SIDA, máis de tres décadas da misteriosa doenza

Os primeiros casos en Galicia da Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA) detectáronse na Coruña a comezos dos 80. Daquela as autoridades sanitarias non estaban preparadas para unha síndrome descoñecida en humanos, aínda que si se sabía dunha síndrome moi semellante en simios africanos. A día de hoxe, son máis especulacións que certezas sobre a orixe da síndrome como do virus.

Por Moncho Mariño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O día 1 de decembro foi o Día Mundial contra a Sida. Non é unha data escollida ao chou, porque o 1 de decembro de 1981 foi cando se recoñeceu mundialmente a existencia do Virus de Inmunodeficiencia Humana (VIH). En Galicia o primeiro caso está reportado no ano 1984 no Centro Hospitalario da Coruña (CHUAC). Era un varón de 24 anos que morreu meses despois. O rápido crecemento desta doenza en poboacións drogodependentes primeiro, logo en poboacións masculinas homosexuais e por último en poboación heterosexual.

Unha vacina. FLICKR
Unha vacina. FLICKR

Así, entre os anos 1987 e 1988 apareceu a primeira unidade de VIH no mesmo CHUAC, formada por un equipo de especialistas dirixidos polo doutor Domingo Pedreira. “Os primeiros casos eran, como en todas partes, moi complicados, pois era unha doenza nova, un tanto misteriosa, non sabiamos moi ben como se transmitía, aínda que a maioría das persoas que tratamos eran drogodependentes por vía intravenosa” di o doutor Pedreira.

PRIMEIROS ANOS E ACTUALIDADE EN GALICIA

“Había moito rexeitamento social, non había tratamentos e non eramos capaces, case, de aillar o virus para ter un diagnóstico, pero sobre todo o rexeitamento mesmo para investigar”  lembra Pedreira. “As autoridades sanitarias afrontaron a enfermidade con realismo. O rexeitamento viña sobre todo da sociedade, porque vían que era xente nova que morría, medos, etc”. A gravidade da doenza e a incidencia social que estaba tendo fixo que as autoridades comezaran a constituir equipos especializados, unidades específicas, pero o medo social seguía aí.

A representante da Asociación Galega de Afectados de VIH (AGAVIH), Cándida Álvarez, cando fala sobre a estigmatización a día de hoxe, cando os efectos dos retrovirais demostraron a súa eficacia facendo indetectable a carga viral, sempre que os tratamentos e o control médico sexa seguido de maneira escrupulosa. Pero aínda así, Álvarez destaca que “a sociedade non ten avanzado tanto como avanzou a ciencia, por medo, descoñecemento ou prexuízos”.

A estigmatización sobre determinados colectivos sociais segue presente na sociedade, iso a pesar de que “calquera persoa sexualmente activa pode infectarse de SIDA” aclara Álvarez. Sobre o número de persoas que contraen a enfermidade Cándida Álvarez apunta que “dos catro mil novos casos do ano 2016 en toda España, entre o 4 e o 5% apareceron en Galicia”. Se se lles pregunta a AGAVIH sobre o segmento de poboación máis vulnerable a resposta é “a poboación en xeral, aínda que hai segmentos con máis incidencia que son mulleres, homes gay, homes bisexuais e o colectivo HSH”.

Os casos por infección mediante uso de xeringas infectadas dentro do grupo de persoas adicatas a drogas intravenosas “ten diminuido moito o mesmo que a transmisión vertical de nai a feto no momento do embarazo, en Galicia non nacen nenos infectados polo seguemento que se fai do embarazo, no caso de que o virus sexa detectable no embarazo, realízase un seguemento e unha terapia con retrovirais que o volve indetectable”.  Mais o que non se recomenda é a lactancia materna, por ser o leite materno un dos fluidos que poden infectar á persoa recén nacida.

A Consellería de Sanide ten elaborado unha serie de estudos sobre a incidencia da SIDA en Galicia. Durante case tres décadas estívose seguindo a incidencia da síndrome no país e a constantación é dun aumento considerable nos anos 90 do século XX mentres que a partir do pico máis alto da infección en territorio galego, comezou un declive acelerado, sempre segundo os datos da Consellería de Sanidade.


AS RAÍCES

A síndrome e os seus efectos teñen mudado nos últimos anos. “Primeiro de todo, os tratamentos conseguen frear o desenvolvemento da doenza, e penso que probablemente nos vindeiros dez anos poderemos erradicar a síndrome, hai grandes avances" di o doutor Pedreira. Outro factor importante que ten mudado é a infección ou o contaxio porque “diminuiu moito, porque xa coñecemos mellor as vías de transmisión e hoxe por hoxe é a vía sexual a máis presente, tanto en relacións heterosexuais como homosexuais”, mesmo “as persoas que toman a medicación da maneira indicada, xa non contaxian e que non van morrer e pode que nuns anos poderán curarse”.

O virus ten unha orixe animal, concretamente de simios centroafricanos e nun primeiro estadio dese virus, non era perigoso para o ser humano”. O doutor Pedreira recalca que “o virus xa existía de sempre, a cuestión é que nun momento determinado ese virus mutou, cambiou, pois os virus poden mutar e por esa mutación acabou sendo patóxeno para o ser humano”. Eses animais estaban no centro de África e contiñan o Virus de Inmunodeficiencia Simia (VIS), que afectaba aos chamados titís verdes. Estes monos transmitiron aos chimpancés o VIS por vía alimentaria. Non era estraño que os chimpancés comesen titís.

E ao ser humano? Existen varias teorías. Desde a mutación do virus no centro de África como consencuencia dos cambios sociais levados a esta rexión do mundo no período da colonización europea. Crese que os primeiros casos se deron no Congo Belga, agora República Democrática do Congo e na República do Congo, daquela Congo Francés ou Brazaville. Todo debido a un aumento de enfermidades venéreas e mesmo, hai algunhas fontes médicas que apuntan a relacións zoofílicas con simios  por parte de traballadores nas minas de minerais nesta zona.

Non obstante, novas investigacións levadas por equipos médicos e científicos nas áreas africanas antes mencionadas, sinalan como unha das primeiras fontes o consumo de monos contaxiados por parte de colonos franceses que traballaban en áreas selváticas. De aí é probable que veña a mutación do VIS a VIH, pero ata a detección do primeiro caso nos anos 1950´s pasaron case corenta anos. Nos Estados Unidos, o seguemento da orixe nese país levou a un infectado norteamericano en Haití. Logo puido infectar a outras persoas, e pasado un período de latencia, a síndrome estoupou a comezos da década de 1980.

Casualidades ou non, países cunha importante carga colonial nas áreas centroafricanas como Francia, Bélxica e tamén Gran Bretaña foron dos primeiros en ter unha carga moi importante de persoas afectadas. Por outra banda, Estados Unidos un dos principais extractores de todo tipo de minerais na mesma área, foi casualmente o que anunciou ao mundo a aparición desta doenza.

En definitiva, as últimas teorías apuntan a unha infección de orixe animal provocada pola mutación dun virus que ata daquela, só afectaba a simios. Esta mutación trouxo a infección e logo a estigmatización de colectivos sociais en países desenvolvidos. Pero co tempo mostrouse que calquera podería ser infectado ou infectada. Non hai barreiras, só a prevención pode frear a maior incidencia da SIDA. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Omeulibro

Grazas por ocuparvos do VIH. Se queredes ser críticos coa Xunta do PP, aquí tendes un filón, e como sigades, prometo intervir e dar a coñecer a desigualdade en prestacións que ofrece o SERGAS aos pacientes a respeito de outras partes de España; ou que non fan nada serio por frear a difusión da infección.

5 REAGAN ASASINO!

Ben a clave estaba na administración norteamericana do Reagan, pero coma eran uns reaccionarios estiveron a rise dos colectivos afectados... A RIRSE, e poideron ter parado a enfermidade pero o gobernó non deu un dólar o cdc mais do presuposto, ante a emerxencia gravísima que xurdira, a enfermedade ten o seu orixe no zaire nos anos 50, leva moito mais que trinta anos ... a administración de Reagan foi auténticamente asesina, foron asesinos!!! poderian ter salvado a vida a millons de persoas, iso si despois estaban dando armas para todala guerras de nicaraguas, de afganistasn (apoiando os yihandistas)... SEÑORES TEÑO OS RESULTADOS ELECTORAIS DO PODREIROS ANTES DE SER INTERRUMPIDOS TIÑAN VOTADO 1080 PERSOAS... E TEÑO OS RESULTADOS!!! UN SAUDO!!! e logo houbo outro escandalo cando os yankes trataron de pasar por riba do descubridor do viurs un doutor francés... un escandalo e todo polo tema das patentes de FAR-MAFIA

4 REAGAN ASASINO!

Ben a clave estaba na administración norteamericana do Reagan, pero coma eran uns reaccionarios estiveron a rise dos colectivos afectados... A RIRSE, e poideron ter parado a enfermidade pero o gobernó non deu un dólar o cdc mais do presuposto, ante a emerxencia gravísima que xurdira, a enfermedade ten o seu orixe no zaire nos anos 50, leva moito mais que trinta anos ... a administración de Reagan foi auténticamente asesina, foron asesinos!!! poderian ter salvado a vida a millons de persoas, iso si despois estaban dando armas para todala guerras de nicaraguas, de afganistasn (apoiando os yihandistas)... SEÑORES TEÑO OS RESULTADOS ELECTORAIS DO PODREIROS ANTES DE SER INTERRUMPIDOS TIÑAN VOTADO 1080 PERSOAS... E TEÑO OS RESULTADOS!!! UN SAUDO!!! e logo houbo outro escandalo cando os yankes trataron de pasar por riba do descubridor do viurs un doutor francés... un escandalo e todo polo tema das patentes de FAR-MAFIA

3 Estralampa

No século XIX o processo de colonização na África central provocou o despejo de moita povoação nativa, que se foi concentrando em núcleos urbanos, em condições moi deficientes, mudando os seus hábitos de alimentação e recorrendo em maior media ao consumo primates, alguns deles portadores do VIH. Ainda que inicialmente o virus não podia infectar as pessoas, a exposição frequente ofereceu a oportunidade de que variantes do virus capazes de se replicar em humanos perdurassem mais tempo nas pessoas, até que apareceu uma com capacidade infecciosa plena. A sua propagação por centro-áfrica puido produzir-se por contactos sexuais, por campanhas de vacinação sem medidas profiláticas suficientes (reempregando as agulhas entre pessoas). O resto é historia: Naquela altura Haití era a via de entrada aos EUA de moita povoação africana...

1 anti-desviadores de atención

Eso é unha especulaçao. Non se sabe como se orixinou o primeiro caso de VIH. OI que si sabemos é que o VIS (Virus de inmunodeficiencia en simios) non se trasmite ás persoas porque nós contamos cunha proteína, a TRIM5-a, que recoñece a cápside de retrovirus e bloquea a súa replicación.

2 Estralampa

A reconstrução histórica de enriba basea-se em dúzias de estudos filogeográficos da VIH independentes, que identificam a sua origem no centro de África, com certas margens geográficas e temporais de menor importáncia... obviamente NINGUÉM presenciou ao vivo a adaitação do virus à infecção de humanos... a evolução é um processo gradual. Tampouco ninguém presenciou a chegada do primeiro mosquito tigre a Barcelona, ou a chegada da V. velutina a Franza.... o qual não contradiz nada do anterior. Ou é que ti tes uma teoria melhor e sustentada por dados objectivos?

2 Seino

A hipótese do sida causado por un virus ten moitos disidentes, moitos din que o sida é causado polas inmunosupresión das drogas.

1 Ertg

A infección por VIH, que sen tratamento acaba en sida, está causada por un virus, perfectamente identificado e ata fotografiado. A medicina, o modelo médico hexemónico fai que os pacientes --cando teñen un diagnóstico precoz-- teñan a misma calidade e espectativa de vida que se non estivesen infectados. Os charlatáns matan. PD: ¿ti non quererás desviar a atención sobre o mal que o está a facer o SERGAS? Non son quen nin de pór en marcha a unha proba rutineira do VIH. Non abren clínicas de saude sexual; non dan PrEp... Non fan nada. É moito mais barato que haxa o maior número posible de diagnósticos tardíos, a metade dos diagnósticos sida morren no primeiro ano, e así aforran en gasto farmaceutico que os mortos non consumen. É duro, pero algo desto penso que hai.