Manifestación pola dignidade dos medios públicos

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/09/2018 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Os traballadores de CRTVE-Galicia e CRTVG unen as súas forzas "en sinal de protesta pola situación que atravesan". Será este sábado, 8 de setembro, en Compostela, nunha manifestación que sairá ás 10:30 das instalacións da CRTVG en San Marcos, pasará pola sede que CRTVE ten tamén en San Marcos, e rematará na Praza das Praterías.

Xornalistas da TVG secundan o chamado 'venres negro' en contra da manipulación informativa
Xornalistas da TVG secundan o chamado 'venres negro' en contra da manipulación informativa | Fonte: @FedericoPrezRey

O seu obxectivo é recuperar a dignidade dos medios públicos e denunciar as censuras, manipulacións e presións dos dirixentes destes entes, baixo o mando dos polítcos que gobernan.

Este é o vídeo da convocatoria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta