Por Galicia Confidencial | Carnota | 09/03/2018 | Actualizada ás 13:56
Unha praga de Thaumetopoea pityocampa, máis coñecida coma a procesionaria, infesta xa os piñeiros carnotáns, contándose por ducias os seus niños, segundo denuncia Monte Pindo Parque Natural.
“A pesar dos chamamentos veciñais ao distrito forestal para que interveña na problemática antes de que sexa demasiado tarde, ao parecer foron infructuosos e aínda non se achegaron ao noso municipio para coñecer o alcance da invasión e estudar como poñerlle remedio”, indica esta asociación.
De feito, esta entidade leva anos avisando dos múltiples perigos (tamén biolóxicos) que ameazan a biodiversidade do medio natural, coma os eucaliptos e outras especies invasoras que ateigan o Monte Pindo. Especies, como a vespa velutina, que ameazan a fauna e a flora local, coma o carballo anano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.