Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/02/2018 | Actualizada ás 14:51
Por sétimo ano consecutivo, Feiraco vístese de Entroido e celebra cos seus consumidores esta tradicional festa en Galicia cunha campaña promocional nas principais cadeas de distribución do país e canles en liña, 'disfrazando' as súas caixas.
As caixas de Feiraco terán estes días os característicos motivos do Entroido galego, as máscaras de pantallas, cigarróns e peliqueiros, cuxo deseño poderase recortar, permitindo o seu uso como disfrace.
Os consumidores poderán ademais participar no sorteo de centos de cuncas exclusivas decoradas cos personaxes do tradicional Entroido galego, comprando unha caixa de 6 litros de calquera variedade de leite Feiraco e enviando unha fotografía do comprobante de compra á aplicación aloxada na páxina oficial de Facebook/FeiracoLacteos.
Esta campaña 2018 terá unha duración de catro semanas e rematará o 28 de febreiro, cando conclúa a recepción de participacións e se proceda ao sorteo dos premios.
A promoción completarase con materiais de imaxe decorados con motivos carnavalescos nos puntos de venda de Galicia e difundirase a través das redes sociais de Feiraco e doutros medios.
Deste xeito, "a cooperativa CLUN, da que forman parte, ademais de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, continúa fiel ao seu compromiso con Galicia e os seus valores propios", resaltan desde Feiraco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.