha saída: que o pobo poida expresarse en liberdade e con plenos dereitos democráticos”, indicou. Por iso reclamou o dereito de autodeterminación.

“Sempre estaremos en contra da imposición, da violencia, da instrumentalización política da xustiza e dos corpos e forzas de seguridade do estado e da violación de liberdades e dereitos individuais e colectivos”, concluíu. 

Pola súa banda, Cerna criticou a Felipe VI por actuar “como un delegado do Goberno do PP” a apostou por abrir un novo proceso constituínte para que nacións como a galega poidan aspirar a un sistema confederal e republicano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

6 UnOu

En marea, formación política heteroxénea servidores en Madrid de Podemos. Onde está o suxeito político galego do que tanto presumiades? Da pena mirar para vós nas comparecencias ante a prensa, sempre por detrás dos señoritos madrileños, dávos mil voltas o Baldoví en dignidade política. Non quero nin pensar se se abre o melón da constitución outra vez e aceptades as migallas do resto do estado. Momento constituínte dicides? O estado xa se constituíu en 1978 xurando os principios do movimiento nacional. Declarádevos conformistas, mansos, ilusionistas do twitter e españois pero non vaiades do que non sodes: galegos, rebeldes e dignos.

1 comunista independentista

E quen sodes os "galegos, rebeldes e dignos"? Os catro dun BnG empufado coa banca espaÑola? Un BnG condicionado por eses pufos coa metrópole? Non sexades tan patéticos.

2 mondaPPsoeiros

Home xa tardaba o CI en aparecer logo da desfeita "feita" polo seu Coscubiela. Ese mesmo é o traballo que tedes aquí : quitar votos nacionalistas para logo votar por quen vos alimenta (Espanha). Aquí os únicos patéticos sodes os PPsoeiros disimulados de nacionalistas. ¿O BNG débelle aos bancos? Será porque non se financia con cartos en negro, como todos vós. Agora ladra un pouco: di qué tan independentista és e apoia ó referendo catalán.

5 Galegus

Gran discurso de Felipe VI. Eso es un rey.

1 Póker de reis

Un doble rei: de copas e de bastos. De espadas tamén, co seu exército piolín. E de ouros os que lle botan da mesa a panda de ladróns que manda.

4 Eu mesmo

É normal que alguén que ostenta un cargo maia que ninguén o votase, se posicione contra os que votan. Non vaia ser que, como se cuestiona o artigo 2 da constitución tamén se chegue a cuestionar o artigo 1.3 que lle afecta directamente.

3 Rubio

Para un proceso constituinte fan falta maiorias cualificadas non si?

2 jatarda

Foi o seu canto do cisne. Que faga as malas (sem o dinheiro que roubou a sua familia) e lisque aginha ao clube dos reis destronados.