A Xunta di que apoiará calquera medida que o Goberno de Rajoy adopte en Cataluña

“Sempre terán o apoio da Xunta”, apunta o vicepresidente galego sobre as solucións previstas. Estas incluirían á posible aplicación do artigo 155 da Constitución que suporía a intervención de Cataluña por parte do Estado.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 05/10/2017 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia apoiará ao Goberno de Rajoy faga o que faga en Cataluña, mesmo, se aplica o polémico artigo 155. Así o confirmou este xoves o vicepresidente galego, Alfonso Rueda, que indicou que o Consello da Xunta abordou na súa xuntanza semanal a tensa situación que estes días se está  a vivir nesa nacionalidade.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello

“Por suposto que a Xunta apoiará todas as medidas que se adopten dentro do marco xurídico”, respostou Rueda. Este medio preguntáralle se, ademais do discurso de Feijóo na Cámara durante o debate do estado do país, que estivo principalmente centrado no tema catalán, o Goberno galego abordou esta cuestión ou realizou algún informe sobre a incidencia que a declaración de independencia ou a perda de autonomía de Cataluña pode ter no noso país. 

Segundo publicou GC, os galegos importan máis dos veciños cataláns que eles de nós. O pasado ano, Galicia importou bens por valor de 1.179 millóns de euros desde Cataluña, un 13,4% do total. Esta nacionalidade é, na actualidade, o principal motor económico do Estado, con case o 20% do PIB total.

O vicepresidente dixo que, “obviamente”, falouse do tema catalán, pero, polo momento, e segundo deu a entender non se mandou facer ningún estudo ou analizar en profundidade a situación. O único que se limitou a apuntar é que Galicia apoiará ao Goberno central na decisión que adopte.

“O que está pasando alí avergóñanos.... Que unha minoría queira impoñerse á maioría”, dixo. “Obviamente falamos no Consello diso, pero para reforzar o noso compromiso coas actuacións do Goberno e da xustiza dentro do ordeamento xurídico actual”, indicou. 

Por outra banda, a Plataforma Galiza con Catalunya anunciou que o día que se proclame a independencia de Cataluña, tal e como anunciou o seu presidente Carles Puigdemont á BBC, haberá mobilizacións en toda Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 PP DICTADURA LADROA

PPorcos ladrons non entenderon nada... non e un problema de leises fillos de PP-utifiar e un problema de lexitimidade democrática a constitución tiña reguladas 2 cousas (1 que Catalunña non podía establecer un estatuto sin que o estado o autorizase) (2 que catalunña podía modificar o estatuto via consulta por un referendo democrático a cidadania) E O SEGUNDO O QUE NON ADMITIU O TRIBUNAL PROSTITUCIONAL AS ORDES DO PEPEIRO, o xuiz presidente e militante do pepeiro do partido mais corruPPto de europa- asi pois foron eles os que tiraron a bola de neve pola pendente abaixo, agora xa en alude... O PEPEIRO MINTE E O SABE TODO O MUNDO - https://www.es.amnesty.org/en-que-e...