A xestora da EDAR de San Cibrao (Ourense) considérase "unha vítima máis" da vertedura tóxica ao Barbaña

A empresa xestora da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de San Cibrao das Viñas (Ourense) asegurou, a través dun comunicado en resposta á sentenza que absolve de responsabilidade ao catro traballadores acusados pola vertedura tóxica ao río Barbaña en xuño de 2009 --causante da morte de máis de 17.000 peixes--, que se considera "unha vítima máis".

Por E.P. | OURENSE | 15/09/2018 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A xuíza eximiu de culpa á empresa concesionaria porque considera que "ningún dos elementos estruturais" para tratar a vertedura era "esixible" na data do sinistro na estación depuradora e os seus traballadores non souberon da chegada da vertedura ás instalacións no momento do suceso.

Monte calcinado na nacente do río Barbaña, entre Paderne de Allariz e Baños de Molgas.
Monte calcinado na nacente do río Barbaña, entre Paderne de Allariz e Baños de Molgas. | Fonte: @arboresdalimia

O caso foi xudicializado tras a denuncia presentada polas asociacións veciñais de San Breixo de Seixalbo, Ponte Noalla e a Asociación Barbaña --integradas despois na Plataforma Ríos Limpos-- contra o Concello de San Cibrao das Viñas e a empresa concesionaria que xestiona a EDAR pola morte de máis de 17.000 peixes do río Barbaña tras a vertedura de sustancias tóxicas.

Así mesmo, a empresa lamentou que se puxese "en dúbida" a reputación da mesma á fronte da xestión da depuradora ao convertela en "chibo expiatorio" polo feito de que "o autor non puidese ser identificado os órganos de inspección".

"Pola actividade que desenvolvemos e pola nosa filosofía de empresa, compartimos o desexo dun río Barbaña limpo e exento de contaminación e sumámonos á petición dun maior control sobre aquelas actividades potencialmente contaminantes", concluíu a entidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta