TodoCosmos, divulgando a astronomía por todos os recunchos de Galicia

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC desenvolve por quinto ano consecutivo o programa TodoCosmos, que divulga a astronomía por máis dunha vintena de concellos galegos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2018 | Actualizada ás 08:20

Comparte esta noticia

Máis de vinte concellos poderán achegarse á ciencia astronómica se así o desexan gracias ao equipo de TodoCosmos, unha iniciativa que desenvolve o Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) e que conta co financiamento da Fundación Española para Ciencia e a Tecnoloxía. E poderán facelo agora, no verán. Porque aínda que esta inciativa se desenvolva ao longo de todo o ano, concentra boa parte das súas propostas na estación calorosa do ano.

O equipo de TodoCosmos en rolda de prensa
O equipo de TodoCosmos en rolda de prensa | Fonte: USC

Dende sesións de observación nocturna a visitas didácticas ao Observatorio, pasando por obradoiros ou charlas, que nesta edición se van diversificar en máis dunha vintena de concellos galegos con actuacións en paseos marítimos e fluviais, cimas emblemáticas, prazas e rúas, praias ou parroquias. 

O EQUIPO

O equipo de TodoCosmos confórmano José Ángel Docobo Durántez, Pedro Pablo
Campo Díaz, María Brea Mato, José Ramón González Romay e Jorge Gómez Crespo.
O programa xa comezou en xuño con actividades en Pontevedra, Santiago e Lalín,
como explicou esta mañá en rolda de prensa o director do OARMA, José Ángel
Docobo. Con todo, a axenda definitiva aínda non está pechada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta