O BNG condena o "intento de golpe de estado" en Venezuela

Como Anova e Podemos critica duramente a postura do Goberno español e da UE ante esta situación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2019 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

O BNG, como xa teñen feito formacións como Anova ou Podemos, mostrou este martes o seu "máis enérxica condena" ao "intento de golpe de estado" en Venezuela "impulsado desde os Estados Unidos", á vez que critica a posición "inaceptable" do Goberno español e da UE ante esta situación.

Nun comunicado, a Executiva Nacional do Bloque sinala que ese "intento de golpe de estado" demóstrase co feito de que unha persoa autoproclamada como presidente interino sexa, "en cuestión de minutos, recoñecida como tal por toda unha serie de Estados e institucións con Donald Trump á cabeza".

Así, reclama á comunidade internacional facilitar canles de diálogo e distensión no canto de "incrementar a tensión, promover a confrontación e darlle as costas á democracia". A formación nacionalista censura que a posición do Goberno español e da UE "son absolutamente inaceptables e incompatibles coa democracia", xa que non contan coa potestade de "lanzar ultimátums a ningún estado soberano sobre cando debe convocar ou non eleccións".

Neste sentido, o BNG defende que o pobo venezolano "ten dereito a construír o seu futuro sen inxerencias, decidindo libremente sobre a súa organización política e a administración dos seus recursos naturais". Por todo iso, apoiará as diferentes mobilizacións que se fagan en Galicia "contra a intervención imperialista en Venezuela" e en favor da paz e a democracia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta