En Marea pide un proceso constituínte e o BNG autodeterminación logo das palabras do rei español

Denuncian que o discurso de Felipe VI non se correspondeu co seu cargo de xefe de Estado, senón que tomou parte a favor do Goberno do PP. Critican que non adicara nin unha soa palabra á violencia policial.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 04/10/2017 | Actualizada ás 00:07

Comparte esta noticia

En Marea, BNG e Cerna –grupo nacionalista que está integrada na primeira-- foron os primeiros grupos políticos en remitir comunicados aos medios logo do discurso de Felipe VI sobre a situación de Cataluña. Un discurso que criticaron duramente por aliñarse coas teses de Mariano Rajoy e non condenar, en ningún momento, a violencia policial do pasado domingo. En Marea e Cerna reclamaron, directamente, a apertura dun novo proceso constituínte que acabe na proclamación dunha República, mentres que o BNG pide o dereito á autodeterminación.

Mensaxe de Felipe VI
Mensaxe de Felipe VI | Fonte: RTVE

“Cremos que nese momento constituínte hai que considerar tamén a forma de goberno do Estado, porque a sensación tras o discurso de Felipe VI é que o único xeito de superar o marco de confronto actual é máis democracia, e o xeito de que esta chegue é unha República”, suliñou En Marea nese comunicado.

Esta formación amosou a súa “preocupación” polo discurso do monarca español e dixo que “non cumpriu coa posición de mediación” que o seu cargo leva aparellado. “Non respectou á cidadanía catalá que, pacificamente, foi votar o domingo e nonp ropuxo ningún tipo de solución, senón que tensionou aínda máis”.  Para esta formación tamén resulta “lamentable” que Felipe VI non se referira en ningún momento ás detencións, carga e actuación da policía que provocou centos de feridos. 

BNG e Cerna

O Bloque Nacionalista Galego dixo que o discurso de Felipe VI “resulta absolutamente inadmisíbel”, ademais “de fondamente ameazador e preocupante”. “A súa mensaxe, lonxe de rebaixar a tensión e de tender pontes de diálogo con vocación dunha resolución pacífica e democrática dun conflito político, o que fai é incendiar máis a situación”, indica noutro comunicado.

Tamén criticou que o seu tono foi “amenazador” e non adicou ningunha palabra de condena cos centos de ferido o pasado domingo. ·Este conflito só ten unha saída: que o pobo poida expresarse en liberdade e con plenos dereitos democráticos”, indicou. Por iso reclamou o dereito de autodeterminación.

“Sempre estaremos en contra da imposición, da violencia, da instrumentalización política da xustiza e dos corpos e forzas de seguridade do estado e da violación de liberdades e dereitos individuais e colectivos”, concluíu. 

Pola súa banda, Cerna criticou a Felipe VI por actuar “como un delegado do Goberno do PP” a apostou por abrir un novo proceso constituínte para que nacións como a galega poidan aspirar a un sistema confederal e republicano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

1 Gamela

eu me pregunto se na nova república de CERNA (cabalo de troia da UPG dentro de En Marea) teremos máis ou menos DEMOCRACIA ? https://twitter.com/Gamela2017/stat... Polas súas obras os coñeceredes... !!!