Ecoloxistas abordan ao conselleiro do Medio Rural para denunciar a contaminación con xurro da Baixa Limia

Denuncian que faga a “vista gorda” coa instalación de novas explotacións cárnicas sen resolver o problema dos residuos e lémbranlle que hai denuncias na Fiscalía por verteduras ilegais. González Vázquez comprométese a “facer un oco” para recibilos.

Por Galicia Confidencial | Xinzo | 13/01/2019 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

Membros do Movemento Ecoloxista da Limia  (MEL) aproveitaron a visita do conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez,  a Xinzo de Limia este venres para entregarlle  un dossier de máis de trinta fotos onde se pode comprobar a desfeita ecolóxica que están provocando os vertidos ilegais de xurros na zona e que, din, son a causa das cianobacterias que intoxican o encoro de As Conchas que leva varios anos sufrindo unha eutrofia que impide incluso o baño.

Integrantes do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) abordaron ao conselleiro de Medio Rural paa explicarlle os problemas de contaminación con xurro da comarca
Integrantes do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) abordaron ao conselleiro de Medio Rural paa explicarlle os problemas de contaminación con xurro da comarca | Fonte: remitida

Os ecoloxistas abordaron ao conselleiro xa que se nega a recibilos. Tras un intercambio de palabras, González Vázquez dixo que Medio Rural non tiña nada que ver con esta contaminación, pois correspondíalle a Confederación Hidrodrafica Miño-Sil velar pola saúde das augas.  Pero o presidente do MEL, Manuel García, contestoulle que nunha recente entrevista co Comisario de Augas da citada Confederación, este lle confirmou que o control da boa xestión dos residuos agrogandeiros era competencia da Consellería do Medio Rural e que a Confederación pouco podía facer se a Consellería  “facía a vista gorda” coa instalación de novas explotacións ou ampliación das xa existentes sen contar coas instalacións adecuadas  para depositar os residuos dos animais.

PREOCUPACIÓN

Os ecoloxistas destacaron que a xente estaba moi preocupada, porque a magnitude da carga gandeira que estaba soportando A Limia era totalmente desproporcionada. Deste xeito, contando os concellos da chaira xunto cos Concellos de Os Blancos, de Baltar e de Calvos de Randín serían arredor de 400 explotacións que xeran máis de 1.000.000 de toneladas de residuos agrogandeiros e que en demasiadas ocasións non son utilizados como fertilizantes, senón que se converten en vertidos ilegais.

Tamén, criticaron o “esperpéntico” caso da empresa ASER, que (subvencionada con cartos públicos)  se adica a transportar cos seus enormes camións cisterna os xurros dos porcos e que “en máis dunha vez os teñen pillado vertendo a cano libre en calquera recuncho escondido da comarca” . Ao escoitar isto, o conselleiro solicitou probas que demostrasen que eses feitos se estaban producindo. O presidente do MEL díxolle que o Seprona fixera xa varias denuncias e que na Fiscalía de Medio Ambiente de Ourense se estaban tramitanto dilixencias de Investigación en base a varias denuncias interpostas por particulares. Asemade, díxolle  que o MEL e a Sociedade Galega de Historia Natural estiveron reunidos con membros da Comision Europea  explicando toda esta problemática.

Integrantes do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) protestan polos problemas de contaminación con xurro da comarca
Integrantes do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) protestan polos problemas de contaminación con xurro da comarca | Fonte: remitida

Finalmente, o membro do MEL reprochou que a Consellería do Medio Rural nunca contestaba as solicitudes de información ambiental, e que tampouco  concedía as reunión que hai tempo o MEL leva pedindo. Queren abordar con el a promulgación urxente do Decreto da Xestion de Residuos Agro-gandeiros, dado que o a orixe da contaminación é culpa e debido a inexistencia dun plan de xestión de Residuos (como existe noutras Autonomías), nin a obrigación por parte de granxeiros e agricultores de cumprir co imprescindible Código de Boas Prácticas Agricolas e Gandeiras, que en teoría é unha das exisencias á hora de aprobar as axudas da PAC.

O conselleiro comentou coa súa secretaria que efectivamente tiña que “buscar un oco” na súa axenda para ter esa reunión, e que terían  que tratar desta problemática tamén cos Granxeiros e coñecer o seu parecer.                  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta