A Xunta di que apoiará calquera medida que o Goberno de Rajoy adopte en Cataluña

“Sempre terán o apoio da Xunta”, apunta o vicepresidente galego sobre as solucións previstas. Estas incluirían á posible aplicación do artigo 155 da Constitución que suporía a intervención de Cataluña por parte do Estado.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 05/10/2017 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia apoiará ao Goberno de Rajoy faga o que faga en Cataluña, mesmo, se aplica o polémico artigo 155. Así o confirmou este xoves o vicepresidente galego, Alfonso Rueda, que indicou que o Consello da Xunta abordou na súa xuntanza semanal a tensa situación que estes días se está  a vivir nesa nacionalidade.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello

“Por suposto que a Xunta apoiará todas as medidas que se adopten dentro do marco xurídico”, respostou Rueda. Este medio preguntáralle se, ademais do discurso de Feijóo na Cámara durante o debate do estado do país, que estivo principalmente centrado no tema catalán, o Goberno galego abordou esta cuestión ou realizou algún informe sobre a incidencia que a declaración de independencia ou a perda de autonomía de Cataluña pode ter no noso país. 

Segundo publicou GC, os galegos importan máis dos veciños cataláns que eles de nós. O pasado ano, Galicia importou bens por valor de 1.179 millóns de euros desde Cataluña, un 13,4% do total. Esta nacionalidade é, na actualidade, o principal motor económico do Estado, con case o 20% do PIB total.

O vicepresidente dixo que, “obviamente”, falouse do tema catalán, pero, polo momento, e segundo deu a entender non se mandou facer ningún estudo ou analizar en profundidade a situación. O único que se limitou a apuntar é que Galicia apoiará ao Goberno central na decisión que adopte.

“O que está pasando alí avergóñanos.... Que unha minoría queira impoñerse á maioría”, dixo. “Obviamente falamos no Consello diso, pero para reforzar o noso compromiso coas actuacións do Goberno e da xustiza dentro do ordeamento xurídico actual”, indicou. 

Por outra banda, a Plataforma Galiza con Catalunya anunciou que o día que se proclame a independencia de Cataluña, tal e como anunciou o seu presidente Carles Puigdemont á BBC, haberá mobilizacións en toda Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Arrouxo

Sabémolo. Por iso só os votan os da "Espanha profunda". Nadades na mer... melhor que ninguén.

5 Lliure

Muy bien Feijóo así que si el cobarde de Rajoy se lía a tiros y mata a cientos de catalanes el Feijóo apoya los asesinatos Jobar que presidente más demócrata tenéis en Galicia un asesino en potencia

1 Ceibe

... las medidas que adopte, dentro del marco jurídico. Aprende a leer y a interpretar lo leído.

2 Case que Ceive

Uhmmm... penso que Lliure case que ten razón, estou certo de que se Rajoy comeza a xogar coas escopetas, estes os apoian na defensa da Patria. Hai que practicar que en nada ven a tempada de caza... xa comezaron a adestrar os cans.

4 Eu mesmo

E o PSOE tamén. Calquera se lembra do Leiceaga do 1982-83 liderando asembleas en económicas!. A súa actitude é reflectida nunha novela de John Le Carré "Tinker Tailor Soldier Spy", na persoaxe de Bill Haydon, inspirado no real Kim Philby. Xa sen recorrer á ficción, vai camiño de emular a Pedro Luaces...

3 BenB

Amosan as claras quen son, non son un goberno que represente a Galiza e os galegos. Como sempre suxando e lixando as institucións. Galiza é plural e o goberno ten a obriga de respectar a pluralidade dos galegos. O PP ten o dereito de se posicionar como queira, mais o goberno debería ser prudente.

2 Xoelho

Que van dicir estes fachas?