Máis de 30.000 "normandos" volveron invadir as torres do Oeste de Catoira

A música folk medieval, os tambores, os grupos de animación de época, as peles e os cornos, ademais do viño, moito viño, foron os grandes protagonistas desta cita anual coa historia do noso país que fixo que Catoira retrocedese ata o século IX.

Por Ángela Precedo | Catoira, Pontevedra | 09/08/2018 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A Romaría Vikinga de Catoira acolle cada ano a milleiros de persoas, entre veciños e turistas, que se desprazan de todas as partes do mundo para ver un dos espectáculos máis apaixoantes para os amantes da historia e da cultura nórdica: o desembarco das tropas vikingas en Catoira. Aproximadamente 30.000 persoas asistiron este ano á invasión que rememora os séculos IX e X.

Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.

Cun completo programa de festas, a romaría non deixou indiferente a ninguén. Dende primeira hora da mañá do domingo, o día grande desta festividade –malia que as celebracións xa comezaran tres días antes—o campo das Torres de Oeste converteuse nun fervedoiro de xente, nunca mellor dito, pois a partir das 10,00 da mañá a temperatura comezou a dispararse até alcanzar os 36 grados do mediodía, dentro desta onda de calor africano abafante que estivo a sufrir Galicia nestes días. Nesas horas celebrouse o desfile dos grupos folclóricos dende a praza do concello até o recindo das torres, onde ás 11,00 se organizou a actuacion do grupo de música medieval Los Gascones, seguido do espectáculo de clown para os máis pequenos Amontonados por Azar.

Miles de cascos con cornos cubrían a vista aérea daqueles os máis curiosos que, para acadar unhas mellores vistas do desembarco, se agolpaban sobre a ponte da estrada que cruza as torres por enriba, a EP-8001. A música folk medieval invadiu o ambiente, nunha localización tan única e aillada que non é difícil que o visitante se traslade aos tempos dos normandos. As gaitas comezaron a facer as delicias dos máis madrugadores, que entre cervexa e pizza almorzaban na festividade.

Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.

Precisamente, entre os postos, abundaban os de comida e, sobre todo, bebidas, co viño tinto como o protagonista por excelencia da celebración. As cuncas para algúns e os cornos para outros, os máis fieis á tradición, enchíanse e desenchíanse de viño nun abrir e cerrar de ollos. As altas temperaturas derivaron na ganancia indiscutible dos pequenos comercios de bebidas e comidas, é dicir, pulperías, xeaderías e barras de bar, que na ampla chaira de trigais do espazo onde se localizan as Torres do Oeste eran necesarios para aplacar algo o sol do mediodía.

GRUPOS DE ANIMACIÓN E MOITOS VIKINGOS

A eso das 12,15 horas, como preparativo para o gran desembarco, o grupo de animación Troula Animación foi quen de meter en ambiente a todos os achegados. Dous verdadeiros vikingos, ataviados con roupaxes de coiro e peles, tatuaxes por todo o seu corpo, pintura na cara e unha expresión seria e desafiante que asustou a máis de un –xa non só pequenos, senón tamén a algún maiores--, sairon a percorrer o recinto das torres co berro de guerra de: "Catoira!!!". 

Ían perseguidos por unha auténtica tribo nórdica portando tambores que facían sonar coma se dunha verdadeira invasión se tratase. A música puxo ao público a bailar e os tambores marcaban o ritmo dos pasos. Ademais,a xente entregada berraba cando llo mandaban os líderes zancudos, abaixábanse cando así llo ordenaban e aplaudían efusivamente con cada carreira dos mesmos.

O desembarco chegou ás 13,15 da tarde, tres barcos polo lado das torres e outros tres no lado oposto, para que ninguén se quedase sen disfrutar do espectáculo. A embarcación máis aclamada polos espectadores foi a que levaba por nome ‘Úrsula’, na que ían os vikingos mellor disfrazados da historia e, xa non só iso, senón tamén os que máis estaban metidos no papel. Así saltaron á auga un a un cando o barco se aproximou á costa e discurriron entre o público saqueando –sombreiros, pero saquear é-, amenazando, facendo bromas e, sobre todo, levantando o ambiente dunha das festas históricas máis agardadas do ano.

Xa no centro do recinto das Torres do Oeste, con gradas a un e a outro lado onde se amontonaban os visitantes con comida, viño e abanos para sopesar o ardente calor de agosto, os vikingos fóronse enfrontando entre si no medio dun círculo de persoas que os alentaban como se dunha verdadeira batalla se tratase. Escudos e son de espadas por un lado, caídas e golpetazos polo outro, berros de dor e de victoria, así durante case media hora de espectáculo de loita.

TRADICIÓN VIKINGA EN CATOIRA

A Romaría Vikinga de Catoira, nomeada festa de Interese Turístico Nacional no ano 1988 e de Interese Turístico Internacional no 2002, celébrase no entorno das Torres do Oeste --antigamente espazo coñecido como 'castellum honesti'-- cada primeiro domingo de agosto dende o ano 1961, en lembranza do papel que tivo esta poboación na defensa de Galicia fronte aos vikingos e aos ataques normandos, na procura do tesouro da igrexa compostelana, e onde se escenifican as invacións ocurridas no lugar fai case mil anos.

Así, os veciños de Catoira disfrázanse de guerreiros vikingos e de campesiños galegos da época para representar a loita. A festa sempre comeza ás 10,00 horas da mañá con música popular galega polas rúas da vila. A festa en sí faise ao redor dos restos das torres e da Capilla do Oeste, na Ría de Arousa, xunto ao río Ulla, onde se instala a feira medieval e se ofrecen mexillóns e viño aos asistentes. 

O cénit do evento ocorre co desembarco. Os veciños que fan de normandos arriban pola ría cunha réplica dun bote vikingo do século XI para tomar as torres. O resto dos veciños fan de habitantes da vila que intentarán loitar contra o invasor. Os festexos seguen cun almorzo popular --sardiñada, pulpo, empanada--, co son de fondo das gaitas. E, finalmente, a festa remata nunha gran verbena.

VIKINGOS EN GALICIA

Catoira foi dende a antigüidade un lugar estratéxico, como xa se sinalou, era a entrada polo mar até Compostela, polo que xa dende a Idade Media se estableceu un importante complexo militar para a defensa do sepulcro do Apóstolo dos ataques, principalmente, normandos e sarracenos. Por iso, remataron por construirse diversas torres en defensa no fondo da ría, onde desembocaba o río Ulla, nas chamadas Torres do Oeste.

En concreto, foi o rei de Asturias, Afonso III, o que mandou erguer no século IX, ademais da Catedral de Santiago, a reconstrucción do 'Castellum Honesti' en Catoira. O castelo converteuse nun dos máis importantes de Europa e, na actualidade, del só se conservan parte de dúas das grandes torres. O edificio seguiu crecendo cos traballos do rei de León, Afonso V, que venceu aos normandos de Olaf Haraldson. Despois de que no século XII a monarquía donara o castelo á mitra compostelá, os obispos Cresconio e Diego Peláez continuaron na fortificación da ciudadela para a defensa de Santiago.

Ademais, polo que conta a historia, no castelo naceu Diego Xelmírez, o que tempo despois se convertiría no primeiro arcebispo de Santiago, xa que seu pai, o cabaleiro Xelmirio, fora alcaide da fortaleza no século XI. As torres impediron durante séculos o ascenso polo Ulla dos exércitos normandos e sarracenos; o deseño final do século XIII era un recinto elíptico con sete torres --das que na actualidade tan só se manteñen dúas en pe e as ruinas das outras dúas--.

No medio existía unha gran torre central. Na Alta Idade Media chegan a 'Jakobsland' --nome que os normandos lle daban a Galicia-- os primeiros grupos de piratas normandos atraídos polas novas sobre as riquezas capitalinas compostelanas. Os vikingos saquean e queiman vilas por toda a costa, e entran pola ría de Arousa conseguindo en 850 tomar Iria Flavia, provocando a fuxida do obispo e do cabildo cara Compostela. En 859 e 968 fíxose, sen embargo, unha boa defense galega desde as Torres do Oeste de Catoira, conseguindo deter o ataque escandinavo e impedindo que os vikingos tomasen Compostela.

Así, despois de que o Reino de Galicia perdese o seu poder lexislativo, pasando a depender da Coroa de Castela e, especialmente, a partir do reinado dos Reis Católicos, Catoira entra nun periodo de progresiva decadencia. Nese momento, as torres só servirán de canteira para as vilas da zona.

Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Romaría Vikinga de Catoira 2018.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Miriam

Pude verlo el año anterior y me encanto. Esta todo muy bien preparado. Espero poder regresar por estas bellas tierras en breve. Me dejaron completamente enamorada. Miriam. Redactora en: https://minitatuajes.com/