Por Galicia Confidencial | Vigo | 24/10/2017 | Actualizada ás 13:00
A diversidade afectivo-sexual e de xénero segue a ser unha materia pendente na educación. As familias reclaman, igualmente, desde as ANPAS, ter máis información, saber onde acudir ou como detectar se o seu fillo ou filla está sendo vítima de acoso. Así como o alumnado LGTB afirma sentirse mellor na aula ou falando con profesorado que os apoio que na casa pola falta de comprensión e empatía dos pais ou nais.
“Este é un factor determinante para o óptimo desenvolvivemento persoal do alumnado polo que deben realizarse as actuacións necesarias para chegar ás familias”, suliñan desde a Asociación Nós Mesmas. Precisamente, e para evitar que ese buraco educativo continúe crecendo, esta entidade organizou no IES Politécnico de Vigo a pasada fin de semana as Xornadas Tratamento da Diversidade Afectivo-sexual e de Xénero (DASeX).
Neste foro inscribironse un total de 126 docentes de toda Galicia pero chegouse a completar o aforo de 230 prazas existentes e nel participaron ponentes como Kika Fumero, Joaquin Alvarez de la Roza, Soraya Vega ou Nac Bremón. “Esta gran acollida responde á necesidade que sinte o profesorado para actuar, con coñecemento, ante as situacións conflictivas ou de acoso pero tamén traballar en valores para previr calquera discriminción cara o alumnado LGTB”, apuntaron desde a organización. Tamén destacaron a necesidade de ter ferramentas para mediar coas familias e implementar nas aulas.
A Asociación Nós Mesmas suliña que a información/formación que os nenos deben recibir dende a infancia é unha formación en valores, “que visibilice a diversidade afectivo-sexual igual que se debe visibilizar a diversidade racial, etnica, de creencias”. “O principal obxectivo desta visibilización é que os rapaces con orientación LGTB teñan referentes dende a infancia e saiban que a súa orientación ou identidade tamén é correcta, evitando o sentimento de soidade e incomprensión e para os races non LGTB, interiorizar a diversidade como valor serviralles para non utilizala como arma discriminatoria”, indica en declaracións a GC.
Boa acollida
Segunda a entidade organizadora, estas primeiras xornadas, ademáis de ter unha moi boa acollida en asistencia, obtiveron unha valoración moi positiva por parte das asistentes nas valoracións recollidas, onde siguen deixando patente que precisan máis formación e recursos. Isto, di, se debe a que nos programas formativos das Universidades, nin en formacións posteriores dirixidas a profesorado, abordase a DASeX nin ningún tema vencellado á sexualidade e a identidade de xénero, “co que o profesorado atopase sen formación, sen recursos e con dúbidas de ata onde chegar na súa intervención”.
“Sen dúbida, dende Nós Mesmas, seguiremos traballando co alumnado e realizaremos unha incidencia maior na formación do profesorado repetindo as xornadas formativas nos vindeiros cursos escolares”, concluíu. As xornadas xestionaronse administrativamente co Centro de Formación e Recursos para o profesorado de Vigo (dependente da Xunta) para que este emitise certificado oficial aos docentes que se inscribisen a través do mesmo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.