Casado premia o apoio de Feijóo dándolle un papel estelar na convención nacional do PP

Aínda que o presidente da Xunta dixo que se ía manter neutral na pugna entre Casado e Saénz de Santamaría, o certo é que todo o seu sector afín apoiou ao actual líder do PP. Por iso, agora "liderará e coordinará" o congreso dos populares.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 01/09/2018 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O presidente do PP, Pablo Casado, anunciou este sábado que a formación celebrará, os próximos 1 e 2 de decembro, a súa convención nacional extraordinaria, que será "liderada e coordinada" polo presidente do partido en Galicia e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Pablo Casado e Feijóo
Pablo Casado e Feijóo

É o xeito que ten o novo líder do PP de premiar o apoio, aínda que non explícito, de Feijóo durante a pugna que mantivo con Soraya Saénz de Santamaría polo control da dirección do Partido Popular. Casado contou co respaldo dos sectores afíns a Feijóo, entre eles, Alfonso Rueda e Diego Calvo.

Así o confirmou no acto de inicio do curso político celebrado en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), no que subliñou que esa cita de decembro será "o punto de partida" para a elaboración dos programas electorais e para abordar a "actualización" da Constitución. "Voulle a propor (a Feijóo) que verse sobre a apertura do partido á sociedade, que a reflexión se centre tamén en actualizar, que non reformar a nosa Constitución", afirmou.

Casado avogou porque a convención sirva para fortalecer a defensa que o PP fai de España como "estado social e democrático de dereito", ante os "falsos demócratas", e apostou por traballar para que a xente "volva reconectar" con ese marco constitucional.

CRÍTICAS AO PSOE

Por outra banda, Casado criticou ao Goberno de Pedro Sánchez por estar "de vacacións" en lugar de afrontar os "problemas" que afectan o país, entre eles, a situación de Cataluña, onde "a crispación na rúa comeza a dar medo" e débese "aplicar" a Constitución.

presidente do PP volveu a criticar que o Goberno abandonase ao xuíz Llarena ante a demanda "inaceptable" de Puigdemont, que "siga de vacacións" cando o presidente Torra "emponzoña" á sociedade catalá, levando "o conflito social ás rúas" e sometendo á sociedade á "crispación política e xurídica".

A ese respecto, apuntou que non é suficiente con "dicir aos cidadáns o que teñen que facer", en alusión á invitación de Ciudadanos a retirar lazos amarelos, senón que hai que promover medidas lexislativas como a proposta polo PP, de modificar a normativa sobre símbolos.

Na mesma liña, Pablo Casado subliñou que o PP "non se podía ir de vacacións" ante a "crise migratoria" que afecta o país. "O efecto chamada do buenismo trouxo o que xa dixemos: unha onda migratoria, unha reprimenda de Merkel en Doñana e unha queixa xusta das forzas de seguridade que sentiron desamparadas", constatou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 GALIZA CEIBE

que nivel teñen istes expañolentos invasores chegan cheos de violencia os moi retardados insultando a todo o mundo desde Catalunya o pe$oe de vigo... están mal da cabeza, que barateiros sodes… pronto GALIZA ten que despertar DESPERTA DO TEU SONO FOGAR DE BREOGAN… Galiza necesita un líder natural provisto de dotes de mando inspiradoras unha bandeira andante que mostre as masas a rectitude moral e os mellores valores, unha guía patriótica na que os nacionalistas nos representemos, en definitiva un home forte que nos libere de expaña e os traidores (pp$oepodreiros)