O xulgado embarga case 2,8 millóns de euros ao Grupo El Correo Gallego

Son cartos que o xornal lle adebedaba a Lico Leasing, un acreedor propiedade dun grupo norteamericano que tamén está na quebra. Fontes da dirección do medio de Santiago de Compostela aseguran que “a empresa non periga para nada” e que “se resolverá o problema en breve”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 23/11/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Un xulgado de Santiago de Compostela acaba de embargar case 2,8 millóns de euros á Editorial Compostela, propiedade do Grupo El Correo Gallego. Unha cantidade reclamada, vía xudicial por Lico Leasing, un instrumento financeiro das antigas caixas, vendido a un fondo boitre norteamericano, Fortress, que tamén está pasando por moitos problemas financeiros.

Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com
Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com

Segundo fontes consultadas por GC, en total a suma que este fondo boitre lle reclama ao grupo El Correo Gallego é de 2.184.270,25 euros, incluidos os intereses ordinarios e moratorias vencidas, máis outros 655.281,08 euros fixados “prudencialmente” para intereses e costas da execución.

A sentenza temán advirte que “non será válido o pago feito ao acreedor polo deudor despois de terlle ordenado xudicialmente a retención da débeda” e advirte que “ten o deber de colaboración coa Administración de Xustiza imposto polo artigo 591 da L.E.C a todas as persoas e entidades públicas e privadas”.

Isto significa que todos os cobros pendentes de pago por parte de El Correo Gallego son embargados automáticamente para facer efectiva a débeda que ten contraída con Lico Leasing. “A nós xa non nos deixaron pagarlle a El Correo. O diñeiro comprometido por publicidade vai directamente a pagar esa débeda”, apuntaron fontes consultadas por GC.

A DÉBEDA CON LICO LEASING

O problema para El Correo pasa porque un dos órganos vitais para a súa supervivencia, a impresión, está hipotecada con este fondo boitre. Así, ademais dos 15 millóns en créditos que debe aos bancos, Editorial Compostela mantén unha debeda con Lico Leasing polo arrendamento financeiroro do centro de impresión e do centro informático de 1,7 millóns de euros, “dos cales 1 millóns de euros están vencidos e non liquidados”, segundo recolle unha audoría do propio grupo mediatico que figura nas contas depositadas no Rexistro Mercantil.

José Manuel Rey Novoa
José Manuel Rey Novoa | Fonte: lacapitalmd

Segundo este informe, impagos deste tipo poderían levar ao embargo da maquinaria de impresión porque “entre las cláusulas contractuales figura la restitución de los bienes en arrendamiento financiero para el caso de impago, lo que obligaría a la Sociedad a tomar medidas excepcionales”. Nestas contas, e tal e como xa publicou GC, El Correo di ter un plan B no caso de que Lico Leasing non aceptara un refinanciamento nas negociacións coa empresa. O prazo para pagar o sistema informático e a rotativa remata a finais de 2020.

Sobre a débeda con Lico Consulting, fontes da dirección de El Correo consultadas por Galicia Confidencial  aseguran que está cuestión está a ser “negociada”. “As negociacións van por  moi bo camiño e é posible que en moi pouco tempo nos poñamos dacordo para resolver o problema”, suliñaron. “Estamos negociando con eles e hai posibilidades de solventar as diferencias”, incidiron.

Por iso, mandan unha mensaxe de tranquilidade a traballadores e lectores. “A empresa non periga para nada. Hai unha garantía absoluta de continuidade. Agora hai uns prazos de negociación e eles teñen amarrado o embargo, pero iso vai durar pouco. E iso debería dar tranquilidade aos traballadores que están preocupados por non cobrar”, apuntan estas mesmas fontes.

OUTRA EMPRESA EN QUEBRA

Curiosamente, este acreedor do Grupo El Correo, Lico Lysing, é un dos grandes morosos de Facenda e está na lista negra das administracións financeiras españolas. Tamén se atopa en proceso de quebra. A súa sede en Galicia xa pechou. En conversa telefónica coa central de Madrid, fontes deste fondo boitre non quixeron confirmar o que vai pasar coa débeda de El Correo.

Hai uns meses, este fondo americano anunciou o terceiro expediente de regulación de emprego no holding financeiro que comprou ás caixas de aforros para competir coa banca na concesión de créditos.  Fortress, a multinacional dona de Lico Leasing, non quere continuar competindo en España coa banca por conceder préstamos a pequenas e medianas empresas. 

O fondo estadounidense, que pediu unha licenza ao Banco de España para poder operar como entidade de crédito tras a compra do holding financeiro das caixas de aforros está en proceso de despido de gran parte do persoal ante a incapacidade de facer rendible Lico Leasing Division.

Fortress comprou Lico Leasing en 2013 por uns 220 millóns de euros despois de que os accionistas desta financeira BBVA, A Caixa, Bankia, Unicaja, Sabadell, BMN e Kutxabank, entre outros, a puxeran á venda tras herdala da CECA. Ao pouco tempo, o fondo presentou un expediente de regulación de emprego (ERE) para 174 dos 450 empregados de Lico Corporación. E, agora, logo de que o negocio non funcionara presentou xa un último ERE para tentar reducir ao máximo as actividades da empresa en España. 

A SITUACIÓN DE EL CORREO

Xunto a ese embargo, Editorial Compostela segue a deber 15 millóns ás entidades bancarias, a gran maioría a Abanca, aínda que estes poden ser perdoados. Aos traballadores aínda lles ten que pagar 1,4 millóns, cun plan de pago a longo prazo. Tamén ten 1,2 millóns de débedas con Facenda e a Seguridade Social. 

Sobre as débedas co tesouro público os auditores escriben que “las tensiones de tesorería que atraviesa la Socieda derivan de aplazamientos negociados tanto con la Agencia Tributaria como la Seguridad Social”. É dicir, que El Correo xa chegou antes da fin de 2016 a acordos co fisco para ir pagando os 800.000 euros que debía a final de ano á Axencia Tributaria e os 400.000 que debe á Seguridade Social. De conseguir ir pagando os prazos acordados e non incorrer en novas débedas, El Correo podería seguir cobrando subvencións da Xunta e outros organismos públicos.

OPTIMISMO

De feito, as fontes da dirección consultadas por GC confía en superar a complexa situación económica que atravesan.  “De aquí a fin de ano imos ter boas noticias para os que nos quedamos porque as previsións de ingresos nestes dous meses son moi boas e vaise facturar case o tripe que o primeiro trimestre do ano. Imos reducir o endebedamento”, apuntan.

Así, defenden a redución de plantilla que tiveron que efectuar para acomodar a actual situación financeira que vive o xornal. E tras a venda da histórica sede no centro da capital galega e diminuir o actual número de traballadores –menos da metade que nos seus mellores tempos--, as fontes da dirección sinalan que “se aumentou a producción moito tras o axuste”.

“O 95% dos traballadores entenderon a posición da empresa e aceptaron indemnización pactada e prazos de pago e todos os meses están recibindo nos prazos pactados esa parte”, indican. “De toda a xente que marchou só un 5% dixo que non e que quería cobrar a indemnización no momento no que se vai. A empresa ten capacidade para xerar recursos mes a mes, pero non para pagar a todos os traballadores que pretenden cobrar o 100% o día que marchan”, xustifican.

En todo caso, destacan que o xornal “nunca deixou de pagar as indemnizacións”. “Todos cobraron e o que lle pedimos a ese 5% que está disconforme é que nos den distintos prazos para pagar”, indican. “Cobrarán se acordan un prazo de pago razonable”, engaden estas fontes. “Non temos medio millón de euros para pagar así de súpeto pero si 40.000 todos os meses e en 12 meses isto queda resolto”, aseguran ao suliñar que os xefes foron xa os primeiros en “rebaixar os soldos e en cobrar os últimos”.

Oficio dun xulgado de Santiago coa débeda reclamada a El Correo Gallego por parte de Lico Leasing
Oficio dun xulgado de Santiago coa débeda reclamada a El Correo Gallego por parte de Lico Leasing
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 galegoexiliado

Co teu voto, con este desGoberno e cos teus impostos o Correo pronto será PATRIMONIO DA HUMANIDADE e Ben de Interés Cultural. Un fósil, dinosaurio vivo admirado polo mundo e parte da galaxia. Como dí a campaña esa do joberno do PP "O MAIS GRANDE DE GALICIA NON SE MALTRATA" hai que coidalo e subencionalo. Arribaspaña.

1 Elisenda en Camelot

Home, é que se te fixas tampouco é que haxa unha alternativa moi crible... Fíxate o que di este señor de IU, socio se non me equivoco das Mareas: https://www.lavozdeasturias.es/noti... Se o dixese alguén do PP, que non diriades aquí? Hai que explicarlle a este señor que nós tiñamos un estatuto plebiscitado durante a República. Hai que explicarlle a este señor quen foi Bóveda? https://gl.wikipedia.org/wiki/Alexa... Pois xa ves... En cuestións de nacionalismos periféricos los "comunistas de berdá y allegados" non están moi lonxe xa non do PP, senón dos de Ribera... O cal me parecería coherente, se non fose porque eles son tamén nacionalistas e son incapaces de o ver... Pero aínda así, a incoherencia máis grande é a dos Martiños e Antóns chamándose nacionalistas galegos e indo nas mesmas listas ca estes e non ca o bloque.

2 Elisenda en Camelot

Coma non teñen un discurso de esquerdas verdadeiro e crible teñen que entrar a competir no caladoiro do voto nacionalista centralista... Faría mal Podemos de deixarse levar por esa corrente... Eu creo que cómpre pedagoxía para explicar que temos que tender redes entre todos e non afondar as fendas... Polo menos, se non son moi esquerdistas que sexan claramente republicanos e federalistas. E seguen sen selo claramente. Ese discurso podería unir a moitos... Mesmo a xente que ao mellor non pensades. Ao fin, todo isto a que nos leva: a empeorar a imaxe da economía común... Mellor dialogar e pactar... E con respecto aos comunistas berdaderos... En fin... En verdade, esta hesquerda e os de Ribera van facer gañar ao PP as eleccións... Porque van acabar parecendo de centro fronte as posicións ultracentralistas dos comunistas berdaderos, socialistas et ali..

3 Elisenda en Camelot

E por certo, eu non podo alegrarme de que haxa xente que perda o seu traballo inda que non comparta a súa liña ideolóxica nin tan sequera a súa forma de facer xornalismo... A dicir verdade, eu con respecto aos xornalistas gardo as miñas distancias... Fanme descrer moito da súa profesión ultimamente... Agás, contadísimas excepcións... A ver, enténdoo, hai que comer... No fondo ata me dades algo de mágoa... Debe de ser difícil para algúns mirarse nos espellos pola mañá... Ou non?

4 Haiqueroelo

Non se trata de fondos boitres. Estamos a falar de nefasta xestión empresarial, consecuencia dunha línea ideolóxica predemocrática. O maior favor que pode facer Martiño á cidadanía compostelá é conseguir que peche este seudo xornal, a voz do PP. Está a piques de logralo. Propoño que despois da campaña contra a violencia machista, o alcalde poña en marcha "Santiago, libre do Correo".

3 Fondos boitres

Tampouco hai dereito de que se acose ás empresas de semellante maneira. Os fondos boitres son responsables da maior parte das desfeitas da economía internacional. Aos xestores destes fondos si que había que pedirlles explicacións nos xulgados sobre as consecuencias da súa actividade. Sobre este tema habería moito que falar.

2 ivan rusianov o moscovita

Cheirame a que son todos un.ha banda o servizo do partido putrefacto (según a xustiza recoñecidos como organización para a delincuencia) o pepeiro esta metido en todo e subvenciona a todo, o ladroecio desde amizades co narcotráfico a autenticos evasores nos paraísos fiscais... ESTAN PASANDO MOITAS COUSAS NEGRAS INCLUSO SOTERRARON O FISCAL SIN FACERLLE A AUTOPSIA!!!!

1 Panfleto

Non periga o panfleto, claro que non, xa se encarga a Xunta de darlle subvencións millonarias para atacar sen ton nen son ás mareas...