Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 09/11/2017 | Actualizada ás 18:22
Éxito do Aquae Talent Hub, un espazo de debate e reflexión en torno á innovación e o empremento, impulsado pola Fundación Aquae, Viaqua e a Universidade de Santiago. Alí, na Facultade de Económicas, 400 emprendedores, profesionais e estudantes gozaron este mércores da master class do escritor e xornalista Santiago Roncagliolo e do obradoiro práctico conducido pola investigadora Irene Lapuente.
Roncagliolo contou a súa experiencia persoal na Amazonía peruana, onde viaxou en 2015, da man de UNICEF e Fundación Aquae, para coñecer cómo é vivir sen auga segura e sen saneamento. O escritor, xornalista e guionista peruano explicou o enorme reto que supón levar auga e sistemas de saneamento a esta población indíxena, un cruel paradoxo xa que neste territorio a auga é a protagonista da vida: "El río es la tienda, la nevera, la autopista, un foco de enfermedades", describiu.
O escritor gañouse ao público asistente ao Aquae Talent Hub coas súas reflexións sobre o contraste de civilización, chamando a atención sobre as carencias dos servizos máis básicos que padece a comunidade indíxena e os problemas que isto representa para a súa calidade e esperanza de vida.
Pola súa parte, Irene Lapuente, investigadora e fundadora de La Mandarina de Newton, cautivou aos asistentes do evento mediante experiencias de motivación desde a perspectiva do desing thinking, a empatía, a identificación e a ideación.
Lapuente destacou a importancia de traballar en equipo: "Para la innovación solidaria es necesaria la empatía porque ésta mira a las personas y al entorno. La empatía nos ayuda a ponernos en la piel de otras personas y a poder encontrar soluciones a problemas, que muchas veces no percibimos, y también a resolver conflictos", expresou.
A investigadora convidou ao público a "dejar de ser solucionadores para saber identificar el marco de los problemas, lo que conducirá a verdaderas soluciones innovadoras".
Aquae Talent Hub converteuse nun lugar de encontro onde compartir coñecemento e potenciar o talento; nunha plataforma de impulso a novas ideas. Desde febreiro, cando se puxo en marcha esta iniciativa, máis de 2.800 personas xa participaron desta experiencia en Elche, Murcia, Málaga e Santiago de Compostela, que xa acolleu outra edición en maio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.