Experta chamada polo PP avoga por non dar tratamentos a algúns pacientes con cancro e hepatite C para aforrar cartos

Beatriz González López-Valcárcel defendeu na comisión de investigación sobre a sanidade, no Parlamento galego, que se pode aforrar medio millón de euros retirando tratamentos oncolóxicos a enfermos terminais. Tamén propuxo non administrar antivirais directos a enfermos de hepatite C en fase F0 e F1, o cal vai contra as directrices da Alianza para la Eliminación de las Hepatitis Víricas en España. O PPdeG apoia os argumentos da súa comparecente e afirma que "os recortes non matan".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/11/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

"Es un problema porque se están dando tratamientos oncológicos a pacientes que no tienen más perspectiva que un par de meses por delante y estamos gastando medio millón de euros por ganar el equivalente a un año de vida ajustado por calidad". Este é o argumento que esgrime Beatriz González López-Valcárcel para reducir gasto na sanidade pública, retirando tramentos oncolóxicos a algúns enfermos de cancro. Esta científica foi convidada polo PP para intervir na comisión de investigación sobre a sanidade, no Parlamento galego.

Beatriz González López-Valcárcel .
Beatriz González López-Valcárcel .

Para xustificar o seu posicionamento sobre a relación custo/efectividade de determinados tratamentos sanitarios, González López criticou que se estea gastando cartos na atención oncolóxica en pacientes cunha esperanza de vida limitada. "La sociedad tiene que plantearse si vale la pena o no utilizar" determinados tratamentos, afirmou.

González, sen rubor ningún, mediu o valor das vidas deses enfermos aos que propón retirar os tratamentos en medio millón de euros, que presentou como un sobrecusto para as arcas públicas. "Este medio millón de euros produciría muchísima más salud utilizado en otros programas", dixo.

Non quedou aí a cousa. González López tamén incluíu os enfermos de hepatice C en fase de fribrose F0 e F1, aos que propón non administrar antivirais directos, para aforrar aínda máis. Afirmación cando menos sorprendente cando a Alianza para la Eliminación de las Hepatitis Víricas en España, coordinada por Javier García-Samaniego –xefe de Hepatoloxía do Hospital Universitario La Paz (Madrid)–, pide "estender os novos tratamentos basados en antivirais de acción directa (AAD) aos pacientes F0-F1". Preocupante, pois, a posición da experta chamada polo PP.

"A XENTE PENSA QUE NON SE PODE MORRER"

Que dixo o PP durante a comparecencia de González López? Pois que "os recortes non matan" ou que "se pode facer máis con menos [cartos]". Así o expresou o deputado e portavoz do partido conservador na comisión, Aurelio Núñez Centeno, quen colleu ese argumento da propia González López.

O representante do PP non dubidiu en recuperar tamén os argumentos da comparecente sobre a administración de tratamentos a enfermos con hepatite C para defender a xestión da Xunta na administración de medicamentos a estes doentes, trala crise polas mortes de varios pacientes que non tiveron acceso aos tratamentos e polas que hai unha causa xudicial aberta.

O deputado popular mesmo chegou dicir que "a xente pensa que non se pode morrer", reforzando a posición de González López.

Estas intervencións tiveron lugar este mércores, ante a ausencia da oposición. En Marea, PSdeG e BNG negáronse a seguir acudindo á comisión de investigación tralo desacordo pola lista de comparecentes, xa que o PP vetou varias propostas da oposición.

Os socialistas denunciaron estas afirmacións de González López e o PP.

QUEN É BEATRIZ GONZÁLEZ LÓPEZ?

Profesora de Métodos Cuantitativos en Economía e Xestión na Universidad de Las Palmas de Gran Canaria, Beatriz González é especialista en Economía de la Salud e doutora en Económicas.

Tamén é consultora internacional en México, Brasil, Arxentina, Chile, Uruguai, Costa Rica, Panamá e Mozambique. En España, para o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e para a Axencia Catalá de Avaliación de Tecnoloxías entre outras institucións.

Foi condecorada coa Cruz da Orde do Mérito Civil de Sanidade (Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade) en 2011; Filla adoptiva da Cidade das Palmas de  GC (nomeada polo Concello da cidade) e da illa de Gran Canaria, nomeada polo Cabildo Insular de Gran Canaria en 2017; Can de prata da ciencia outorgado polo Cabildo Insular de  GC (2012); e Profesora  Honoris Causa da Universidade  Isalud (Buenos Aires) en 2015. Tamén foi incluída no grupo das 100 mulleres máis influentes de España, grupo "pensadoras e expertas" (2017).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Ricardo

Ante tanta demagogia, me gustaría saber si ella estuviera enferma de cáncer, pensaría que luchar hasta el último aliento es un gasto superfluo. El dinero es de todos. Y ante el cáncer no se escatima el dinero. Supriman salarios a nuestros amados políticos y a lo mejor si hay dinero para la lucha en contra del cáncer. Dediquese a otra cosa, que el cáncer no es una broma.

3 José Ramón Alonso Fernández

A curación da hepatites C trouxo unha diminución importante de trasplantes de figado o que supón aforro nos trasplantes e nos coidados socio-sanitarios o doente cronico.

2 uu1

Cuidadinho, cuidadinho, as companhias aéreas começaram quitando uma oliva para aforrar e remataram quitando tudo aperitivo. Se não lhe das medicamentos a certos doentes aforras algo, se não lhe das medicamentos a todos os doentes aforras muito mais, e se privatizas a sanidade publica o aforras todo.

1 Alvaro

Bueno, entonces si a un paciente se le niega un tratamiento seria un incumplimiento por parte de la sanidad gallega y se le deberia devolver al paciente todo lo que ha pagado en su vida, mas o menos se calcula que aproximadamente todos pagamos 1500€ al año en concepto de sanidad.

1 Gaseosas de Pontevedra

Non, dáselles placebo. Sacarina.