O PP galego sae perdendo na pugna entre Saénz de Santamaría e Cospedal

Os populares galegos apoiaron maioritariamente a exsecretaria xeral do PP que quedou fora da segunda volta, detrás de Saénz de Santamaría e Pablo Casado. Volve saír reforzado o PP de Baltar, que foi o único que apoiou á gañadora.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 05/07/2018 | Actualizada ás 23:47

Comparte esta noticia

A exvicepresidenta do Goberno Soraya Sáenz de Santamaría resultou vencedora da primeira volta do proceso interno para elixir ao líder do PP e pasa á segunda rolda xunto a Pablo Casado, ao que superou nuns 1.600 votos.

Feijóo, Rajoy e Cospedal nun acto na Catedral de Santigo
Feijóo, Rajoy e Cospedal nun acto na Catedral de Santigo | Fonte: xunta

A gran sorpresa foi a derrota da ex secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, que quedou en terceira posición e que deixa en mal lugar a Núñez Feijóo e ao PP galego que a apoiou maioritariamente. Con todo, reforza a José Manuel Baltar, xa que o PP ourensán decantouse pola ex vicepresidenta.

Os resultados provisionais da votación foron os seguintes co 87% de participación: Soraya Sáez de Santamaría, 21.513 votos;  Pablo Casado, 18.967;  Mª Dores de Cospedal,  15.090.

Os primeiros recontos de votos das primarias nas sedes do Partido Popular, con datos aínda non oficiais, deron un resultado moi axustado entre o vicesecretario de Comunicación do partido, Pablo Casado, e a exvicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, mentres que a exsecretaria xeral, María Dores de Cospedal, quedaba fóra da carreira ao quedar en terceira posición. Tamén caen da carreira, e moi descolgados do tres principais precandidatos, quedan Jose Manuel García-Margallo (en cuarto lugar), Jose Ramón García Hernández e Elio Cabanes.

Casado obtería os mellores resultados en Madrid, Murcia, as Illas Baleares e as provincias de Castelló, Ávila e León. segundo fontes da súa candidatura. Soraya Sáenz de Santamaría lidera o reconto en Andalucía, A Rioxa e Castela e León (principalmente na súa cidade, Valladolid); e nas provincias de Valencia e Alacante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pikoletodemanadadecentro

O importante é quen sabe roubar mellor e quen reparte os mellores sobres