Pontevedra estima en máis de cen mil euros anuais a recadación da taxa a empresas de telefonía

O Concello de Pontevedra calcula que coas diferentes instalacións das compañías telefónicas ocúpanse 50.000 metros cadrados de espazo público.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2019 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O Goberno do Concello de Pontevedra levará ao próximo pleno da corporación municipal a nova ordenanza fiscal de telefonía que incorpora un tributo que deberán pagar as empresas que operan no municipio pola utilización do dominio público. Un novo tributo que, segundo os cálculos municipais, reportará 176.162 euros ao ano ás arcas municipais. A iniciativa parte dunha moción presentada no seu día polo PSDEG-PSOE.

Miguel Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
Miguel Fernández Lores, alcalde de Pontevedra

O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, informou en rolda de prensa, tras a Xunta de Goberno local, que os técnicos municipais estiman que estas compañías, coas súas antenas fixas, microceldas, redes ou cableado, ocupan uns 50.000 metros cadrados de espazo público. As afectadas, principalmente, son dúas compañías Movistar e R.

A nova taxa regulará a coñecida como utilización privativa e os aproveitamentos especiais no chan, subsolo e voo da vía pública a favor de empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil. Terán que pagala de xeito trimestral todas as compañías telefónicas que prestan servizo na cidade, aínda que aquelas que teñan menos de 5.500 liñas de prepago ou contrato gozarán dunha bonificación do 70%. Tras a súa aprobación en pleno, se non se presentan alegacións no período de exposición pública, a taxa xa entrará en vigor automaticamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta