Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/04/2018 | Actualizada ás 16:12
As universidades de Vigo e Oviedo veñen de patentar drons para detectar minas antipersoas e medir emisións electromagnéticas de antenas e que abren novas liñas de aproveitamento para a administración pública e para as empresas.
No proxecto participaron o catedrático Antonio García Pino e os investigadores Borja González-Valdés e Yolanda Rodríguez Vaqueiro do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións do centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo e os seus homólogos do grupo de Teoría de la Señal y Comunicaciones da Universidad de Oviedo María García Fernández, Yuri Álvarez López, Fernando Las Heras Andrés e Ana Arboleya Arboleya.
“Esta iniciativa comezou cun proxecto para embarcar sistemas radar en drons para detectar minas e tubaxes enterradas, entre outras cousas, e a partir da tecnoloxía que utilizamos para facer iso adaptouse para a medida de antenas, cos mesmos sensores e co mesmo sistema de posicionamento, sobre todo, adaptáronse para as antenas”, explica Borja González-Valdés, que sinala que o papel principal desenvolvido pola representación viguesa no proxecto centrouse en axudar aos seus socios en cuestións de posicionamento e no procesado de datos.
Mentres para a detección das minas antipersoa emprégase un radar embarcado nun drone, a medición de emisións electromagnéticas de antenas, abre a porta a medir o funcionamento de antenas, por exemplo en estacións de telefonía móbil ou de radiodifusión, evitando que haxa que desmontalas para comprobar o seu estado ante determinadas incidencias.
Fronte as aplicacións de drons baseadas en sensores como cámaras de vídeo, fotografía e térmicas, os investigadores de Vigo e Oviedo introduciron novos sensores de bandas de radiofrecuencia e microondas que permiten explotar as propiedades destas ondas para “ver o invisible”, segundo eles mesmos explican.
“Nós temos dúas patentes, unha sobre o sistema de detectar minas e outro sobre o sistema de antena. Pasaron o exame previo e ningunha das dúas se fixera antes e son patentes concedidas e a tecnoloxía que se emprega nun e noutro caso é bastante similar”, explica Borja González-Valdés en relación coas dúas aplicacións.
Así, nun caso a aplicación toma como base un radar que emite ondas de radiofrecuencia capaces de atravesar o solo as paredes e capta a resposta de posibles obxectos ocultos e combinando diferentes medidas obtense unha imaxe de alta resolución deses obxectos. Outras aplicacións desta primeira patente centraríanse na obra civil para detección de tubaxes á hora de decidir onde realizar unha escavación e en arqueoloxía, para localizar restos de xeito non invasivo.
No caso da segunda patente, para a inspección de antenas, combinouse a experiencia adquirida na aplicación da detección de minas cos coñecementos sobre medida de antenas e emisións electromagnéticas do grupo da Universidade de Oviedo. Así, aproveitando o logros no posicionamento preciso dos drons, que é unhas dez veces mellor que a proporcionada por un GPS convencional e técnicas novidosas de medida de antenas, é posible medir e diagnosticar o funcionamento dunha antena.
Os prototipos desenvolvidos foron validados de xeito satisfactorio en condicións reais de operación, dispoñendo de autonomías de voo de 15 a 20 minutos. O proxecto conta coa colaboración do Ministerio de Economía y Competitividad, da Xunta de Galicia, o Goberno del Pri
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.