Por Galicia Confidencial | Os Peares | 05/03/2018 | Actualizada ás 08:30
Logo de varios anos intentando entrevistalo, por fin, Jordi Évole, o condutor do programa Salvados, de la Sexta, achegouse a Galicia para falar con Alberto Núñez Feijóo. Unha longa entrevista na que se tocaron varios temas, algúns deles, case imposibles de ler ou escoitar nos medios galegos e aos que o presidente galego se tivo que enfrontar sen saber, nalgúns casos, o que respostar.
E un deses momentos foi cando Évole lle preguntou por unha pintada que se atopaba a entrada do pobo, nos Peares, e que no momento da entrevista xa estaba borrada. “I hate Feixóo. Me too” (eu odio a Feixóo. Eu tamén). “E porque a borraron se eu cando cheguei onte estaba aquí?”, preguntoulle Évole.
“Teño menos información ca ti. Non sabía nada”, respondeulle Feijóo. “Igual é unha homenaxe a Arco que, se molesta, hai que quitala”, espetoulle Évole. “Non creo...”. “Pero estaba. Alguén pasou por aquí para que estea a gusta do presidente”, continúou o presentado. E a saída de Feijóo... polo trilingüismo: “A min o que máis me gusta é que estea en inglés, que no meu pobo falen inglés”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.