Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 05/07/2011
Os tempos para o nacionalismo galego non son os máis acaídos e, ou se corrixe o rumbo, ou seremos pura testemuña política nos próximos anos. Claro que tamén podemos facer unha coalición co sindicato galego e con Esquerda comunista, e, como homes andantes, estaremos prestos para desfacer todos os “entuertos” que houbera na Galiza e no mundo mudial, pois nós somos os ilustrados e o pobo camiña errante polo globo terráqueo. É como dícia un militante da U hai anos “¡nos temos un programa para o pais, se el non nos tentende, que lle imos facer!”.
Voltando ao caso, despois da deriva electoral nacionalista por chamarlle dalgunha maneira, ¿Cales son as alternativas que temos para o futuro? A primeira, e parece que é a que ten máis visos de seguir adiante, é aquela que eu resumiría con nome de Chapa e Pintura. Isto quere dicir, pensar que nós temos un proxecto de país e que a xente non nos entende pois está mediatizada e caciqueada. Vamos: alienada, empregando un termo marxista. Polo que, como estamos no certo, remodelemos todo aquelo externo como a simboloxía, a imaxe e, o referido á organización territorial, e o demais deixémolo sen tocar. Sigamos sendo unha Fronte, frente a sociedade que queremos emancipar e, facéndo gala dun victimismo endogámico, sigamos camiñando cara a marxinalidade que é ao que aspiramos. Todo para o pobo sin o pobo, dirían os ilustrados dun tempo xa lonxano.
A segunda, creo que a mellor, será aquela que despois de escoitar á xente, e a sociedade galega no seu conxunto nos permita correxir ideolóxicamente, por exemplo: buscando solucións que fuxan dun radilasmo verbal, estéril e inútil, para arranxar os problemas dende dentro do páis. Esquezámonos de importar modelos de países que como Venezuela, Cuba e algúns asiáticos, que nada teñen que ver coa nosa realidade social e política. E deixémonos de enganar e asustar aos nosos cidadáns limitando o campo exclusivamente á esquerda e anunciando revolucións que nunca chegan.
Temos un pais fermoso e con futuro que carece de propostas políticas propias, serias e realistas para mellorar, no tocante ás súas potencialidades naturais e económicas, a realidade na que vivimos.
O nacionalismo ten diante sí a oportunidade de ofrecerlle aos cidadáns unha proposta partidaria moderna e avanzada no social, que fuxa de radicalismos inútiles e que ambicione gobernar sen ser muleta de ninguén. E tal cometido non se pode realizar dende o modelo dunha organización frentista e endogámica, que aparece supeditada a unha forza sindical, que manexa un asemblearismo que só serve para facer catarsis, e que está supeditada aos intereses ideolóxicos dunha parte que a dirixe impoñendo a súa maioría e que pretende endosarlle as derrotas electoriais ao conxunto, sen asumir que eles basicamente son os culpables deste desaguisado.
Ser ou non ser é o que se xoga Galiza no futuro máis inmediato. Pesar na política do Estado ou estar esquecida no vagón da cola, e todo por non ter unha forza política que, se desconectou da tradición dos vellos galeguistas e abrazou teorías e ideoloxias inútiles. Por iso, ten que o nacionalismo reflexionar e aspirar a prender na maioría social do páis amosando unha cara seria e amable; unha cara avanzada no social para transformar esta sociedade nunha terra moderna, de progreso e de futuro.
Remato: a medida que pasen os días iremos vendo que camiño toma e, ate onde está disposto a chegar o nacionalismo galego na futura Asemblea Nacional. Iremos percibindo si os actuais dirixentes pensan que, con facer un lavado de cara que abranga soio á chapa e pintura é suficiente para saír da marxinalidade cara a que camiñama de maneira inexorable.